Búsqueda personalizada

X3 XVIII torneo

Xa temos inscritos e xogando dezasete equipos, 136 nenos e nenas, trece partidos diarios. Eí vai o calendario definitivo:


Imos coa segunda xornada. Temos inscritos quince equipos e contamos  con dous femininos para a vindeira xornada. Moi boa participación na primeira xornada anque os nenos e as nenas tiveron que soportar un inferno no pavillón. Velaí unha copia do calendario, provisional pola incorporación de máis equipos.

XVIII TORNEO NEN@S

Un ano máis, e xa van alá dezaoito, damos paso ó Torneo de Futbol-Sala que organiza o Cuntis Veteranos para os nenos e nenas de Cuntis ( residentes ou de vacacións).
Comezamos este venres, 5 de xullo, sobre as cinco e media no Pavillón Municipal.
Alí estaremos os de sempre: Constenla, Jaime, Tonio, Ina, Miguel,... Correa, Sueiro (uns minutiños) e para de contar... Este ano  sería de agradecer que botasedes unha man pasando por alí a calquer hora (ata as dez) e so con pitar algún partidiño xa nos aliviades un montón.
Pasarei lista e, logo, recado cando comece a nova temporada. "Novos tempos para a lírica". Oído!
Vémonos o venres e pedir permiso para tomar despois uns refrescos.

O "mandamáis" , dixo o anónimo.





;;