Búsqueda personalizada

   Sabado dia 1 xogamos en Cuntis con B&B fisioterapia, o partido comeza as 16:30. Todos no campo as 16:00 con botas que o campo está moi mal.

    Sabado 24 xogamos en laiño contra o Roomel dodro as 16:15, salimos do chelsea as 15:10.

Se no partido anterior non merecemos ganar, neste foi o contrario, xa que fixemos bastantes cousas ben. Empezando pola presión de Monty sobre a defensa que facía que eles non poideran sacar o balón xogado e os seus ataques foran detidos pola defensa sin moito perigo, incluso nun dos seus fuertes, os saques de banda á área foron ben defendidos. Con todo esto eles apenas crearon ocasións no primeiro tempo, mentras nos marcamos un bonito gol de cabeza nun balón de Alberto dende a banda que lle pon a Monty na cabeza e que remata ao fondo da rede. Tanto o centro como o remate perfectos, 0 a 1. Pouca ventaxa contra un equipo como o Don Budi e con un campo tan pequeno.

No segundo tempo eles, viñéronse un pouco máis arriba e ter algo máis de profundidade pero sen chegar e crearnos problemas, mentras nos nas contras poñiamos á sua defensa en problemas, pero foi nunha loita por un balón con un defensa de Monty que consigue levarllo de cabeza e pantarse diante do porteiro e facer o 0 a 2. A ventaxa xa era polos menos tranquilizadora e sabiamos que a única opción deles sería colgar balóns e así foi, nos últimos cinco minutos fannos dous goles de centros á área.

Desilusión final para un moi bo partido noso.

Partido pésimo, desastroso ou se hai algunha palabra para definilo añadílleda. Diante dun equipo que solo fixo defenderse e deixarnos medio campo para que xogáramos,  non conseguimos máis que deixar que nos marcaran un gol na primeira parte. Un 1 a 0 que se preveía difícil de remontar polas malas sensacións do equipo no descanso. E non nos engañamos o partido sigueu igual hasta que entrou Ramón e marcou o empate nun centro chut dende a banda. Os minutos pesaban nas pernas deles por xogar case todo o partido con 10. Volve Ramón pola banda, centra e Correa marca de volea, o 1 a 2 que polo menos quitábanos a ansiedad  polo resultado. Nesta segunda parte, Ramón foi o revulsivo pero que casi o estropea cando nun tres contra o porteiro el decide non darlla a nadie, bueno si, ao porteiro. Pudo ser a sentencia pero nos se non sufrimos non somos nos, ainda que o sufrimento non foi tanto porque eles estaban bastante cansados.


Resultado que creo que non indica o que pasou no campo diante dun bo equipo como é o que ten este ano o Rosalía e que está ben plantado no campo. Eles tiveron a suerte de cara nos goles e nos fallamos ocasións, co porteiro local inspirado toda a tarde, que terían posto as cousas igualadas no marcador xa que no campo xa estaban. O 1 a 0, nun disparo que se vai fora pero toca nun defensa e entra e con esto rematou a primeira parte. Na segunda, ocasión clara de Monty que lle saca o porteiro e pouco despois o 2 a 0 e nos pedindo falta. Pouco despois marcamos logo de algún rechace marca Senín de cabeza. O 2 a 1 parecía que nos metía no partido pero un tiro dende a frontal fai o 3 a 1 que apagou as nosas ansias por conseguir algo positivo, iba a poñer as nosas ansias de traer algún punto, pero xa trouxo Monty bastantes no ollo.

En definitiva, partido en que no morre nadie por perder xa que teñen un bo equipo pero que se pudo sacar algo máis.

don budi - cuntis

   Sábado dia 17 xogamos as 16:15 no campo do poligono do milladoiro contra o Don budi, salimos de Cuntis as 15:00.

   Sábado dia 10 xogamos en Boiro no campo de Vista Alegre as 16:00, salimos do chelsea as 14:45.

Lástima de tres puntos que se nos foron nos últimos minutos desperdiciando un marcador de 3 a 1.

Empezamos con gol, que marcou Nacho, xa na primeira xogada, 1 a 0. O dominio do balón foi en todo momento do equipo visitante pero con disparos lonxanos e sen excesivo perigo. Mediado a primeira parte, chega o 2  a 0 nunha falta lateral de Alberto. Sen facer moito puxémonos cunha boa ventaxa, pero na última xogada deste período zapatazo dende fora da área e 2 a 1. Este creo que foi o punto clave do partido.

Na segunda parte, eles aumentaron o dominio  e buscaron o empate e nos buscamos contras que a punto estuveron de dar froito pero Alberto encóntrase co porteiro. A falta de dez minutos repitese a situación pero esta vez Alberto non perdona e ponnos cunha clara ventaxa vendo o tempo que faltaba. Pero case na siguiente xogada marcan o 3 a 2 nun corner e a partir daquí xa foi un intento de sacar cada balón como fose da área algo que se consigueu hasta que outra vez xa co tempo cumplido marcan o definitivo 3 a 3.


Pouco que decir dun partido no que bastante se fixo con ir a xogar

Partido bastante igualado no que les posiblemente tuveran máis o balón pero nos as ocasións máis claras por non decir moi claras, que poideron decantar o partido ao noso favor.

Sábado dia 3 xogamos co Rosalía en Pazos as 6 da tarde, salimos do chelsea as 16:45.

;;