Búsqueda personalizada

Como temos duas crónicas atrasadas imos ir dándolle salida.

Neste partido creo que nos pasou todo o que nos podía pasar e máis. Cando tes mala suerte non hai que facerlle que todo sale mal. Non é que o partido noso fora malo, todo o contrario, creo que foi dos mellores da temporada pero as circunstancias provocaron a derrota.

Comenzou o partido con dominio local pero sin frutos e sin ocasións claras que puxeran en peligro a nosa portería, eso si, nos tampouco fomos quen de pasar do medio do campo. Nesas chega a primeira xogada desgraciada, centro dende a banda sen moito peligro, Puga corta mal o balón co pé e termina rebotándolle na man e gol. 1 a 0 e un pouco de desconcerto no que casi marcan o segundo nun disparo a bocaxarro que saca o "porteirazo" que tendes.

A partir deses momentos todo foi mellor para nos, empezamos a dominar o partido e a chegar con claridade á portería rival dispoñendo de ocasións para, polo menos, non chegar perdendo ao descanso.

A segunda parte, foi máis do mesmo, dominio noso con chegadas e ocasións, polo que non tardou en chegar o empate. Fallo entre dfensa e o porteiro que lle deixn morto o balón a Miguel paraque solo teña que empurrala e marcar. 1 a 1 e a eles costáballe moito acercarse pola nosa portería a que case non chegaron balóns. Despois chegaría a lesión de Zález nunha entrada no medio do campo e que o fixo retirarse do partido, o que provocou que tuveramos algo menos de control nesa parcela. Ainda así dispuxemos dalguhas ocasións bastante claras para adiantarnos, nas que cabe destacar unha vaselina de Miguel que non entra por pouco e un disparo de Alberto ao poste. Xa se dí que cando se perdona pasa o que pasa, pero estaba máis cerca o 1 a 2 que o 2 a 1 pero no minuto casi 48, mal despexe en defensa que recollen eles e marcan despois dun centro dende a banda. 2 a 1, é moito desánimo pola nosa parte, o que fixo que no 49 nun mal centro marcasen o 3 a 1. Cabe destacar que o árbitro dixo que xogaríamos 1 minuto máis e todos o oimos. Non vale de disculpa pero ...

Neceitouse de psicólogos para repoñer o ánimo do equipo.

FELICES FESTAS

Felices festas a todos/as especialmente aos lesionados. Que nestas datas  cada un reciba un pouco daquelo que máis precisamos: saúde, un pouquiño de amor, e algo de sorte na lotería (vendela todiña e reservar algo por si...)
Boas festas para os propios e tamén para todos os amigos que temos por eses campiños nos que nos vemos todos os sábados. Unha aperta.
Correa

Malas noticias compañeiros veteranos, despois da grave lesión de Piñeiro, perdemos a outro xogador para o resto da temporada. Segun me acaba de informar o sr. Zalez (6) do seu parte médico: rotura dos ligamentos internos, adeus a sua presencia no campo. Ánimo, e a recuperarse canto antes.

Cuntis veteranos - Maderas ramos

Sabado 17 as 16:15, os convocados as 15:45 no campo de a Ran, non podemos contar co campo de herba debido o seu mal estado con tanta chuvia. Recordovos que despois do partido iremos o traspaso e logo "cena".

Quiniela

RAMON: 35/54 --- 64.81% + 3
CORREA: 29/54 -- 53.70%
NANDO: 30/54 --- 55.56% + 3
MMC: 28/54 ----- 51.85% + 3
EU: 27/54 ------ 50.00%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 23/54 -- 42.59%

ALMACENES CANCELA TORDOIA - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
CUNTIS - - MADERAS RAMOS
REST. RIVADABIA - - REC. ARTURO SAN MARTIN
ROOMEL - - B&B FISIOTERAPIA
DON BUDI - - RIVER SILLEDA
CLUB DEPORTIVO USC - - F.C.D. PEPE NOYA
NEGREIRA VETERANOS - - ROSALÍA
MIRADOR DE PADÍN - - MUEBLES GUADALUPE

RESULTADO: CUNTIS - MADERAS RAMOS

CENA DE NADAL

SABADO DIA 17 NO RESTAURANTE DON MANUEL AS 22:00.
PRECIO DE SALIDA 35 EUROS, CONFIRMAR ASISTENCIA ANTES DO XOVES 15.
(SR. JAIME ANTES DO XOVES 15).

HNOS. COUTO - CUNTIS VETERANOS

PARTIDO EN HORARIO OFICIAL (16:15). OS CONVOCADOS AS 14:45 NO CHELSEA, QUEDA SIN CONVOCAR O DUO CELTIC STORES (NACHITO E JR7). OS QUE SALGAN O CAMPO QUE AVISEN.

CUNTIS 2 - TORDOIA 0

Sábado 3. Campo As Canteiras, pese a coincidir cos Xuvenís na casa, importante dado o que nos xogabamos neste partido. Dezaseis xogadores, xa pareciamos de novo un equipo.  En fronte o Tordoia, un equipo moi ben plantado no campo que viña de encaixar un resultados adversos pero co consabido perigo que ten esta plantilla.
Comeza o partido á hora prevista cunha aliñación inicial, pola nosa banda, que tentaba respetar a asistencia ao partido anterior   ¿?. Será o primeiro partido que pase a  primeira parte sen pena nin gloria. Tanteo entre os equipos, mal partido por ambas partes. Non houbo ocasións destacadas cun xogo pouco atractivo, con falta de creación pola nosa parte pero co partido controlado. Pasan os minutos ata que chegada a media hora se produce un penalti na nosa contra. Un balón rebotado que casualmente lle vai ao antebrazo de Charli sen ningunha intención pola súa parte e sen poder evitalo dadaa velocidade que collía o balón sobre a herba mollada. Pese a total involuntariedade o árbitro sinala o penalti que se convertiría na primeira ocasión de gol por ambas partes. Un xerro de auga fría tal e como fora o partido. Pero as fadas estaban con nós e Sueiro, amosando unha vez máis a súa especialidade na detención de penas máximas consegue afastar un pouco a pelota para que os defensas cheguen rapidamente para empurrala fóra. Moi boa parada, pois o tiro ía moi ben dirixido. Parece que esta xogada activou o equipo e percibiuse un certo dominio no resto da primeira parte pero...
Na segunda metade cambia totalmente o equipo en canto á sua formación, entrando se cabe, os pesos pesados da plantilla, pero non cambia o xogo; mais ben, barullo, descoordenación, pouca fe,... un desastre... canto máis avanza o tempo máis nerviosismo sobre todo ante a evidente vulnerabilidade do Tordoia, moi apático e falto de ideas, coma nós. Coa entrada de De la Torre no minuto 12 decídese ir a polo partido  con dous puntas permanentes segundo a idea do aliñador, pero a estes dous arrímanse cinco máis. Que ganiñas había de marcar un gol. Minutos de total descontrol, máis que veteranos pareciamos benxamíns. Rubén e Puga desde a defensa a pedir persoal para contención, Nacho e Correa, cada un na súa banda a berrar aos medios que retornasen ás súas demarcacións. Nin caso. Obviamente ha de chegar a ocasión do Tordoia que nun man a man desbarata Sueiro de novo.Xa podiamos ir 0 - 2, pero xa o di o conto, cando está de saír .... Min 25 penal a noso favor (non comento) que executa (esta vez si) Alberto axustando ao pao lonxe dos posibles do porteiro. Lonxe de dar tranquilidade, mantívose a mesma historia, eso sí, cunha certa melloría nos mediocentros pero fixo que este partido non pasará á historia polo seu futbol. Nos minutos finais un novo penalti ao noso favor que transforma Ramón.
Árbitro. Ben, pero tampouco se lle puxeron problemas nun partido fácil de pitar.
Tordoia.- Moi lonxe do equipo ao que nos enfrontamos o ano pasado, onde o valorei coma o mellor equipo tanto polo seu potencial coma pola súa disponibilidade no campo. Este ano, unha sombra, supoño que lle falta xente ou polo menos non asistiu ao partido do sábado. Se non melloran andarán no noso vagón, a pelexar por cada puntiño. Gran corrección tanto no campo coma nos bancos. Estupenda cordialidade ao remate do encontro.
Cuntis.-  Para esquecer, o mellor, o resultado polos tres puntos que nos meten na "pomada". Do equipo, sen comentarios. Unha labazada para o "mestre" da banda comezando polo mala configuración do once inicial, pouco competitivo, e especialmente por non ser capaz de transmitir a disposición dun equipo con potencial para xogar con tres defensas cando haxa que arriscar un pouco e no seu caso por non ter os galóns de retirar do campo a aqueles que non atenden ás indicacións poñendo en extremo perigo un resultado na casa. A aprender para vindeiras ocasións. Pido desculpas.
Goles: 18-7
Cartóns - 0

Quiniela

RAMON: 31/46 --- 67.39% + 3
CORREA: 26/46 -- 56.52%
NANDO: 26/46 --- 56.52% + 3
MMC: 24/46 ----- 52.17% + 3
EU: 23/46 ------ 50.00%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
SUEIRO: 20/46 -- 43.49%

MIRADOR DE PADÍN - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - CUNTIS
MADERAS RAMOS - - REST. RIVADABIA
REC. ARTURO SAN MARTIN - - ROOMEL
B&B FISIOTERAPIA - - DON BUDI
RIVER SILLEDA - - CLUB DEPORTIVO USC
F.C.D. PEPE NOYA - - NEGREIRA VETERANOS
ROSALÍA - - MUEBLES GUADALUPE

RESULTADO: HNOS COUTO BOQUEIXÓN - CUNTIS

Cuntis veteranos - Almacenes cancela tordoia

Sabado 3 as 4:15 no campo de As canteiras (de herba), os convocados deberán estar as 3:45 no vestiario. Agradecer a Hugo que nos cedera o campo ante un partido tan importante. Moitas gracias.

;;