Búsqueda personalizada

Musica

Bromas do carallo...




Quiniela

RAMON: 25/38 --- 65.79% + 3
CORREA: 21/38 -- 55.26%
NANDO: 20/38 --- 52.63% + 3
MMC: 19/38 ----- 50.00% + 3
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
EU: 18/38 ------ 47.37%
SUEIRO: 16/38 -- 42.11%

CUNTIS - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
REST. RIVADABIA - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
ROOMEL - - MADERAS RAMOS
DON BUDI - - REC. ARTURO SAN MARTIN
CLUB DEPORTIVO USC - - B&B FISIOTERAPIA
NEGREIRA VETERANOS - - RIVER SILLEDA
MUEBLES GUADALUPE - - F.C.D. PEPE NOYA
ROSALÍA - - MIRADOR DE PADÍN

RESULTADO: CUNTIS - ALMACENES CANCELA TORDOIA

Tarde de outono na Fieiteira, tarde no horario pois non comezou o partido ata pasadas as seis e cuarto. Preséntase o Cuntis moi escaso de plantilla, queda mostra dos presentes 12+2 polo que de seguido vén.
 Comeza o partido con moitas dúbidas á hora de compoñer o once inicial non polo feito de contar so con doce xogadores senón por faltar os catro xogadores que habitualmente xogan no centro do campo. Boa dispoñibilidade por parte dos presentes comprometéndose Jorge á intentalo co apoio, por designación, de Puga coma medio defensivo. Nos primeiros compases vemos a un MP con intención de gañar o partido, especialmente por promover un xogo directo buscando ao seu home máis efectivo (29) con permanentes  entradas desde media punta. Xogada repetida nos primeiros instantes con moito perigo, froito dunha internada destes con balón adiantado que corta oportunamente Sueiro tras saída a borde de área que golpea o balón con tanta intensidade que en volea cae sobre borde área grande contraria. Tremenda confusión entre central e porteiro e, tras baterlle a este, sae cara as súas costas onde aparece Miguel tras desbordalos para rematar so a portería.
Certo desconcerto entre o MP  durante esta primeira parte sen que fixeramos moita forza por rematar o partido, xa non  contabamos con tanto.
Segunda parte, melloría de Nando que posibilitaba as internadas polo lado dereito tras repetidas e boas combinacións entre Jorge e Berto. Intentos do MP con presión pola banda dereita pero ben controlado por Rubén-Charli, cunha mellora nesta segunda parte de Senín. Non había situación de perigo extremo pero en calquer xogada aillada podía variar o marcador.
No min 30 cambia o partido totalmente, froito do xogo do dúo dinámico no centro ofértase un balón a Nando que penetra no área con vantaxe para ser derrubado polo porteiro. Penal que transforma Alberto. Axusta tanto que se vai lambendo o poste. Mala sorte e xa se sabe... Pero non. encarrilamos unha serie de xogadas que apuntaban a un resultado cómodo, Miguel entra polo borde so e no canto de seguir  ata dentro proba un disparo imposible que se vai... aínda andan buscando o balón; minutos despois, cando máis estaba apretando o MP no procura do empate un contragolpe con pase acertado de Jorge sobre Carlos con todo o campo para el, sen oposición defensiva, con tempo, boa posición  e para máis coa compaña polo eixe central de Alberto... que querería facer? Nin regatea, nin tira, nin pasa ( o máis doado neste caso)... ai Dios...
Minutos finais con certo agobio pero afortunadamente conseguíronse tres puntos de ouro que non se contaban a  priori.
Árbitro: ben, en liñas xerais, moi nervioso e con erros no inicio pero logo colleulle o temple a un partido que non tivo dificultades para pitar.
Mirador de P: Parece que andan con problemiñas internos ( en todas as casas hai algo e isto non é máis ca un pasatempo, ánimo). Gran corrección no campo e fóra, desenvolvendo un partido moi correcto con gañas pero demasiado obsesionados co xogo directo sobre dianteiros onde constantemente batían cos nosos centrais. Moitas dúbidas no porteiro que lle da confianza aos atacantes.
Cuntis.- Perfecto partido. Aproveitáronse todos os recursos que tiñamos. Excepcional partido de Rubén, Charli, Alberto e Jorge que se convertiu no líder do equipo desenvolvendo un xogo ao que non nos ten acostumados, e non por non ter capacidades. Noraboa de todos polo ben que o fixo.
O resto aportou todo o que puido, moi serios todos, importante a participación de Nando no ataque parte II, mellora de Senín que terá que pelexar polo lateral onde o fixo moi ben na parte final do partido cando tiñamos máis apretos.
En resumo, un pracer poder disfrutar do xogo dos compañeiros nesta ocasión pola actitude, corazón e cabeza que se puxo.

Musica

Como nos gusta a ópera no noso equipo... ou non?



A canción é algo lenta pero merece a pena oila.

Quiniela

¿Que tal Piñeiro? Xa ves que aquí vai ser dificil ganarlle a teu cuñado


RAMON: 20/31 --- 64.52%
MMC: 17/31 ----- 54.84% + 3
CORREA: 16/31 -- 51.61%
PIÑEIRO: 4/8 --- 50.00%
NANDO: 15/31 --- 48.39%
CORREA: 16/31 -- 51.61%
EU: 13/31 ------ 41.94%
SUEIRO: 12/31 -- 38.71%



MIRADOR DE PADÍN - - CUNTIS
ALMACENES CANCELA TORDOIA - - REST. RIVADABIA
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - ROOMEL
MADERAS RAMOS - - DON BUDI
REC. ARTURO SAN MARTIN - - CLUB DEPORTIVO USC
B&B FISIOTERAPIA - - NEGREIRA VETERANOS
RIVER SILLEDA - - MUEBLES GUADALUPE
F.C.D. PEPE NOYA - - ROSALÍA

RESULTADO: MIRADOR DE PADÍN - CUNTIS

Ribadavia 4 - Cuntis 1

Marco:  dezaoito xogadores, xente animada, campo HS pequecho, e o tempo? fresco pero non chove, mais aló... polo horizonte víanse nubarróns ben negros.
A algún parece poderlle o medo escénico, véxase proba da actitude minutos antes de...

No banquiño, resignación....Mal indicio









  Exerce o capitán ..

Nos primeiros andares xa se confirma o anunciado.. o Ribadavia, moi bo equipo e con intención claramente gañadoras. Montamos un equipo defensivo co ánimo de temporizar e ver.. Non houbo moito que ver, a falta de presión sobre home facilitoulle o choio. Se lle deixas marxe séntante nun metro e así foi parede tras parede, desborde pola banda sobre lateral e centro medido ao que non chega o porteiro e Monti tenta botalo fóra coa mala sorte de empurralo para dentro, detrás xa estaba o dianteiro por se Monti fallaba, ían 10 minutos. O equipo repúxose un pouco e tentouno pero era inmposible tentar o acoso á liña máis frouxa do Ribadavia, a defensa, pois a presión que exercen no medio campo é tremenda. Mantivemos o tipo e o marcador, o que daba certas esperanzas.
Na segunda parte máis do mesmo pero arriscamos un pouco máis. No minuto 13 encúfannos o segundo pero a xente tiña gañas de xogar e botámonos para arriba. Dous minutos despois Jorge ponlle un bo balón a Alberto que golpea con bo sentido pero superado o porteiro bate no postet, o rexeite e rematado por Nando que cruza ben pero o porteiro (para non ser menos) desvía en boa estirada á esquina.
Parece que se esfumaron as opcións e as gañas. Entrégase o partido porque as forzas van a menos e eles non fan ofertas. Aínda encaixamos dous máis. O gol da honra ben froito dunha xogada ben combinada pola dereita desde onde Ramón executa un centro perfecto para que Miguel remate de cabeza ao fondo da rede.

Cuntis 1 - Roomel 1

Tarde apacible nas Canteiras, convocada a xente para unha foto á que non se presentaron máis ca os habituais, sacouse e será publicada con posterioridade, xúntase a sección que se merece o compañeiro que lle tocou a peor parte disto do fútbol.



Preséntase en fronte o Roomel con todo o arsenal, segundo o delegado aínda lle faltaba algún. A simple vista obsérvase que non veñen de paseo e así o demostran nos primeiros compases de xogo, Señores do campo nos inicios sen conseguir resultados prontos debido á falta de implicación de equipo e a optar por xogo individual.
 Os nosos vanse repoñendo e téntase de pioñerlle cara e froito desta actitude chega no minuto 7 unha xogada pola banda esquerda de Jorge (moitas ganas por ter amigos en fronte), encarrila área, regatea, amaga golpeo  a gol e cede sobre Alberto quen, sobre liña de área en perfectas condicións, falla un tiro con absoluta comodidade.
Non houbo moito máis nesta metade a non ser as constantes equivocacións por parte do árbitro, impreciso e moi consentidor co fútbol especialmente agresivo por parte dalgún xogador do Roomel. Reflexar o control e posesión por parte do Roomel sen manifestarse no marcador.
2ª parte.- O Cuntis parece recargar as pilas e inicia cunha mellor actitude coa seguridade de que se pode facer mellor, así o anuncian  un par de xogadas, pero aló polo minuto 11 o árbitro invéntase unha falta na frontal que so el viu. Executa correctamente e  pese á distancia, gol directo (0-1). Mal se vían as cousas pero tras un  minutos parece repoñerse o equipo e estabilízase  xogo de novo, vanse efectuando os cambios oportunos pero o poder ofensivo resíntese, e así pasan os minutos ate que ...
Min 20, cando aínda non levaba 10 minuto  no campo, Piñeiro nunha xogada cómoda tenta de controlar un balón que se lle vai pola banda, na extensión a perna de control roda sobre balón e a de apoio esbara producíndose unha lesión grave, aparentemente fractura de tibia-peroné-luxación. Prodúcese diante do banco do Roomel e os alí sentados quedan impresionados polo cruxir dos ósos.
Ambulancia - desprazamento do lesionado - desacougo nos xogadores....
O árbitro suxire rematar o partido (parece que tiña présa) e os xogadores de ambos equipos coas caras baixas (a nosa gratitude aos do Roomel pola actitude tan deportiva e comprensiva nesta situación) inician os minutos que restan.
Non hai moito que destacar neste tempo. Parece que o Cuntis lle quere facer un detalle a Piñeiro e esfórzase nas xogadas con máis corazón que cabeza. Froito desta sofrimos unha falta moi lonxana pero Alberto executa como nos ten de costume e ante as dúbidas do porteiro conseguimos o empate.  Tensión nos minutos finais para manter o marcador e pouco máis que contar... Por Piñeiro este puntiño que sabe a gloria.
Árbitro: un desastre, todo comentario que se faga será lesivo, así que será mellor deixalo así.
Roomel: Un equipo moi coñecido que mantén as súas constantes ano tras ano. Pelexóns, boa plantilla, ao meu ver, pecan de individualidades pois o conxunto é moi interesante.
Cuntis: non me vou deter nos xogadores. O protagonista é Piñeiro e merece todo o noso apoio para pasar este mal trago. Pasados os primeiros días parece confirmarse que so sofre unha fractura limpa de peroné e todo desprazamento que houbese no primeiro momento foi reducido coa aplicación da bota estabilizadora pneumática. Os nosos parabéns para o equipo do 061 que ata aquí se desprazou, especialmente para a doctora que nela viña, polo bo facer. Esta debería ser o tipo de atención que todos recibisemos nun caso semellante. Ánimo, Piñeiro. 

Uns videos

Como non, os videos desta semana van dedicados a Piñeiro.

Non me digades que este video non mola.




Algúns que teñan coidado co que fan despois das cenas...

Quiniela

RAMON: 15/24 --- 62.50%
MMC: 12/24 ----- 50.00%
CORREA: 11/24 -- 45.83%
NANDO: 10/24 --- 41.67%
SUEIRO: 8/24 --- 33.33%
EU: 7/24 ------- 29.17%


1.- REST. RIVADABIA - - CUNTIS
2.- ROOMEL - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
3.- DON BUDI - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
4.- CLUB DEPORTIVO USC - - MADERAS RAMOS
5.- NEGREIRA VETERANOS - - REC. ARTURO SAN MARTIN
6.- MUEBLES GUADALUPE - - B&B FISIOTERAPIA
7.- ROSALÍA - - RIVER SILLEDA
8.- F.C.D. PEPE NOYA - - MIRADOR DE PADÍN

RESULTADO: REST. RIVADABIA - CUNTIS

Esta é a crónica telegráfica da semana anterior.

Escasos efectivos (nun principio eramos 10)

Costounos entrar no partido e hasta que empatamos (Alberto) non o conseguimos.

Incluso nos poidmos poñer por diante.

Na segunda parte, partido bastante controlado hasta que mediado este período, regalo en defensa e gol. Despois chegaría a sentencia.

Ao final moito ruido e poucas noces. Arbitro mal.



que risas con este video

Quiniela

Complicada

RAMON: 10/16 -- 62.50%
MMC: 7/16 ----- 43.75%
CORREA: 6/16 -- 37.50%
EU: 5/16 ----- 31.25%
NANDO: 5/16 -- 31.25%
SUEIRO: 5/16 - 31.25%


MIRADOR DE PADÍN - - REST. RIVADABIA
CUNTIS - - ROOMEL
ALMAC. CANCELA TORDOIA - - DON BUDI
HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - CLUB DEPORTIVO USC
MADERAS RAMOS - - NEGREIRA VETERANOS
REC. ARTURO SAN MARTIN - - MUEBLES GUADALUPE
B&B FISIOTERAPIA - - ROSALÍA
RIVER SILLEDA - - F.C.D. PEPE NOYA

RESULTADO: CUNTIS - ROOMEL

Cea socios sábado 12

Por orde do Sr. Presidente convócase a todos os socios do Club Cuntis Veteranos á  I Xuntanza 11/12 a celebrar o vindeiro sábado, 12 de novembro

Orde do día:
16:00 Foto oficial da temporada no campo. Prégase puntualidade e que non falte ninguén.
16:15  Partido Cuntis - Roomel

19:00 Pinchos no Traspaso.

22:00 Cea Mesón O Valenciano.   Confirmar asistencia/ non asistencia por  SMS ou a  membro da directiva ou entrada no blog antes do mércores ás 10 da noite.

Algo de Música

Creo que nos falta algo desto no vestuario


O video da canción completo e traducido.

Cambio campo DON BUDI

Recibida notificación de cambio de campo para o vindeiro sábado 5 nov:

DON BUDI - CUNTIS
Campo: MILLADOIRO, no polígono Novo Milladoiro, preto de Brico King.
Hora do encontro: as catro e media.
Mantemos a hora de saída para as tres.

X8 : DON BUDI - CUNTIS

Sábado 5 novembro . DON BUDI - CUNTIS
Campo: BERTAMIRÁNS
Hora do encontro:  CATRO  e CUARTO da tarde.
Hora saída:  TRES da tarde desde o sitio de costume.

Baoa tarde para a práctica do balompé no campo de As Canteiras. Dezaseis xogadores preparados para facer esquecer a desfeita do día anterior. En fronte, o Universidade, coma sempre con gañas de facer bo fútbol. Nas nosas ringleiras, a falta do porteiro, con ocupacións domésticas. Primeiro reto, quen se ocupa da parcela área, bríndanse Rubén, Ramón e Miguel. Por non cambiar o que ven funcionando decidímonos por Ramón, con moi bo acerto por desempeñar o papel de porteiro á perfección. pouco traballo pero sempre acertado.
Iníciase o partido á hora prevista.
Pouco que relatar da primeira parte. Habería que cederlle os comentarios ao míster contrario pois o partido foi totalmente deles nesta primeira parte. Froito deste dominio ven o primeiro gol (min 10) partindo dunha xogada a balón parado sobre a portería rival que habilmente recuperan e inician un contragolpe ao longo de todo o campo sen oposición nin estorbos para fusilar a Ramón que non pode facer nada.  Repítense as ocasións de gol por parte do Universidade destacando un balón cruzado desde o borde de área que Ramón acerta a desviar no último momento cando xa dabamos por feito o gol.  Mantense esta liña de dominio contrario anque se estabilizou no medio do campo evitando  o perigo nas proximidades do noso área.
CAmbios sobre a media hora que non deron os resultados apetecidos. Boa actitude pero sen reflexo no xogo e así se remata a primeira parte.
Poucos comentarios se podían facer na descanso. VArios socios se achegaron a ver o partido e  tentan colaborar coas súas opinións pero os que xogan son os que están sobre o campo. Mellora un pouco a presenza no campo e pouco a pouco se vai collendo o dominio xogo, pero sempre con actuacións na liña media moi lonxe de poder impactar na portería contraria. Téntase un golpe de efecto adiantando a Nando para o interior e a Jorge pola outra banda pero sen a intensidade precisa para poderlle facer dano. En torno ao minuto quince balón cedido sobre a esquerda onde controla e avanza Jorge que fai un centro, máis ben, un globo sobre área, amaga con movemento Nacho para deixarlla en segundo plano a Nando quen remata con xenio a gol nunha boa execución. Aí quedouu a cousa , vintecinco minutos de intencións boas pero sen frutificar. Xa na parte final decídese manter o resultado e refórzase a liña defensiva ante o rexurdir do Universidade. Con corazón que cabeza aguantouse o resultado cando se vía en calquer momento o gol contrario. 
Punto que sabe a gloria despois do visto.
Árbitro: ben, un pouco distante do xogo, con decisións discutibles nos fóra de xogo. No resto, contemplativo e acertado.
Universidade: Na súa liña de equipo competitivo e con saber facer, andan precisados de puntos coma nós e non se fan as cousas como se debería ás veces.
Cuntis: Portería: perfectamente defendida por Ramón, ao que hai que engadirlle a falta de práctica neste posto. Terá a correspondente compensación polo sacrificio. Noraboa.
Defensa: non houbo situacións deficitarias achacables á defensa, o bo ou mal xogo foi colectivo.
Medios: Os medio centros correctos en todo o partido. Queixábanse da maior presenza contraria na zona pero nós tamén temos limitacións en canto ao oficio para esta zona. Menos acertado ca o outro día Nando e moi pasota  Jorge.
Na liña atacante, ben Alberto con falla de atino, senón estaría arreglado o marcador; loitador Nacho pero con limitacións físicas para o que precisa fronte a este equipo cando o noso xogo está moi alonxado.
Globalmente valoración moi positiva da actitude do equipo onde, hoxe si, cada un puxo todo o que puido. Mala sorte pois anque o xogo non fose o desexado si houbo ocasións esporádicas: Miguel, Alberto,... que ben puideron variar o marcador.
Deportividade: Boa competitividade con casos puntuais que o árbitro non percibiu, golpe en salto a Puga, faltas sobre Monti e Zález. Destacou o nº 7 no seu xogo de control e creación desde o centro de campo. Final do partido con cordialidade entre dous clásicos da división.

;;