Búsqueda personalizada

Quiniela

Primeiros resultados e a desta semana para que non digades que non vos da tempo.

RAMON: 6/8 -- 75.00%
CORRA: 5/8 -- 62.50%
EU: 4/8 ----- 50.00%
MMC: 4/8 ---- 50.00%
NANDO: 3/8 -- 37.50%
SUEIRO: 3/8 - 37.50%

1.- ROOMEL - - REST. RIVADABIA
2.- DON BUDI - - CUNTIS
3.- CLUB DEPORTIVO USC - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
4.- NEGREIRA VETERANOS - - HNOS COUTO BOQUEIXÓN
5.- MUEBLES GUADALUPE - - MADERAS RAMOS
6.- ROSALÍA - - REC. ARTURO SAN MARTIN
7.- F.C.D. PEPE NOYA - - B&B FISIOTERAPIA
8.- RIVER SILLEDA - - MIRADOR DE PADÍN

RESULTADO: DON BUDI - - CUNTIS

Sábado 29 outubro
CUNTIS - UNIVERSIDADE
Hora : 16:30, vémonos ás catro no campo.
Terreo de xogo: nun principio en A Ran, pasamos polo campo e se podemos ir ao de herba é un minuto chegar.
Se o Universidade trae as camisetas habituais temos que cambiar de equipamento.
O do sábado pasado foi un mal soño, sabemos facelo mellor e ímolo demostrar.

NEGREIRA 6 - CUNTIS 3

Tarde espléndida en Cepelo - Negreira. Ata alo se desprazan dezasete xogadores + un. Comeza o partido á hora prevista con certas dúbidas en canto a  áctitude do Negreira que viña de encaixar resultados negativos. Plantexamente dun once competitivo e mostra deso foi a actitude do persoal plantando cara a un rival que dende o primeiro minuto se propón gañar o partido. Pero xa no minuto 3 Alberto desde o círculo central xoga con Jorge quen combina con Nacho que se interna no área, aguanta un primeira falta e segue a trancas e barrancas para ser vítima dunha segunda falta que o árbitro sinala como evidente penalti. Transforma con perfección Alberto.

O equipo colle ánimos e sucédense as xogadas por ambas bandas con dominio de xogo e posesión de balón. Pouco máis tarde (min 7) Nacho combina con Jorge quen aguanta o balón ata  recibir unha falta preto da liña de área un pouco escorada cara a dereita. Saque directo que executa Alberto cun golpe impecable coma o que nos ten acostumados. É o seu día.
A historia vai ben parece que todo o que tocamos se converte en ouro. Vese soltura no equipo e boa disponibilidade. Jorge retorna cara o medio campo onde Zalez, ao xeito de Xavi, asiste polo medio da defensa sobre Alberto quen, despois de gañarlle as costas á defensa, remata a placer o 0-3 que supoña tamén o seu terceiro gol.
Segue o bo xogo e despois de varios intentos de Zález por abrir a cada lado de campo (m20) pase moi longo sobre a dereita. boa galopada de Nando quen se planta so diante do porteiro pero non define nesta xogada tan ventaxosa e remata defectuosamente por enriba da portería...
Co marcador 0-3, control total do xogo, temos unha acción desafortunada na defensa, que no canto de romper balón, moven lateralment e xa se sabe estas páganse m25 e 1-3.
Con seis xogadores no banquiño propóñense cambios. (m30), un descansiño para Nacho e unha reflexión para Charli que estaba a cederlle as costas e o xogo ao extremo contrario. E aquó comezan as desgracias... Mea culpa,...mea culpa,... mea culpa... tentando de fornecer a defensa con Nando para taponar as entradas do dorsal 19, cedémoslle o plano ofensivo totalmente ao contrario que soubo aproveitar moi ben os nosos erros : m36 2-3, m40 : 3 - 3.
Fanse máis cambios pero a cousa lonxe de remediarse empeora. Os que estaban no campo desmorónanse e os que entran parecen cansados. Mal xogo, pésima actitude e para rematala regalámoslle un penalti sen vir a conto cando parecía que estaba controlado o vendaval que nos invadía. Convértese o penalti, e este cuarto gol acabou con nós. Pareciamos monecos no campo. Non se salvaba ninguén do desconcerto. Xa non sigo...as partes feas das historias é mellor non contalas.
Remata o partido, cabezas baixas, respirábase no ambiente es calma previa a unha tormenta de verán. Nada máis chegar ao vestiario, estoupou,... reparteuse para todos.. uns con máis razón,outros con menos, pero coido que é moi san botar fóra as malas sensacións e compre que sexamos realistas co equipo que temos e co noso papel nesta liga.
Dos erros é cando máis se aprende, e especialmente eu, que xa non debería caír na configuración dun once incial coma o deste sábado pois foron moitas as veces que aconteceu esto, pero ... ás veces, tamén un ten a ilusión de estar aí arriba, senón que llo pregunten ao Levante.
Insisto na miña responsabilidade neste resultado pero é convinte que cada membro da plantilla saiba cal e o seu papel, a súa aportación, a súa realidade e... desde estas premisas axudar en todo o que se poida, pero...  con máis gañas!!! 
Sábado, outro difícil, como van ser todos para nós, pero a nosa actitude será distinta, verdade?
Árbitro: ben, non se lle puxeron complicacións e Montero sempre ten o dominio da situación,... ata que se enfada, o outro día non se lle deron motivos por ninguha das dúas partes.
Negreira: o que debe ser un equipo. A pesar de ter un resultado moi adverso, pelexaron e pelexaron. A fe move muíños... Os meus parabéns polo partido.

Os nosos: non se salvou ninguén, todos cometeron erros e algúns ... dous.
Porteiro: algún despiste, reamtou supercabreado e non ía ser para menos, cansouse de viaxar ata o fondo das mallas a recoller balóns.
Defensa: Despistada, agás Emilio. Fallos aillados pero que lles foron danto alas, non sabemos como parar a un só rival que nos crea verdadeiro perigo.
Medios: A novidade na configuración non acabou de coller o sitio, Zalez fixo o que puido ata que as forzas foron a menos. Nas bandas, ben poñas boas incorporacións nos vinte primeiros minutos, logo "mising" todos os que por alí pasaron.
Dianteiros: Ben Nacho e Alberto cando estiveron no campo inicialmente, na segunda incorporación participaron do desastre do equipo. Pena os goles de Alberto que non servisen para a vitoria.
Señores, non se fale máis,... terra ao asunto.

Quiniela

Pola masiva petición (un anonimo) de que volva a quiniela, empezamos con ela.

1.- MIRADOR DE PADÍN - - ROOMEL
2.- REST. RIVADABIA - - DON BUDI
3.- CUNTIS - - CLUB DEPORTIVO USC
4.- ALMACENES CANCELA TORDOIA - - NEGREIRA VETERANOS
5.- HNOS COUTO BOQUEIXÓN - - MUEBLES GUADALUPE
6.- MADERAS RAMOS - - ROSALÍA
7.- REC. ARTURO SAN MARTIN - - F.C.D. PEPE NOYA
8.- B&B FISIOTERAPIA - - RIVER SILLEDA

RESULTADO: CUNTIS - CLUB DEPORTIVO USC

Xornada 6:  NEGREIRA   - CUNTIS
Sábado 22 de outubro, 16:00

Ás catro disputarase este partido no campo CEPELO- NEGREIRA.
A saída do lugar de costume será ás tres menos cuarto, pois o partido adiántase media hora ao horario habitual.
Puntualidade na saída.

Sobre o campo de herba de As Canteiras preséntanse dous equipos que veñen mantendo unha boa traxectoria neste inicio de temporada. O equipo visitante M. Guadalupe con boa presencia no campo, xogadores xóvenes e con oficio. Primeiros compases do partido  con alternancia no xogo, se cabe, con máis protagonismo por parte do Guadalupe.
Inda non se lle colleran os témperos ao partido cando nunha xogadaa aillada, concretamente nun saque de esquina, ben executado (parece xogada artellada) e tres atacantes abocan o balón dentro do área pequena se oposición algunha por parte dos nosos defensores, totalmente despistados.Remate a placer que Sueiro, en movemento maxistral, consegue tocar pero no rexeite é empurrado ao fondo das mallas. Mal pintan as cousas. O Guadalupe faise dono do terreo de xogo. Xogo alternativo con presenza no medio campo pero sen situacións de perigo. Monti e Zález controlan o xogo no centro pero non temos chegada. Aínda ben non recuperamos o balón para perdelo no primeiro pase. Precícase un cambio de partitura e prodúcense dous cambios case seguidos: Ramón por Carlos e Víctor por Domín. Parece que xorde algo de efecto cando menos na actitude e inícianse unha serie de ataques pola nosa parte que se non teñen reflexo no marcador póñenlle de manifesto ao rival que non estamos de paso.
Min 34 Charli recupera e asiste desde o medio campo sobre defensa á cal lle gaña  as costas Monti para plantarse nun man a man co porteiro, quen sae rápido sen darlle moito tempo de reacción ao noso medio que marra a clara ocasión.
O xogo mantivo a mesma tónica, todo  no medio campo con imprecisións dos dous equipos unha vez recuperado o balón.
No descanso a correspondente mentalización  e instrucións que parecen dar efecto pois nada máis comeza a 2ª parte, mesmo no min 1  Jorge recupera un balón que cede a Alberto quen cun pase preciso, tentando ganarlle as costas aos centrais, sobre Monti que no último momento é obstaculizado polo defensa quen tras pelexa polo balón o despraza lateralmente coa sorte de caírlle perfecto a Nando que remata impecable a gol 1-1.
Dous minutos despois, Nando recupera un balón no medio campo, inicia unha xogada persoal pola banda con autopase sobre defensor e na chegada   á esquina do área pase lateral con intención ¿?  sobre Víctor  quen chega acompañando a xogada para rematar desde o punto de penalti a gol sen perdonar.


O Guadalupe non encaixou os dous goles e durante un cuarto de hora quedou tocado sen amosar resposta.  O partido inicia un tempo de descontrol total por parte de ambos equipos. A tarde non axudaba dada a alta temperatura. En torno á media hora, o Guadalupe quere ir a polo partido e artella unha serie de xogadas encamiñadas ao empate, ben a nosa defensa neste momento con máis corazón que cabeza. Pásanse uns minutos de apuro desexando que remate o partido, dando por moi bo o resultado. O Guadalupe vaise desinflando e a contienda remata con resultado 2-1, inesperado polo rival e xusto polo xogo feito.
Valoración:
Árbitro: ben, os dous equipos axudáronlle na tarea pois non houbo xogadas conflictivas, algúns erros comprensibles que non afectaron ao resultado.
O contrario: coido que marcado o primeiro gol con tanta facilidade botaron de contar gañar o partido sen sudar e cando se quixeron dar conta non houbo tempo de resposta. Ben no campo, moi serios sen xogadores espectaculares pero si con oficio, particularmente gustoume o traballo durante todo o partido do dorsal 5.
O noso equipo:
Porteiro: un día máis sen moito choio. algunha dúbida, moi boa parada no gol anque non servise de nada e moi falluto todo o partido nos saques de portería.
Defensa: Un pouco nerviosos os centrais na primeira parte que pareceron contaxiarlle o mal ao lateral esquerdo  na parte final do partido. En xeral, cumpriron ben, especialmente en xogadas ailladas como a de Puga que evita un claro gol cando o balón camiñaba dereitiño á rede.
Medios: Moi ben defensivamente onde contaron coa axuda de puntas que habitualmente non colaboran moito. Dominio da situación. No lado negativo, as perdas de balón no ataque de Zález e a falta de enerxía que amosaba Monti en fases do partido. Ben Jorge, anque un día máis sen sorte de cara ó gol. Importante a superactuación de Nando no interior dereito anque logo xa tivo que ir ao lateral.
Puntas: Domin tentouno anque estaba un pouco illado do equipo e a defensa estaba moi ben plantada; Alberto, interesado todo o partido sen ser o mellor día; Víctor, segue esixindo un posto na dianteira, pois sempre que ocupa esa demarcación consegue algunha diana, ¿haberá que darlle a razón?
Deportividade: boa actitude por ambos equipos sen situación conflitivas, a non ser unha xogada puntual, que considero máis ben froito do  nerviosismo e desexo dalgún xogador rival por endereitar o marcador. Cordialidade ao remate do encontro.

x5 CUNTIS - M GUADALUPE

Sábado 15 outubro                    CUNTIS  - M. GUADALUPE

Hora: 16:00 concentación  -  16:30 (partido).
Campo: As Canteiras (herba) se non hai novidade.
O do pasado sábado foi un mal xoño, ! a recuperar o  bo nivel que tiñamos¡
Oín que se incorporaba CR7 nun estado impresionante. ! Hai que velo¡

Por non poder asistir o novo cronista ao partido, tócame volver a facela a min pero sin que sirva de precedente, aviso.

Moitas veces digo que moitos dos nosos partidos non os perdemeos en defensa senón en ataque, pois esta vez foi ao revés. A defensa e o porteiro lucímonos nun partido que se puxo costa arriba pero ganable ainda que fóramos escasos de efectivos.

Un partido con demasiadas ocasións claras nas duas porterías na primeira parte, pero que eles aproveitaron mellor os nosos erros, e eso que xa no primer minuto dispuxemos dunha moi boa ocasión. No intercambio de golpes salimos perdendo por dous erros nas bandas, primeiro nun saque de banda no medio do campo que nos pilla en pelotas e gol. Cabe decir que Puga recibira unha entrada un pouco antes e estaba renqueante. Pouco despois na outra banda, despexe da defensa local que nos volve a pillar en pelotas e termina de igual maneira, 2 a 0 e malas sensacións. Fomos capeando o temporal e todo foi a mellor hasta que Zález saca un bo dispara coa esquerda e marca o 2 a 1, que nos mantiña no partido.

No segundo tempo, empezamos cun dominio abrumador e que fixo que Jorge en duas xogadas conseguira o empate e logo o 2 a 3. Todo parecía que o partido sería para nos pero ainda faltaban dous erros nosos primeiro nun balón que queda morto no medio da defensa, empatan, e despois o noso porteiro quixo unirse a festa e deixa rematar ao delantero nun balón que tiña que ser del. 4 a 3 final, cara de parvos.

Arbitro: Non influeu no resultado
Contrario: Démoslle vida, cando non a tiña
Porteiro: Nefasto
Defensa: Moi mal
Centrocampistas: Bastante ben
Delantera: Ben

Goles: Jorge (2)- Zalez

De novo unha tarde espléndida, máis aínda, excesivamente calorosa. Partido disputado no campo de As Canteiras atendendo ao novo horario cun céspede alto e espeso que non anda nos mellores tempos.
Formación do Cuntis semellante á da xornada anterior coa incorporación de Nando no canto de Emilio, indisposto para esta xornada (aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación).
Primeiros minutos de estudo mutuo anque pronto se advirte que o Pepe Noya non é o de sempre.
Min 17 Jorge  desborda pola banda dereita, pase diagonal atrás sobre Alberto quen se planta no área e nunha posición inmellorable golpea (incompresiblemente) fóra.
Tres minutos despois Jorge recibe cómodo no borde-esquina de área, controla, temporiza e xa sen moitas opcións golpea moi axustado ao poste onde o porteiro, tras gran estirada, consegue botar fóra. Seguen minutos de indecisión sen chegadas claras, sen dominador claro, cun partido moi controlado (desta sí) por Monti e Zález quen ben asentados no centro do campo recuperan e distribúen con mestría a ambos lados.
Temos que agardar ata o min 40 no que Nando tras recuperar el mesmo o balón, pase longo prolongando sobre Nacho que gaña a posición sobre o defensa, encara portería e xa na frontal, non considerándose en boa disposición  regatea a defensa que lel vén presionando, non o consegue e decide rematar, xa era tarde, co agravante de ter xa ao seu carón e nunha posición ideal a Alberto.
Vai rematar a primeira parte coa partitura das derradeiras, maís control, dominio, pero non se move o marcador.Cambios: sobre o min 35 entra Víctor por Nacho, pero De la Torre non quentou ben e ten que abandonar o terreo aos segundos.

2ª parte.- Comezo un pouco apagado.Fáltanos esa definición final ata que no min 16 Nacho encamíñase en boa disposición cara o área rival para ser derrubado polo defensa. Falta sobre os 25 m que executa maxistralmente con precisión, intensidade e dirección Alberto aloxando o balón preto da escadra moi lonxe do porteiro. Impresionante. Este gol supuxo o punto de inflexión para o Pepe Noya.
Pouco despois (min 22) xogada ben trenzada, apertura de Víctor sobre Jorge quen dribla a lateral, entra en área polo lateral, golpea batendo no central, ¡ non lle sae ningunha¡
O partido xa está un pouco roto e froito desta situación, arrinca Nando pola banda dereita percorrendo todo o campo en dirección ao área, regatea a lateral e  pase sobre Víctor que case no punto de penal se ve favorecido por un desafortunado esvaramento do central, queda so para empurrar cómodo a gol.
Min 30 Balón recuperado por Alberto no medio campo, gran pase en profundidade sobre Carlos na banda quen encarrilla cara o porteiro para executar un "pase da morte" sobre Jorge, que so ante portería, marra gol.

O Pepe Noya vese moi canso e case renuncia ao partido véndose moi desbordado, sobre todo polo xogo polas bandas. Pero aínda con esta situación no min 35 o dianteiro do P.N. recibe na frontal, boa xogada  individual, pasividade defensiva e plántase ante o porteiro nun man a man que se resolve a favor do cancerbeiro tras espectacular parada, parabéns de todos valorando o difícil de estar inactivo case durante todo o partido e ter esta brillante resposta ao estilo "San .."
Min 44.- Monti recupera o balón pasado o medio campo e en xogada individual, regateando a todos os que lle saen ao paso, en preciosa xogada, finaliza golpeando cunha mestura de rabia e ledicia polo bo traballo feito nesta xornada, suporía o 3-0 e o punto final do partido.

Valoracións:
Árbitro: tentou seguir o partido. Bastantes erros especialmente cando as xogadas se desenvolvían lonxe. Moi regularciño. Sobraron os cartóns.
Equipos: moi bo ambiente entre os equipos, sen situacións conflitivas. Boa cordialiade ao remate do partido.
Pepe Noya: falto de personal, botáronse en falta os organizadores e o clásico xogo de extremos deste equipo.
Cuntis:
Defensa: boa actuación, sen excesivos agobios durante o partido, mellor asentamento de Charli, ben os centrais, con algún despiste na parte final, ben tamén Nando na banda dereita, pena de volante dereito.
Medios.- Moi boa actuación do dúo dinámico, seguridade en Zález, impresionante Monti, ¿poderemos?. Ben nas bandas anque Jorge non pensa senón en atacar e pon enriba non ter sorte nas finalizacións, boas aportacións defensivas de Piñeiro.

Atacantes.- Moi ben Nacho nese traballo lonxe dos compañeiros, boa disponibilidade en todo o partido, pero non te enfades polos cambios, son para darlle confianza a De la Torre e para darche un airiño a ti, precisámoste fresco aí.
En conxunto, moi ben, mellorou o clima, ao mellor axudan os resultados, ao mellor van valer de algo os responsos, quero dicir, os consellos. Ánimo compañeiros e espabilar porque se está recuperando a xente con gañas de pelexar polos postos. Sede bos.

;;