Búsqueda personalizada

Xornada 3

CUNTIS - PEPE NOYA
Sábado 1 outubro
Hora: CATRO E MEDIA

Campo: Pasamos por A RAN e, se non hai novidade,  desprazámonos ao campo de As Canteiras.
Concentración: CATRO
Nestes dous partidos demostrados que podemos facelo ben, ánimo.

Tarde espléndida para o disfrute e a práctica do futbol no Outeiriño- Silleda. Preséntase o Cuntis moi escaso de xente, mesmo no intre de comezar once xogadores e tres acompañantes, eso si, coa correspondente vestimenta.
Inicio do xogo con titubeos e respecto mutuo. Aló polo min 12 xogada nosa pola banda esquerda con centro de balón raso sobre área que pifia Carlos so ante portería. Tres minutos despois, Jorge en xogada persoal controla na  frontal  e en media vaselina supera ao porteiro para ser sacada baixo longueiro por un defensa no derradeiro momento. Cando parece que se controlaba o xogo, anque ser profundidade por falta de interiores ofensivos, no min 28 marcan o primeiro gol despois de encadear erros no control de campo polos medios centros e desprazamento non axeitado do lateral, aínda así entrou chorando preto do pau.
Min 32 incorpórase ao xogo Nacho por Carlos. Importante esta incorporación pois deu os seus froitos aos segundos coas continuas internadas de Jorge pola banda dereita. Nunha delas, tras oportuno pase ben orientado de Monti, Jorge avanza pola banda, regatea comodamente  a lateral e deixa en bandexa para que Alberto empurre ao fondo da portería. A partires deste momento claro dominio no terreo de xogo con moitísimas ocasións que foron marrando distintos xogadores, especialmente os que andan pola dianteira.
Comeza o segundo periodo con xogo equilibrado, pouco vistoso e con constantes interrupcións provocadas polos xogadores locais. A medida que vai avanzando o tempo, cun xogo feo, parece que o Silleda dá por bo o empate e tenta adoptar unha postura de control e a que pase o tempo. Falta total de actitude polo Cuntis que ve como se lle vai unha victoria moi traballada na primeira parte.
Min 37, nunha xogada moi semellante á do primeiro gol, o mediocentro do Silleda avanza libre de oposición  polo  medio campo cara a nosa portería, os nosos un desprazado por andar participando en todas as parcelas do campo e o outro que perdeu por pernas. En chegando á área golpeo seco, defectuoso na execución pero forte que colle efecto na súa traxectoria á que non pode chegar Sueiro. Menudo xerra de auga fría, desconsolo total no equipo.
Min 40. De novo xogada de Jorge sobre banda dereita quen, tras regate, orienta cara atrás á frontal onde Alberto golpea con execución perfecta o balón cantando xa o gol, pero o balón bate no pau, ven rexeitado sobre as costas do porteiro,... menos mal que apareceu por alí Nacho in extremis para atropeladamente empurrar a gol. Menos mal.  Minutos restantes embarullados con xogo practicamente parado. Remata o encontro con mal sabor de boca para nós por deixar de gañar en Silleda.
Valoracións:

Árbitro: tentou cumprir o trámite pero moi alonxado das xogadas e moitas dúbidas, menos mal que ambos equipos llo puxeron bastante fácil. Non chega ao aprobado.
Silleda: Con certeza o encontro onde nos puxeron as cousas máis fáciles. Teremos que espabilar os dous equipos se non queremos andar polo fondo do mar. Cordialidade ao remate do partido.
Cuntis: De novo boa mentalización de cara o partido. Boa actitude dos xogadores pese ao escaso da plantilla.
Porteiro, sen choio. Moi serio nas poucas intervencións que tivo. Non puido facer nada nos goles.
Defensa moi ben a parella de centrais, parece que a Puga lle vai vir ben a presenza de Rubén coa súa tranquilidade  e saber facer, o equipo aforrará aspirinas. Na banda dereita, cumpre perfectamente e na banda esquerda haberá que agardar que se acople ao equipo e se sitúe.
Centrocampistas: Moi ben Piñeiro tras partidos sen participar cumpriu moi ben, dentro dos posibles. Moi perdido Carlos. Monti e Zalez boa acitude na primeira parte, logo moi frouxo fisicamente Zalez e desubicado Monti, menos quilómetros e máis presenza , precísase máis compenetración para evitar xogadas coma as dos goles encaixados; un home so non pode ser superior a dous mediocentros. Jorge, pouco participativo na dianteira, moi ben na banda.
Os puntas, con moitas gañas, ao mellor demasiadas, moita precipitación, e son os que deben poñer o punto de tranquilidade e saber facer, xa virán mellores días.

Sábado 24 setembro
Liga X2  :  RIVER SILLEDA - CUNTIS
Hora encontro : 17:30
Campo : Outeiriño - SILLEDA


Concentración /Charla mentalización no lugar de costume: ÁS CATRO e CUARTO e logo  saída .

A crónica do partido está no forno. Cando saia pasaráselle previamente á XD e logo ao anónimo, que xa se vai posicionando en aínda non chegou o 20N. Todo grupo que acolle un reto novo, como a dirección do Club, conta por deferencia institucional cunha marxe  de cen días. Vese que este anónimo non anda moi avezado nestes avatares e so se adica a aguilloar ( que lle  pregunte a Constenla o caso do boi de Sevil).
Paciencia anónimo que todo se andará.
11.

xornada 1 LIGA

X1:   CUNTIS - B B FISIOTERAPIA
Sábado 17,  17:00
Campo: A Ran ( posiblemente iremos  ao campo de herba pero pasar previamente polo de terra para comprobar).
Conc:  16:30 no vestiario


Ollo cambiou o rival, antes era Don Budi  e cambio hora.

O entrenador dos xuvenís propuxo un amigable na casa para este sábado, polo que cambiamos a data das 5 e media (horario oficial) para as 5:00, e logo eles xogarán ás sete. Falta confirmación do BB Fisioterapia, pero contamos con que non haxa problema. Deste xeito poderemos xogar no campo de herba e evitar problemas.

PRETEMPORADA AMIGABLE 2

Amigable 2.- ORDES - CUNTIS
Sábado 3     setembro
Hora:  CATRO E CUARTO
Campo: Ordes

Saímos ás tres en punto do lugar de costume.


Á volta:
19:30    Asamblea extraordinaria: Eleción-Nomeamento Presidente. Nomeamento Xunta Directiva.
20:00    Asamblea ordinaria: Inicio de temporada.

Procuramos nos cedan a casa da Cultura para as xuntanzas, éstase en xestións.
Obrigada asistencia para todos os socios.
Obrigada aportación cuota e confirmación fichas. A inscrición haberá de facerse antes do 7 setembro.

;;