Búsqueda personalizada

Victoria que facía que termináramos a segunda volta sen perder ningún partido, en total son 17 xornadas sen perder o que fixo o ascenso a Division de Honor máis sinxelo. Para o ano outro galo cantará.

Alguén debería comentar ou facer unha cronica do partido para ir practicando para o ano.

GOLES: JORGE (2) de oidas

Xornada 30

Xornada 30 (derradeira).- CUNTIS -  SOGRAMI PORTOSÍN

Hora partido: 17:00
Campo. As CANTEIRAS
Despedimos a temporada cun partido no que debemos ratificar a boa temporada. As mermas de xente do pasado finde imposibilitáronnos para seguir arriba colíderes en puntos. Importantes estes tres puntos para consolidar o subcampionato da 1ª A.
Importante a asistencia para xogadores e socios para primeiro festexo do logro de ascenso, recepción de comunicado por parte do Presidente do Club e confirmar asistencia a partido despedida, asamblea e cea fin temporada para o sábado 4 de xuño.

Quiniela

Última quiniela do ano, graciñas a tódolos que participastes. Doubos unha pista para esta semana, eu non vou xogar

Otero: 116/206------>56,31%+9
Sueiro: 115/206------>55,83%+9
Ramón: 85/154-------->55,19%+6
Correa: 83/151------->54,97%
Nando: 110/206------>53,40%


MENOS DO OITENTA POR CEN DOS RESULTADOS
Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Monty: 4/7-------->57,14%
TI: 20/53---------->37,74%

AUTOMIC REC. BARBANZA - - KUBOS LALIN 2001
TERRA DE XALLAS - - DEPORTES CANEDA AMIO
OUTES DEPORTES CASAIS - - RIVER SILLEDA
BERTAMIRANS - - BAR NIETO CHAYAN
CUNTIS - - SOGRANI PORTOSIN
ATLETICO MELIVET - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
CLUB DEPORTIVO USC - - AGRICOLA SALGUEIRO TOURO
RODEIRO VETERANOS - - VETERANOS DEL COMPOSTELA

RESULTADO: CUNTIS - - SOGRANI PORTOSIN

Volveu a ser determinante no partido o vento pero nos non estuvemos á altura e deixamos escapar un partido no que non nos iba nada pero que se nos fora seguro que o fariamos igual de mal.

Pouco que contar do partido, casi as duas ocasións convertíeronse en gol, primeiro eles a falta de pouco para o descanso, falta que entra directa favorecida polo aire e co porteiro a media salida. Despois na segunda parte Victor marca ó recoller un balón que se lle vai ó porteiro. Despois espectáculo lamentable, si refierome ó noso xogo. Ainda así poidemos marcar en duas ocasión de Nando.

GOL: VICTOR

Partido que decidía que equipo quedará primeiro na clasificación xa que a duas xornadas do final, e difícil que algún falle. E polo resultado serán eles os elexidos gracias ó golaverage.

O partido estuvo bastante condicionado polo vento que soplaba e que favorecía máis ó tipo de xogo dos visitantes que ó noso. Xogamos primeiro co vento en contra, un lastre que soupemos salvar nos primeiros vinte minutos moi ben, con rapidez e entradas por banda que nos fixo dispoñer de boas ocasións para marcar pero non estuvemos acertados diante do porteiro. Con todo esto, a primeira ocasión clara dispuxérano eles nun balón morto que ca portería vacía non acertan a metela. Logo virían as ocasións nosas que comentaba, hasta unha falta ó borde da área convírtena en gol dun potente disparo ainda que ó lado do porteiro (como din que cando algo ocurre influen polo menos tres factores, aquí foron mala colocación do porteiro, lentitud de reflexos e velocidad do disparo). Perdemos o dominio do partido xa que o balón era noso pero eles salían rápido con balóns largos. Esto lévanos ó segundo gol, saque de esquina e remate perfecto sin oposición (aquí cada un que diga os factores que infuiron). Mal pintaba a cousa con un 0 a 2 ainda que nos quedaba a baza de xogar a favor de vento na segunda parte, pero na última xogada da primeira parte Nacho marca o rechace do porteiro a un tiro de Jorge e o panorama xa era outro e o que máis e o que menos apostaba por unha victoria nosa.

Pero o noso gozo nun pozo, cos elementos ó noso favor non supemos atacar a súa defensa poblada e veuse que marcar iba a ser complicado. Moi espesos e lentos unha vez que chegamos ós tres cuartos de campo, e como non somos un equipo de xente alta o de colgar balóns era regalalos. Destacar a ocasión de Nacho no primer minuto na que o seu remate lle peta ó porteiro, que xa estaba batido, no pé. Supoño que as ocasións foron chegando pola insistencia xa que a eles éralles difícil de salir pola forza do vento,e así Miguel vaise do seu par e centra ó segundo pau onde Monty, solo, marca o empate a 2. Quedaba bastante pero a tónica foi a mesma, poucas ocasións claras. Para máis inri, casi nos marcan nunha das poucas chegadas deles na segunda parte, xa casi no final do partido o que, polo visto, un gol ó que eu creo que non houberamos tido maneira de responder debido ó tempo que quedaba e as poucas ideas que tuvemos na segunda parte.

GOLES: NACHO - MONTY

x 28

Sábado 7 maio
No campo As Canteiras xogaremos o partido máis importante da temporada. Recibimos ao River Silleda que compartecon nós a cabeceira na clasificación.
Comeza o partido ás cinco, ás catro e media todo o mundo dispoñible no vestiario.
A todos os socios e seguidores, vinde botar unha man animando, corrixindo,... demanda especial para o Comite de Sabios, que a bo seguro darán boa conta da marcha do partido  botándolle a oportuna salsa ao partido.
Tentaremos de quitar unha foto con todos os asistentes e logo...
Vémonos no Hotel Balneario ás dez para proceder á tradicional Cea de Maio na compaña das respectivas donas.
Honor e gloria.
JM Correa

Quiniela

Otero: 114/198------>57,58%+9
Correa: 82/143------->57,34%
Ramón: 82/146-------->56,16%+6
Sueiro: 112/198------>56,57%+9
Nando: 108/198------>54,55%


MENOS DO OITENTA POR CEN DOS RESULTADOS
Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Monty: 4/7-------->57,14%
TI: 20/53---------->37,74%

1.- TERRA DE XALLAS - - AUTOMIC REC. BARBANZA
2.- OUTES DEPORTES CASAIS - - KUBOS LALIN 2001
3.- BERTAMIRANS - - DEPORTES CANEDA AMIO
4.- CUNTIS - - RIVER SILLEDA
5.- ATLETICO MELIVET - - BAR NIETO CHAYAN
6.- CLUB DEPORTIVO USC - - SOGRANI PORTOSIN
7.- RODEIRO VETERANOS - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
8.- VETERANOS DEL COMPOSTELA - - AGRICOLA SALGUEIRO TOURO

RESULTADO: CUNTIS - - RIVER SILLEDA

Partido que se presumía complicado pola situación na tabla do equipo local pero que se rompeu no comenzo da segunda parte e a goleada pudo ser maior.Conseguimos xuntarnos 12 que para a maioría dos equipos non é nada pero para nos é unha multitude.

O primeiro periodo foi o máis igualado dispuxemos de ocasións pero eles opuxeron bastante resistencia sobre todo co seu delantero que facía á defensa estar sempre alerta ainda que solo logrou sobrepasala nunha xogada na que rematou o seu disparo fora. Nos cos minutos fomos chegando con máis claridade hasta que nunha boa xogada de toque Miguel consigue regatear ó porteiro e marca. Tódolos goles tuveron como característica que foron xogadas de tiki-taka, esto deberíanos de facer pensar.

Na segunda parte e co 0 a 1, tiñamos que conseguir marcar para afrontar on máis tranquilidade o partido pero curiosamente casi no marcan con un disparo ó longueiro, pero afortuna acompañounos xa que na seguinte xogada marcamos o 0 a 2 por medio de Alberto e ahí rematou o partido para eles xa que lles costaba sacar o balón e as nosas ocasións sucedianse e así foron caindo os goles do noso lado, Jorge e Alberto por duas vece máis (fixo un hat-trick) poñíannos con un 0 a 5 e con máis ocasións. Xa no remate un erro no pase do porteiro aproveitano eles para marcar o 1 a 5 co que rematou o partido.

Xa fai semanas que estamos ascendidos pero para a semana decídese que equipo quedará primeiro, a ver si xuntamos once xa que despois hai cena no Balneario e as cenas despois de perder son menos alegres

GOLES: ALBERTO (3) - JORGE - MIGUEL

;;