Búsqueda personalizada

Quiniela

Otero: 109/190------>57,37%+9
Correa: 76/135------->56,30%
Ramón: 77/138-------->55,80%+6
Sueiro: 106/190------>55,79%+9
Nando: 103/190------>54,21%


MENOS DO OITENTA POR CEN DOS RESULTADOS
Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Monty: 4/7-------->57,14%
TI: 20/53---------->37,74%

1.- TERRA DE XALLAS - - OUTES DEPORTES CASAIS
2.- KUBOS LALIN 2001 - - BERTAMIRANS
3.- DEPORTES CANEDA AMIO - - CUNTIS
4.- RIVER SILLEDA - - ATLETICO MELIVET
5.- BAR NIETO CHAYAN - - CLUB DEPORTIVO USC
6.- SOGRANI PORTOSIN - - RODEIRO VETERANOS
7.- ALMACENES CANCELA TORDOIA - - VETERANOS DEL COMPOSTELA
8.- AUTOMIC REC. BARBANZA - - AGRICOLA SALGUEIRO TOURO

RESULTADO: DEPORTES CANEDA AMIO - - CUNTIS

CAMBIO HORA XORNADA 27

X 27 : Deportes Caneda AMIO  - - CUNTIS
Sábado 30 de Abril no campo de San Mamede polas terras do Ulla.
CAMBIO DE HORA: O partido disputarase ás sete menos cuarto da tarde (18:45)
Saímos do lugar de costume ás cinco e media.

Non por esperada deixa de ser dolorosa a derrota do sábado en cuartos de final de copa en Bembibre.Presentamonos con 11 xogadores e sempre queda a duda do que pudo ser e non foi debido as baixas, o certo tamén é e que eles teñen un moi bo equipo, altos, fuertes e copulentos polo que calquer balón aéreo xa tiña dono.

Empezamos metidiños atrás a ver como era a cousa e pronto se veu que sería un acoso e derribo da nosa portería pero pasaron os minutos e gol non chegaba e fomos adelantando líneas pouco a pouco (dentro das nosas limitacións) e facendo algún disparo que outro a portería. Pero na ocasión que menos parecía, corner fácil de sacar co pé, mal despexe o balón queda morto na área e gol, 1 a 0 e cara de parvos. Eso non foi todo xa que pouco despois volea e golazo por encima do porteiro. 2 a 0 nun visto e no visto. Así rematou o primer tiempo e ca nosa moral un pouco diezmada.

O descanso valeu para animarnos e decirnos que podiamos remontar, e a verdade, e que a cousa mellorou bastante e tuvemos a opción de meternos no partido en varias ocasións sendo a máis clara o disparo de Zález ó poste e os dous rechaces posteriores non houbo maneira de metelos na portería. Eles tamén dispuxeron dalgunha ocasión clara fruto de irnos en busca do gol pero o certo e que chegamos ós últimos minutos ca intención de meter gol, pero foi ó contrario, nos últimos dous minutos recibimos dous goles. Primeiro balón que no despexa lle rouban ó noso porteiro e a portería vacía marcan e logo balón longo que salva o fora de xogo e caenos o cuarto, que foi un duo correctivo xa que son tantos como os que levamos recibidos na segunda volta en 11 partidos.

E certo que era o segundo de división de honor pero temos que pensar en que se queremos facer algo algún día na copa non pode pasar como o ano pasado en semifinales e este ano igual de ir 11 a un partido que nos podía dar a opción de xogar a copa, e sabendo que se estamos todos temos un equipo moi competitivo.

Xornada COPA semifinal

Sábado 23 abril

Semifinal COPA:  VAL DO DUBRA  - CUNTIS

Hora: 18:30

Campo: Bembibre


Saímos ás catro e media do lugar de costume. A ver se eses que andan polo mundo adiante, ante o mal tempo, se deciden por vir botarnos unha man, veña que boa falta nos ha facer. Compromiso rapaces!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Unha vez xa conseguido o obxetivo do ascenso xa estamos xogando co piloto automático e o noso xogo resíntese. Se no partido de copa xogamos asi eliminarannos sin moitos problemas porque este sábado fixemos un partido bastante lamentable. A eles bastoulle con xogar defensivamente para non pasar execesivos apuros, ainda así dispuxemos da mellor e inmellorable ocasión do partido no comenzo da segunda parte na que Miguel recolle un rechace e con todo para marcar envía alto.

Poderíamos poñer moitas disculpas pero o certo e que fixemos un partido desastroso, tampouco nos vamos a flagelar pero debe facernos pensar si vai a ser así o que queda de temporada. Vamos a poñerlle ganas na copa que estamos a dous partidos da final ainda que nos tocara un dos presumibles finalistas.

xornada 26

XORN 26  - CUNTIS  - KUBOS LALÍN 2001
Hora: 17:00
Campo A RAN (Terra) , o campo de herba está ocupado cos partidos de Xuvenís (16:15) e cadetes (18:30) despedida de temporada.

Quiniela

Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Otero: 108/182------>59,34%+9
Correa: 75/127------->59,06%
Sueiro: 105/182------>57,69%+9
Monty: 4/7-------->57,14%
Ramón: 74/130-------->56,92%+6
Nando: 100/182------>54,95%
TI: 20/53---------->37,74%

OUTES DEPORTES CASAIS - - AUTOMIC REC. BARBANZA
BERTAMIRANS - - TERRA DE XALLAS
CUNTIS - - KUBOS LALIN 2001
ATLETICO MELIVET - - DEPORTES CANEDA AMIO
CLUB DEPORTIVO USC - - RIVER SILLEDA
RODEIRO VETERANOS - - BAR NIETO CHAYAN
VETERANOS DEL COMPOSTELA - - SOGRANI PORTOSIN
AGRICOLA SALGUEIRO TOURO - - ALMACENES CANCELA TORDOIA

RESULTADO: CUNTIS - - KUBOS LALIN 2001

Cando hai que chamar a xente para xuntar once, mal empezaban as cousas. Que se teña cumplido o obxetivo non quere decir que nos tiremos á bartola e tiremos cos partidos de liga.

Como xa todo empezaba mal, no octavo partido rompeuse a nosa racha sin encaixar goles, eran sete partidos (5 de liga e 2 de copa) desde que o Rodeiro nos marcou de penalty.

E como todo empezaba mal, o primeira parte foi o mismo, bastante mala pola nosa parte, non estuvemos cómodos en ningún momento e eles apretáronnos bastante. O seu gol chegou nunha xogada pola banda con un bo pase da morte que rematan en plancha. Pouco antes xa sacara Constenla un balón que rechazara o porteiro e se dispoñían a meter na nosa portería. Co 1 a 0 chegamos ó descanso e bastante complicado o panorama.

Sen embargo, a segunda parte empezou ben, xa no primer minuto Jorge por duas veces pudo empatar, pero pouco despois non perdonou e fixo subir o gol o noso marcador. Empate e case toda a segunda parte por diante e dispuxemos de moi boas ocasións para marcar pero fóronse todas fora por moi pouco. Os locais tuveron un pase atras que non chegou nadie xa que o cansancio lles pasou factura no segundo tempo. Unha parte para cada e ó final empate nun partido ganable diante dun equipo, que como xa se sabía, pelea moito durante os noventa minutos.

GOLES: JORGE

Xornada 25:    Sábado 9 de abril

TERRA DE XALLAS   - CUNTIS

CAMPO:   A PICOTA - MAZARICOS


HORA DO PARTIDO :  18:00

Saímos sobre as catro e cuarto, debe chegar o tempo pero sería convinte que falaramos antes da saída polo que convén que todo o mundo estea no lugar de costume sobre as catro.

Hora de saída:  CATRO da tarde.

Quiniela

Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Correa: 70/119------->58,82%
Sueiro: 100/174------>57,47%+9
Otero: 102/174------>58,62%+9
Ramón: 70/122-------->57,38%+6
Monty: 4/7-------->57,14%
Nando: 95/174------>54,60%
TI: 20/53---------->37,74%

1.- OUTES DEPORTES CASAIS - - BERTAMIRANS
2.- TERRA DE XALLAS - - CUNTIS
3.- KUBOS LALIN 2001 - - ATLETICO MELIVET
4.- DEPORTES CANEDA AMIO - - CLUB DEPORTIVO USC
5.- RIVER SILLEDA - - RODEIRO VETERANOS
6.- BAR NIETO CHAYAN - - VETERANOS DEL COMPOSTELA
7.- SOGRANI PORTOSIN - - AGRICOLA SALGUEIRO TOURO
8.- AUTOMIC REC. BARBANZA - - ALMACENES CANCELA TORDOIA

RESULTADO: TERRA DE XALLAS - - CUNTIS

O certo e que non fixemos un bo partido polo que non hai moito que contar del.

Da primeira parte, pouco que destacar para nos excepto o gol co que chegamos en ventaxa ó descanso que foi ben definido por Marcos logo de recibir un pase (ou despexe) algo apurado de Zález. O resto do tempo eles crearonnos bastante perigo pero fallaron no remate, de non ser así podíannos ter remontado o partido. Nos, si, tuvemos ocasións pero máis por inercia que por bo xogo. 1 a 0 ó descanso

Na segunda parte, melloramos algo ainda que tampouco era para botar cohetes. Os goles foron caindo e foron minando a moral dos visitantes. Primeiro marcaría Monty o 2 a 0 a pase de Jorge, despois sería Victor o que sentenciaría o partido co 3 a 0.Despois chegaría o cuarto de Ramón que está en racha. Eles intentáronno pero xa non dispuxeron das ocasións que tiveron na primeira parte e os goles foron un lastre para eles.

GOLES: MARCOS - MONTY - VICTOR - RAMON

P.D. Os dous pichichis a que esperades para marcar, a este paso píllabos Ramón

;;