Búsqueda personalizada

Quiniela

Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Correa: 70/119------->58,82%
Sueiro: 97/166------>58,43%+9
Otero: 97/166------>58,43%+9
Ramón: 66/114-------->57,89%+3
Monty: 4/7-------->57,14%
Nando: 90/166------>54,22%
TI: 20/53---------->37,74%

1.- BERTAMIRANS - - AUTOMIC REC. BARBANZA
2.- CUNTIS - - OUTES DEPORTES CASAIS
3.- ATLETICO MELIVET - - TERRA DE XALLAS
4.- CLUB DEPORTIVO USC - - KUBOS LALIN 2001
5.- RODEIRO VETERANOS - - DEPORTES CANEDA AMIO
6.- VETERANOS DEL COMPOSTELA - - RIVER SILLEDA
7.- AGRICOLA SALGUEIRO TOURO - - BAR NIETO CHAYAN
8.- ALMACENES CANCELA TORDOIA - - SOGRANI PORTOSIN

RESULTADO: CUNTIS - OUTES DEPORTES CASAIS

Xornada 24 liga

XORNADA 24 de LIGA:

Sábado 2 de ABRIL


CUNTIS -  OUTES Deportes Casais
Hora:  17:00
Campo : AS CANTEIRAS

 No campo de terra xogan os Cadetes  ás 16:30 . O CUNTIS VETERANOS dálle a noraboa pois  veñen de conseguir o ascenso de categoría na anterior xornada. Ánimo rapaces e a quedar campeóns no que vos falta de Liga. A ver se esta temporada conseguimos dar a nota positiva no Deporte desde Cuntis.

Como se fosen dous partidos distintos entre a primeira e a segunda parte, e non polo xogo (que tamén) senón polo estado do terreo de xogo e pola inclemencias metereolóxicas.

A primeira foi casi perfecta, fixemos o mellor futbol de toque da temporada e desbordamos polas dúas bandas. De non ser polas ocasións erradas o partido xa o teríamos sentenciado neste período, pero como nos gusta darlle emoción as cousas solo marcamos un. Foi obra de Ramón (ou JR7 como lle chaman algúns), balón entre líneas de Nacho e Ramón resolve con clase ante a salida do porteiro. Eles non inquietaron moito salvo nalgúns balóns que perdemos cerca da área. Xa acabando se preveía que na segunda parte se xogaría máis ben pouco ó futbol.

Así foi, comenza a segunda parte e o campo xa case non se vía o verde, solo se vía a agua e a medida que pasaba o tempo caía máis e a cousa foi a peor, incluso había zonas onde o balón flotaba e era complicado sacala. A algún tuvo que vir salvamento marítimo a sacalo dalgunha das pozas. En canto o xogo, destacar que ainda así tuvemos ocasións pero entre o porteiro e a agua non conseguimos marcar co conseguinte pánico cando se acercaban pola área xa que o que pasaba co balón era bastante impredecible. Ainda así non tuvemos moitos problemas, salvo un balón que se foi por encima do largueiro que si nos asustou un pouco.

Menos mal que marcamos na primeira parte senón poderíamos incluso haber perdido. Debemos de marcar algún gol máis cando se teñen ocasións para non andar senpre xogando no alambre por que este algunha vez pode romper (como en Melide).

GOLES: RAMON

Quiniela

Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Correa: 67/112------->59,82%
Sueiro: 94/159------>59,12%+9
Otero: 93/159------>58,49%+9
Monty: 4/7-------->57,14%
Ramón: 59/107-------->55,14%+3
Nando: 85/159------>53,46%
TI: 20/53---------->37,74%

1.- BERTAMIRANS - - CUNTIS
2.- OUTES DEPORTES CASAIS - - ATLETICO MELIVET
3.- TERRA DE XALLAS - - CLUB DEPORTIVO USC
4.- KUBOS LALIN 2001 - - RODEIRO VETERANOS
5.- DEPORTES CANEDA AMIO - - VETERANOS DEL COMPOSTELA
6.- RIVER SILLEDA - - AGRICOLA SALGUEIRO TOURO
7.- BAR NIETO CHAYAN - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
8.- AUTOMIC REC. BARBANZA - - SOGRANI PORTOSIN

RESULTADO: BERTAMIRANS - - CUNTIS

Octavos de final de copa a partido único que solventamos con un marcador contundente diante dun equipo moi peleón pero mermado polas baixas e que se deixou ir unha vez que dou por perdido o encontro.

Ó principio nada presaxiaba ese resultado xa que empezamos moi mal, lentos no movemento do balón, facíamos de "carteiros" co balón en vez de dar o pase e tomar ventaxa na xogada. Polo contrario, eles empezaron moito mellor, sabendo o que tiñan que facer e ó que viñan así houbo algúns acercamentos perigosos pero sin consecuencias. Pero todo cambiou nun centro dende a banda dereita de Ramón que un defensa deles introduce na sua portería, foi un punto de inflexión xa que a partir dese momento non collemos máis confianza e eles foron a menos. Máis ainda cando marcamos o segundo por mediación de Nacho que volveu a repetir no tercer gol. Os visitantes tamén dispuxeron dalgunha ocasión máis pero os noso goles iban pensando. O descanso, 3 a 0.

O segundo tempo, comenzou co Xallas apretando e queimando as suas naves pero sabendo que un novo gol noso sería definitivo e que sentenciaría o partido. Despois duns cuantos intentos por cada lado chegou a sentencia co cuarto gol por medio de Marcos e con moito partido por diante. Despois virían os goles de Alberto e Miguel pero a esas alturas xa non había partido. Ó final, 6 a 0 e nos ca suerte de cara nos momentos claves.

No partido de liga que nos queda con eles no seu campo seguro non será tan doado. Na seguinte ronda xa é outro cantar e posiblemente nos toque morder o polvo xa que xogaremos co Val do Dubra (BB fisioterapia) que é terceiro na división de honra, eso si que non duden que llo intentaremos poñer dificil.

GOLES: RAMON - NACHO(2) - MARCOS - ALBERTO - MIGUEL

SÁBADO 26 MARZO
XORNADA LIGA: BERTAMIRÁNS - CUNTIS

CAMBIO HORA  o partido celebrarase ás seis da tarde (18:00) en Bertamiráns.
Saída do lugar de costume ás 16:45.

Creo que en líneas generales fixemos un bo partido diante dun equipo que sempre me parece que ten xente para estar máis arriba na clasificación ainda que se xogan casi todo o seu potencial arriba en disparos dende fora da área e non teñen moita profuncidad no ataque.

O partido veuse dende un principio que iba a estar complicado con equipo contrario ben plantado e con ganas de amargarnos o día. A cousa complicouse máis oa lesión de Monty que o manterá unhas semanas fora do equipo (que alivio pensarán algúns). En canto ó noso bagaxe ofensivo, dispuxemos de boas ocasións algunhas complicadas de fallar e que creaban certa inquietud debido ó resultado e sabendo que se queríamos recortar puntos con que van diante o sábado era o día. Ó final, na ocasión que menos clara parecía marcamos. Falta lateral, algunhas protestas polo mal sacada que estaba pero non se entenden os visitantes á hora de quen collía o balón e Marcos marca un gol que creo que foi o momento clave do partido, unha porque nos adiantaba no marcador e outra porque era o minuto corenta e catro da primeira parte e nos aclaraba o partido para a segunda.

A segunda tuvo algo de emoción polo resultado xa que un gol podía caernos en calquer momento e nos non fomos quen de aproveitar as boas ocasións que tuvemos a maioría de dar o pase da morte para empuxar o balón, pero en vez deso fomos algo indiviadualistas e tiramos directamente, e non foron nin unha nin duas... Eles dispuxeron de varios disparos dende fora da área e unha entrada polo lateral que sacamos entre o porteiro e a defensa pero que non serían máis que simples anécdotas se houbéramos sentenciado antes. E como sempre tuvemos que esperar ós minutos finales para rematar a faena. Miguel recibe un pase no media da defensa supera ó porteiro co tiro que se vai ó poste pero recolle o rechace e marca, o que ó final foi o resultado do partido, 2 a 0

Moitas cousas que mellorar sobre todo á hora de aproveitar ás ocasións pero tamén cousa boas como o bo traballo do equipo en todas as líneas.

Para o sábado copa diante dun oso duro de roer, Terra de Xallas, deberíamos de pensar en ganar e que despois fose o que Dios queira xa que calquera que nos tocase...

GOLES: MARCOS - MIGUEL

XORNADA COPA OITAVOS

SÁBADO 19 MARZO
CUNTIS - TERRA DE XALLAS
Hora partido:     12:00
Campo: AS CANTEIRAS (herba)

Quiniela

Bueno, xa saberedes que nos tocou o Terra de Xallas na copa e xogamos en Cuntis

Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Correa: 62/105------->59,05%
Sueiro: 89/152------>58,55%+6
Otero: 87/152------>57,24%+9
Monty: 4/7-------->57,14%
Ramón: 54/98-------->55,104%+3
Nando: 78/152------>51,32%
TI: 20/53---------->37,74%

1.- CUNTIS - - AUTOMIC REC. BARBANZA
2.- ATLETICO MELIVET - - BERTAMIRANS
3.- CLUB DEPORTIVO USC - - OUTES DEPORTES CASAIS
4.- RODEIRO VETERANOS - - TERRA DE XALLAS
5.- VETERANOS DEL COMPOSTELA - - KUBOS LALIN 2001
6.- AGRICOLA SALGUEIRO TOURO - - DEPORTES CANEDA AMIO
7.- ALMACENES CANCELA TORDOIA - - RIVER SILLEDA
8.- SOGRANI PORTOSIN - - BAR NIETO CHAYAN

RESULTADO: CUNTIS - - AUTOMIC REC. BARBANZA

Partido bastante malo o xogado este sábado diante dos de Melide, o campo tampouco favoreceu xa que a pesar de ser de terra estaba bastante duro. O pouco interesante do partido pasou na primeira parte na que marcamos os goles e tuvemos algunha ocasión máis. Costounos casi media hora marcar o primeiro, nunha xogada no borde da area na que Monty se vai do seu par e cando se queda solo o defendensa derrubao, penalty sin discusión que marca Alberto ó seu estilo, imposible de parar. O segundo foi xusto antes do pitido do descanso, balón largo do porteiro que eles deixan salir pola linea de fondo, ainda que parecía imposible Monty rouballa ó defensa e cédella a Victor que tras recoller o rechace do porteiro do seu primer remate, marca o 2 a 0.

A segunda parte solo durou 10 minutos. Primeiro asustaron eles nun erro noso no pase en defensa na que o dianteiro se queda diante do porteiro pero este adivínalle a intención e envía a corner. Logo chegou a expulsión deles nunha patada por detras sen balón e sen sentido. A partir daquí foi todo menos un partido, eles facían o que podían con dez e nos cando mellor o tiñamos non demos uhna a dereitas, lamentable.

Bueno, non escribo máis que para o que fixemos bastante escribín. Ou hai alguén que ten máis que escribir?

GOLES: ALBERTO - VICTOR

XORNADA 21

Xornada Liga: 21    CUNTIS - ATL. MELIVET SANTISO

Hora: 16:30
Campo : A  Ran  ( ocupado As Canteiras con partido xuvenís)

Quiniela

Black Swan: 22/30--->73,33%+3
Piñeiro: 5/7------->71,43%
Correa: 60/98------->61,22%
Sueiro: 85/145------>58,62%+6
Otero: 84/145------>57,93%+6
Monty: 4/7-------->57,14%
Ramón: 54/98-------->55,104%+3
Nando: 73/145------>50,34%
TI: 20/53---------->37,74%

Como veredes non aparece na quiniela o resultado do Silleda co Portosín xa que polo dito no blog dos primeiros xa se xogou e rematou con empate a dous

1.- CUNTIS - - ATLETICO MELIVET
2.- BERTAMIRANS - - CLUB DEPORTIVO USC
3.- OUTES DEPORTES CASAIS - - RODEIRO VETERANOS
4.- TERRA DE XALLAS - - VETERANOS DEL COMPOSTELA
5.- KUBOS LALIN 2001 - - AGRICOLA SALGUEIRO TOURO
6.- DEPORTES CANEDA AMIO - - ALMACENES CANCELA TORDOIA
7.- AUTOMIC REC. BARBANZA - - BAR NIETO CHAYAN

Resultado: CUNTIS - ATLETICO MELIVET

Segunda ronda de copa disputada a partido único en Cuntis ante un equipo que está nas posicións altas na categoría inferior á nosa, polo que o ano que ven xogara na nosa categoría. Teñen un equipo bastante decente ainda que para estar arriba o ano que ven necesitan algo máis.

Partido que poidemos sentenciar nesta primeira parte xa que dispuxemos de algunhas ocasións máis a parte do gol que marcou Miguel a pase de Zález, era o 1 a 0 e que deixou incertidumbre de cara a segunda parte. A máis clara das nosas ocasión foi de Alberto que lle fai unha vaselina ó porteiro e da no pau non sabendo despois aproveitar o rechace.

No segundo tempo, co incerto do resultado e sen ter o partido controlado, presumiase complicado pero nos non ddeixamos que se acercaran á nosa portería, solo dispararon entre os tres paus en todo o partido en varias faltas ó borde da área. Pola contra, non non tuvemos tantas ocasións coma no primer periodo pero Alberto supo aproveitar unha mala cesión en defensa para marcar. Este gol xa clarificaou moito o panorama tanto nun lado como no outro xa que nunca peligrou a nosa clasificación

GOLES: MIGUEL - ALBERTO

;;