Búsqueda personalizada

Deixei correr un tempo para facer a cronica do partido de semifinales de copa para que se me fora olvidando a gran oportunidade perdida para chegar a nosa primeira final. Creo que fixemos todo o necesario para conseguilo e solo as circunstacias e o calor nos privaron delo.

Ante un partido tan importante presentámonos con 13 xogadores e con algunha baixa significativa en postos importantes que darían refresco a un equipo moi xusto. A idea tíñamola clara dende o partido de liga que nos enfrentou e no que os puxemos en apretos hasta que o árbitro decideu que nos non podíamos ganar. Así foi, moi xuntas as líneas e intentar meterlle medo en ataque, tal cual, ós vinte minutos, Nacho mételle un balón entre líneas a Jorge que se planta diante do porteiro e marca o 0 a 1. Quizás fora algo cedo para marcar pero sempre é mellor estar por diante e sabendo que eles iban a marcar seguro. Co paso do tempo o calor fixo moito dano no noso equipo, apenas sen cambios, e nos dez últimos minutos do primer período pagámolo caro xa que eles, moito máis frescos, conseguiron empatar nunha xogada polémica na que un xogador local empuxa ó defensa que iba a despexar e quédalle franco e botando dentro da area para marcar. A polémica continuou na siguiente xogada cando Nacho entra na área e é derribado por dous xogadores pero o árbitro prefireu non ver nada. E xa cando agonizaba a primeira e tamén o noso equipo co calor, unha falta ó borde da área entra na portería despois de dar no longueiro, foi o 2 a 1 co que se cheggou a un descanso que necesitábamos.

Na segunda parte o equipo recuperóuse do mazazo do segundo gol e do calor, e aproveitou tamén que o Maderas Ramos, supuxo que xa o tiñan feito, e sacou ós non habituales e empezamos a crearlle perigo e ós cinco minutos Victor De La Torre de perfecto testarazo á salida dun corner facía o 2 a 2 (un crack este tío). Os siguientes minutos foron de dominio constante noso e creo que foi o noso momento para poñernos por diante, con outra xogada polémica na que un xogador mantén agarrado a Nacho diante do árbitro pero nos non nos chamábomos Maderas Ramos e el non veu nada. Eles non esperaron e vendo o que se viña encima, ós dez minutos sacaron do campo ós que entraran no descanso e meteron ós "bos". O partido xa igualou máis pero transcurría sin demasiados sobresaltos nas duas porterías, eles sabían que podíamos facer daño nas contras e nos que eles en calquer momento nos poderían facer unha ocasión. E así foi, a falta de algo menos de quince minutos para acabar un erro na banda provoca que lle chegue un balón ó noso "amigo" Cortés que centra para que Moure marque o 3 a 2. Xogada entre ex-primeiras que nos costou a eliminación e a ilusión por xogar a final desvaneceuse xa que faltaba pouco e as forzas andaban xustas. Intentámolo en algún corner e xogadas aisladas para chegar ós penalties onde non tíñamos nada que perder.

Desilusión que ainda non se foi, polo menos a min e darlle moitas voltas a cabeza do que pudo ser e non foi.

GOLES: JORGE(1-->3) - VICTOR DE LA TORRE(1-->2)

;;