Búsqueda personalizada

DESPEDIDA TEMPORADA

SÁBADO 29
Programa:
20:00 ... Foto oficial temporada de todos os socios.
              Encontro entre socios no campo de As Canteiras.

21:15      Tomamos uns viños nos establecementos de costume.
22:00      Asamblea Xeral Ordinaria no  propio lugar da cea.
               Cea Fin Temporada no Pazo de Campo.


Sabendo que hai que facer os oportunos encargos, compre saber o número de asistentes, polo tanto confirmar con SMS para partido e cea antes do mércores pola noite.
Un saúdo e noraboa de novo polo bo partido feito na semifinal de copa.
Correa.

A Canción Da Semana

Se non mo recorda Xose xa se me olvidaba. O discurso faise algo largo polo que decidín poñer este video.

XORNADA SEMIFINAL COPA

SEMIFINAL COPA
Día :  SÁBADO 22 MAIO
MADERAS RAMOS - CUNTIS
Campo:  CALO
Hora encontro : 17:00
Saída lugar de costume : 15:45

Cuartos de final de copa, ó que ganara esperabao o Maderas Ramos o próximo sabado (casi nada).

O equipo dou a talla e estuvo á altura do partido e cos minutos foise facendo fuerte xa que no houbo grandes ocasións pero si moito traballoo en tódalas líneas e sabendo que calquer error podíase pagar caro y podría darnos ou quitarnos a victoria. Foi un encontro moi parecido ó que xogamos con eles na segunda volta pero esta vez non nos dominaron tanto.

No primeiro tempo todo o dito anteriormente foi válido, os achegamentos foron escasos e os porteiros nos pasaron máis apuros que os típicos de cada partido. Decir, que esto foi debido ó bo traballo do equipo. Como non podía ser doutra maneira, o empate a cero foi o resultado nos primeiros cuarenta e cinco minutos.

Na segunda parte, o partido abreuse un pouco máis e as ocasións foron mellores pero non moito máis abundantes xa que os equipos tomaban precaucións sabendo o que se xogaban. Destacar un dos poucos erros en defensa que case nos costa un gol pero que parou o noso porteiro e o mesmo fixo o porteiro visitante noutra gran ocasión de Miguel. Había moita tensión sobre todo a medida que pasaban os minutos e que se achegaba o final do partido. A falta de quince minutos chegou a xogada que pudo cambiar o sino do partido, Puga ten que tirar a un dos xogadores do Don Budi candose iba solo e a piques de entrar na área e o árbitro sácalle o cartón vermello. O que máis e o que menos pensou que nos esperaba unha defensa a ultranza. Pero cousas do futbol, nos tuvemos as mellores ocasións sobre todo a de Miguel que comentaba antes de Miguel. E pouco despois, nunha indecisión da defensa visitante, Ramón faise co balón dentro da area, regatea ó defensa e cando iba a tirar este agarrao e tirao, penalty claro que nadie discuteu. El guisa e el o comeu xa que el mesmo tirou o penalty e marcou o 1 a 0 e faltaban cinco minutos e o desconto que foron cerca de dez. Nos intentamos defender o resultado e salir en contras pero non chegaron a inquietar seriemente a portería salvo en faltas e balóns aéreos. Chegou o final pese o sufrimento da afición (a mellor entrada nos dez anos que levo no equipo) e superamos o noso teito na copa na historia do clube.

O sábado en Calo xogaremos a semifinal co Maderas Ramos, partido casi imposible xa que teñen algún xogador que calquera de nos ten visto na tele algunha vez en primeira división, pero non renunciaremos a presentar batalla.

Seria un milagro que sonara a flauta pero se sona aviso as nosas mulleres que non nos esperen para cenar nin levantadas.

GOL: RAMON(1)

Pouco había en xogo neste partido,salvo os tres puntos que non nos moverían da nosa posición na tabla. Ademáis, dos días despois tiñamos un partido moi importante para nos nos cuartos de final de copa, que sempre foi o noso teito nesta competición a partido único Como nos foi xa volo contarei mañán porque a Ramón ainda non lle dou tempo a contarllo a todo Cuntis.

Se alguén pode comentar algo máis do partido, agradeceriao.

O Delegado do Bertamiráns ven de comunicar que por razóns de ocupación do terreo de xogo o noso encontro terá que disputarse ás sete da tarde. Polo tanto a hora de saída será sobre as cinco e media do lugar de costume.
Encontro: BERTAMIRÁNS - CUNTIS
Hora: 19:00
Campo: Municipal de BERTAMIRÁNS
Hora de saída: 17:30

I BICIXACOBEO CUNTIS

Na ponte de Maio vimos de disfrutar dunha andaina polas terras galegas que percorre o Camiño de Santiago. Como corresponde á nosa Asociación Deportiva atendemos ao convite que nos fixo o Concello de Cuntis e unha boa representación do noso colectivo formou parte da expedición que percorreu uns 120 km en bici. Quedan estas imaxes coma mostra da nosa entrega, das dificultades e, como non, da chegada a Santiago.

Quiniela

Por fin, a última, xa se me estaba a facer algo largo esto.

MMC: 77/141------>54,61%
Nando: 79/162---->48,77%+6
Sueiro: 75/156--->48,08%+6
TI: 66/142------->46,48%+3
Otero: 72/155---->46,45%+3
Alberto: 79/155-->45,16%
Xose: 63/141----->44,68%+6
Rios: 33/81----->40,74%
Ramón: 14/35----->40,00%
Correa: 47/122--->38,52%

1.- PEPE NOYA - MADERAS RAMOS
2.- VAL DO DUBRA VETERANOS - AUTOMI REC. BARBANZA
3.- NEGREIRA VETERANOS - DON BUDI
4.- RESTAURANTE RIBADAVIA - HERMANOS COUTO BOQUEIXON
5.- BERTAMIRANS - CUNTIS VETERANOS
6.- ROSALIA F.V. - ROOMEL DODRO - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
7.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - MIRADOR DE PADIN

RESULTADO COPA: CUNTIS VETERANOS - DON BUDI

Este partido foi un resumen da nosa temporada, goles recibidos por errores nosos, somos capaces de remontar e poñernos por diante pero ó final sempre terminamos perdendo.

O partido apenas tuvo tensión nin bo xogo, o único importante do partido era o resultado final xa que os dous equipos xa tiñan dito nesta temporada. Empezamos perdendo con un gol en propia porta pero remontamos con goles de Nacho e Zález antes do descanso ó que se chegou co dous a un para nos.

Un gol moi rápido dos visitantes empatou o partido e descontrolounos e non fixemos un bo segundo tempo. Despois marcarían o definitivo dous a tres a pesar de que tuvemos algunha ocasión para empatar. Pero como non había nada en xogo fomos a tomarnos un pinchos os dous equipos a nosa sede. Pola noite cena con mulleres (algúns).

Para este fin de semana, dous partidos, un intrascendente en Bertamirás (ollo á hora) e outro o lunes co Don Budi, nos cuartos de copa

GOLES: NACHO(1-->11) - ZALEZ(1-->4)

A Canción Da Semana

O título vennos ó pelo

Quiniela

Veña que xa falta pouco

MMC: 77/141------>54,61%
Nando: 75/155---->48,39%+6
Sueiro: 72/149--->48,32%+6
TI: 66/142------->46,48%+3
Otero: 68/148---->45,95%+3
Alberto: 67/148-->45,27%
Xose: 58/134----->43,28%+6
Rios: 33/81----->40,74%
Ramón: 14/35----->40,00%
Correa: 47/122--->38,52%

1.- MADERAS RAMOS - VAL DO DUBRA VETERANOS
2.- NEGREIRA VETERANOS - AUTOMI REC. BARBANZA
3.- DON BUDI - RESTAURANTE RIBADAVIA
4.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - BERTAMIRANS
5.- CUNTIS VETERANOS - ROSALIA F.V.
6.- ROOMEL DODRO - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
7.- MIRADOR DE PADIN - PEPE NOYA

RESULTADO: CUNTIS VETERANOS - ROSALIA F.V.

A pesar do optimista que estaba a xente na encuesta, no comenzo do partido non se traduceu en motivación xa que na primeira media hora eles foron claros dominadores do choque, solo con salir enchufados bastoulle para apretarnos. Tamén é certo que se nos nos xogábamos a última oportunidad a deles era a penúltima e un resultado adverso para eles tería o mismo fin que o noso destino, o descenso. A consolación: que ainda ganando non nos chegaría.

Do partido, que contar, que nos dominaron unha media hora e fruto deso marcaron un gol. A entrada de Nacho no medio do campo cambiou o partido e logramos empatar antes do descanso con un gol del mesmo. 1 a 1 no descanso

Na segunda parte, con todo a favor, aire, eles feitos un flan en defensa con erros que non soupemos aproveitar chegou o 2 a 1 nun máis que posible fora de xogo e o 3 a 1 os dous minutos, que casi sentenciou o partido. O resto, querer e non poder, hasta que no final do partido marcan o 4 a 1 definitivo.

Quédanos a copa coa motivación de chegar a semifinales no partido do Luns 17 pero haberá que xogar duas xornadas de trámite para nos.

GOLES: NACHO(2-->10)

;;