Búsqueda personalizada

A Canción Da Semana

A petición de Xose do Rosalía, dedicámoslle esta canción a Rosa Diez, e tamén unhas palabras "Canta falta de ignorancia"

SUSPENDIDA XORNADA COPA

Segundo veñen de comunicarme,  atendendo ás recomendacións sobre o temporal previsto para o vindeiro fin de semana, a Agrupación suspendeu a vindeira xornada de copa prevista para este sábado 27.

Presentábase o primeiro dos seis partidos consecutivos de liga que temos na casa, como unha das finales que nos quedan para ter algunha opción para salvarse. Calquer resultado que non fose a victoria condenaríanos a media temporada sin nada polo que loitar.

A pesar da importancia do partido, o equipo estuvo bastante metido no partido e xogando decentemente, dispuxemos de algunha ocasión sobre todo entrando polas bandas, centros de Piñeiro e Nando crearon ocasións que non fomos capaces de materializar, algo quer non tardamos en pagar xa que nun dos poucos erros que tuvemos marcannos o 0 a 1. O que máis e o que menos pensou en que era a historia de tódolos sábados, moita ocasión pero sempre gañan os contrarios. Pero este equipo dende fai unhas xornadas é outro e non se dou por vencido e puxo ainda máis ímpetu para conseguir a victoria pero non había maneira de marcar, ocasión tras ocasión fallada, destacando a de Ríos diante do porteiro que non é capaz de materializar. Para máis inri, nun balón que se perde chega unha ocasión moi clara para eles ó plantarse un xogador solo dentro da área pero o seu remate vaise por arriba do longueiro, era inxusto, pero pudo ser o 0 a 2.Chegábamos ó descanso perdendo e con dúbidas polo resultado.

A segunda parte foi outro cantar, salimos enchufados e empezamos a encerrar ó rival no seu campo, e o pouco de empezar xa lle caeu o primeiro, nun tiro de Jorge que sale rebotado e que Nando, no segundo pau, manda as redes. Foi o punto de inflexión do partido xa que eles viñeronse un pouco abaixo e nos aproveitamos para pouco despois marcar o segundo nun centro de Jorge que Rios cruza de cabeza ó fondo da portería. Aquí xa estaban tocados e apenas salían do seu campo e as veces que o facían a nosa defensa, ben colocada toda a segunda parte, encargábase de desfacer calquer atisbo de ocasión, Era o momento de sentenciar o partido con un gol máis xa que solo iban dez minutos e en calquer error podían facernos un gol, pero os minutos foron pasando e nos non marcábamos e a incertidume do resultado estaba ahí. Eles non inquietaban pero nos non sentenciábamos, hasta que nunha xogada ben hilvanada dende atrás pola banda dereita acabou nun pase de Rios a Miguel que con moita sangue fría bate ó porteiro. Faltaban dez minutos para o final e o partido parecía resolto, a parte de polo resultado polo baixón que deron os visitantes na segunda parte.

Agora toca copa, Veteranos do Compostela, moitas baixas entre elas a de Zález que esperemos que esté pronto para xogar.

GOLES: NANDO(1-->2), RIOS(1-->4), MIGUEL(1-->7)
PASA POR CAIXA: JORGE (3-->9)

LESIÓN ZALEZ

O  noso compañeiro Zález vén de saír do quirófano onde lle foi practicada unha intervención sobre unha fractura-fisura no dedo que desprazaba o ligamento. Xeso tres semanas e recuperación. Os ánimos de todos os compañeiros neste momento "ghodidillo". Bicos Manolo.

A Cancion Da Semana

Xa que vos non pedides cancións, hai que nas pida. Esta vez un video musical.

Quiniela

MMC: 49/92------>53,26%
Nando: 50/106---->47,17%+6
Sueiro: 47/100--->45,16%+3
Otero: 47/106---->44,34%
Alberto: 46/106-->43,40%
TI: 43/100------->43,00%
Rios: 33/81----->40,74%
Xose: 40/99----->40,40%+6
Correa: 39/101--->38,61%
Ramón: 8/21----->38,10%

1.- BERTAMIRANS - PEPE NOYA
2.- ROSALIA F.V. - RESTAURANTE RIBADAVIA
3.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - NEGREIRA VETERANOS
4.- MIRADOR DE PADIN - VAL DO DUBRA VETERANOS
5.- ROOMEL DODRO - MADERAS RAMOS
6.- CUNTIS VETERANOS - AUTOMI REC. BARBANZA
7.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - DON BUDI

R: CUNTIS VETERANOS - AUTOMI REC. BARBANZA

Derrota que non reflexa para nada o que pasou no encontro mentras o árbitro quixo. Cando decideu que xa puxéramos en demasiados apuros ós locales, ó partido solo lle quedaba esperar o pitido final. Nada que non supéramos neste tipo de partidos.

Comenzamos defendendo ben as acometidas dun bo equipo pero creo que vai a menos. Pasan os minutos e xa empezamos a achegarnos a sua area, algo complicado xa que o árbitro non quería ver as faltas deles (non tiñan problemas en reconocer que si eran faltas, pero que eles nas iban pitar) e cando digo faltas non me refiero a faltiñas.A media hora decideu que xa nos achegáramos demasiado, incluido un tiro o pau de Jorge, e empezou a sacarnos tarxetas por decir calquer cousa e o equipo empezou a pensar máis en él que no partido. Cinco minutos despois, píllannos nunha contra e marca o un a cero. O partido non cambiou nos seguimos na misma tónica hasta que noutra falta moi clara que non pita e na que o xogador local pide disculpas, dille a Monty que as patadas lle doen porque non leva espinilleras, respondéndolle este que as patadas son patadas leve espinilleras ou non, polo que ante tal insulto expulsao. A parte xa aproveitou a xogada para quitarnos unhas tarxetas máis os que pasaban por alí. Ahí acabou o partido, para mais inri, na siguiente xogada á expulsión, marcan o dous a cero ó borde do descanso.

A segunda parte, foi un ataque continuo deles, ainda que nos tamén dispuxemos de algunha ocasión, e foronnos caindo o terceiro, cuarto e quinto. Xa ó final Miguel fixo o tanto do honor.

Non necesitan axudas para ganarnos pero se llo poñen en bandexa gana calquera. O árbitro xa nos cheirou mal cando o vimos xa que sempre que xogamos contra alí pásannos cousas raras cos árbitros. Supoño que solo serán casualidades... Tamén algún xogador local iba un pouco de sobrado cando estábamos con dez, eso faino calquera, tamén é certo que o puxeron a xogar cando ganaban holgadamente, por algo será.

GOL: MIGUEL (1-->6)
PASA POR CAIXA: MONTY (6-->9), CORREA(3), CONSTENLA (3), JORGE (3-->6), ZALEZ(3)
Esto foi o único bo das protestas

A Canción Da Semana

Hoxe imos facer un exercicio de motivación ante o partido complicado que teremos mañán. Imaxinadevos a Rocky subindo a escaleiras, ca música sonando de fondo, o cun único fin a victoria.



Para motivar e tamén como victoria épica vale esta.

xornada 17

Xornada 17: Sábado 13 febreiro
MADERAS RAMOS - CUNTIS
Hora encontro : 4:15
Campo : Calo
Hora de saída: 3 da tarde do lugar habitual.

Quiniela

O mellor da xornada foi Nando que acertou seis e ademáis por segunda vez na temporada acertou o resultado

MMC: 45/85------>52,94%
Nando: 47/99---->47,47%+6
Sueiro: 42/93--->45,16%+3
Alberto: 43/99-->43,43%
Otero: 43/99---->43,43%
TI: 40/93------->43,01%
Rios: 33/81----->40,74%
Xose: 40/99----->40,40%+6
Correa: 37/94--->39,36%
Ramón: 8/21----->38,10%

1.- BERTAMIRANS - ROSALIA F.V.
2.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - RRESTAURANTE RIBADAVIA
3.- NEGREIRA VETERANOS - MIRADOR DE PADIN
4.- ROOMEL DODRO - VAL DO DUBRA AUTOS CAMBON
5.- MADERAS RAMOS - CUNTIS VETERANOS
6.- AUTOMI REC. BARBANZA - HERMANOS COUTO BOQUEIXON
7.- PEPE NOYA - DON BUDI

R: MADERAS RAMOS - CUNTIS VETERANOS

Punto que non ten moita importancia de cara a clasificación xeral pero si para o ánimo do equipo xa que fixo un bo traballo que merecía unha recompensa, na línea dos dous últimos partidos de liga (o de copa mellor olvidalo).

A primeira parte empezou mal para nos xa que quixemos xogar sin moito patadón, e así nos foi, xa que eles xa sabían que coas dimensións do campo a única maneira de facer algo era meter balóns arriba e olvidarse do medio do campo. Levounos dez minutos decatarnos, o problema e que xa tíñamos un ó lombo, en posible fora de xogo pero que era o 1 a 0. O xogo convertiuse nunha loita de balóns aéreos na que os locales quitaban bastante os codos de paseo. Poucas ocasións neste período, destacar un bo tiro de Jorge, pouco despois do gol deles, que parou o porteiro e algunhas faltas nosas que crearon certo perigo.

Na segunda parte, estuvemos máis asentados no campo pero a reducidas dimensións do campo, sobre todo ó ancho facía que non houbera hocos ainda que a nosa sensación de perigo medraba cos minutos. Eles tamán dispuxeron de algunha boa ocasíón, todas de balóns largos, pero non conseguiron marcar. A falta de cinco minutos e cando máis apretábamos, Miguel recolle un balón morto na área e marca o empate. Daba a sensación de que se podía conseguir algo máis pero quedaba pouco tempo e non pudo ser ante un equipo que non demostrou, para nada, a sua clasificación.


GOL: MIGUEL (1-->5)
PASA POR CAIXA: NACHO (3)

A Cancion Da Semana

Esta semana non tuven moitas ideas, ademáis vos non dedicades ningunha canción. Eu esta semana dedícolla a Rios que fai tempo que non se lle ve o pelo. A canción, como non, The River do Jefe

Atendendo ao aviso do delegado do Val do Dubra o encontro correspondente á 16 xornada cambia de horario polo que:

Sábado 6 febreiro
VAL DO DUBRA - CUNTIS
Hora:  6  da tarde
Campo. A Telleira -Bembibre  Val do Dubra ( herba sint)
Saída : ás catro e media do lugar de costume.

Quiniela

Despois da copa volve a liga e con ela a quiniela

MMC: 41/78------>52,56%
Sueiro: 39/86--->45,35%+3
Nando: 41/92---->44,57%+3
Alberto: 39/92-->42,39%
Otero: 39/92---->42,39%
TI: 36/86------->41,86%
Xose: 38/92----->41,30%+6
Rios: 33/81----->40,74%
Correa: 34/87--->39,08%
Ramón: 8/21----->38,10%

Otero acertou os cinco acertos desta semana con dosu partidos aplazados, o meu can tamén pilla algunha mosca de vez en cando.

1.- ROSALIA - PEPE NOYA
2.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - BERTAMIRANS
3.- MIRADOR DE PADIN - RESTAURANTE RIBADAVIA
4.- ROOMEL DODRO - NEGREIRA VETERANOS
5.- VAL DO DUBRA VETERANOS - CUNTIS VETERANOS
6.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - MADERAS RAMOS
7.- DON BUDI - AUTOMI REC. BARBANZA

RESULTADO: VAL DO DUBRA VETERANOS - CUNTIS VETERANOS

Superámonos. Cando xa parecía que tocáramos fondo e non se podía xogar peor, nos facemos o máis difícil todavía e facemos un partido indecente dun equipo que quere seguir en división de honor. Solo nos salvou que, ó ser de copa, e ser un equipo de inferior categoría (para o ano xa estaremos na mesma) non supo aproveitar a nosa desfeita no campo. Calquer equipo de división de honor houbéranos dado unha boa quenta.

Víñamos de xogar dous partidos bastante serios e parecía que o equipo empezaba a coller unha línea ascendente pero xa se veu na primeira parte que fora un espellismo xa que calquera que estuvera na grada pudo observar o lamentable espectáculo futbolístico que demos. Con estas premisas solo se podía chegar o descanso co empate inicial.

Na segunda melloramos algo, pouco, pero polo menos marcamos un gol por medio de Monty nun balon que lle rouba o defensa dentro da área, e ó non despexar, rouballe a carteira e marca. Pouco máis, un tiro o poste de correo xa terminando o partido e pouco máis. O rival creounos algo de perigo na primeira parte co seu dianteiro pero na segunda acabóuselle a gasolina e disipouse.

Quedarémonos con que pasamos de ronda, que ó final e o que conta, e olvidarémonos do xogo que fixemos. O 27 de Febreiro xogaremos cos Veteranos do Compostela, no seu campo e tamén a partido único, que eliminou ó Rodeiro por 4 a 1

GOLES: MONTY (1)
PASA POR CAIXA: JORGE (3-->6)

;;