Búsqueda personalizada

Quiniela

Poucos acertos esta semana e a clasificación sufre poucos cambios.

MMC: 24/48------>50,00%
Rios: 25/55----->45,45%
Nando: 24/55---->43,64%+3
Alberto: 24/55-->43,64%
TI: 23/55------->41,82%
Sueiro: 22/55--->40,00%+3
Correa: 22/55--->40,00%
Otero: 21/55---->38,18%
Xose: 21/55----->38,18%
Ramón: 5/14----->35,71%

A ver que tal se nos da a desta semana

1.- VAL DO DUBRA VETERANOS - NEGREIRA VETERANOS
2.- RESTAURANTE RIBADAVIA - MADERAS RAMOS
3.- BERTAMIRANS - AUTOMI REC. BARBANZA
4.- ROSALIA F.V. - DON BUDI
5.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - HERMANOS COUTO BOQUEIXON
6.- MIRADOR DE PADIN - CUNTIS VETERANOS
7.- ROOMEL DODRO - PEPE NOYA

RESULTADO: MIRADOR DE PADIN - CUNTIS VETERANOS

P.D. Como xa veriades na páxina da Agrupación tocounos na copa co Talleres Ventosa en Cuntis

A Canción Da Semana

Que mellor canción para nos neste momento!!!

De nada vale xa decir o ben que xogamos e que sempre perdemos porque xa aburre e ademáis sona a disculpa. O certo e que merecemos ter máis puntos dos que temos pero tamén debemos de asimilar a situación na que estamos e, posiblemente, a donde nos conducirá e que se pasa o que parece que vai pasar o equipo non se desmembre co paso das xornadas.

O partido desta semana foi distinto os anteriores, porque, a verdade e que non xogamos ben e ainda así estuvemos con opcións de quitar algo positivo. Nos primeiros minutos salimos algo dormidos e con moitas pérdidas de balón pero encontrámonos con un gol de Jorge nun corner ó cuarto de hora que nos estabilizou no encontro e ademáis o rival cada vez tiña máis problemas para crear ocasións. Pero, o de sempre, cando parece que está todo controlado, chega un corner e márcannos o empate que nos levaría ó descanso.

A segunda parte tuvo o seu momento determinante na expulsión de Monty ós dez minutos nunha xogada moi discutida na que forcexeando con un delantero, cede con claridade o balón de cabeza ó noso porteiro e o rival cae na área. O árbitro pita penalty e expulsión. O penalty fállano pero quedamos con dez que era moito máis lastre que o propio penalty. Logo de varías xogadas marcan o 2 a 1 e pouco despois o 3 a 1 no colmo da mala suerte o xogador local tira a portería o porteiro rechaza pégalle na perna ó xogador pega no pau e entra. Creo que ahí nos demos conta de que ese partido non era para nos, pero tamén vimos que o Roomel, a medida, que pasaba o partido deixaba xogar máis, o que aproveitou Nacho para marcar o 3 a 2 e cerca estuvemos de empatar o partido nun remate de Correa. Eles rematando o partido marcan o 4 a 2 e xa non houbo máis que facer.

O CRACK DO PARTIDO: Esta semana non hai xa que parece que os males do equipo veñen por este premio.

O KILLER: Jorge, que marcou non corner que el mesmo provocara despois dun tiro lonxano

O MURO: que muro?

A CLAVE: A xogada da expulsión de Monty

GOLES: JORGE (1-->2), NACHO(1-->4)

PASA POR CAIXA: PUGA (3)

CEA SAN MARTIÑO

ANDAMOS POLO MES DE SAN MARTIÑO,
CASE NINGUÉN SABE BOTAR O TROMPO
 E A MAIOR PARTE DA PANDA,
LAMBE DA CASA DE SEUS PAIS O PORQUIÑO.

COMO AS COUSAS NON VAN POR MOI  BO CAMIÑO,
CONVÉN FALAR AMODIÑO,
DESTE XEITO A XENTE NOVA DESTE "EQUIPIÑO",
 ARGALLA DE XUNTARNOS ESTE SÁBADO,
UN POUCO DE CHURRASCO, UN BO VIÑO...
E O QUE SE ATOPE POLO CAMIÑO.

VÉMONOS NO FERRANCHO -ANLLADA ÁS DEZ,
PARA QUE NON SE PERDA NINGUÉN
TOMAREMOS UNHA CUNCA DE VIÑO
NA DE MERCHI ÁS NOVE E MEDIA,
E LOGO  ...

A Cancion Da Semana

A pesar dos resultados solo nos queda loitar hasta o final como gladiadores, e sei que o faremos

Quiniela

Cambio outra vez de lider e empézanse a marcar as primeiras diferencias

MMC: 21/41------>51,22%
Alberto: 23/48-->47,92%
Rios: 23/48----->47,92%
TI: 22/48------->45,83%
Nando: 22/48---->45,83%+3
Sueiro: 21/48--->43,75%+3
Correa: 19/48--->39,58%
Otero: 19/48---->39,58%
Xose: 19/48----->39,58%
Ramón: 5/14----->35,71%

Quinto partido noso consecutivo xogando fora, a ver si este por fin é un dous
1.- NEGREIRA VETERANOS - PEPE NOYA
2.- VAL DO DUBRA VETERANOS - RESTAURANTE RIBADAVIA
3.- MADERAS RAMOS - BERTAMIRANS
4.- AUTOMI REC. BARBANZA - ROSALIA F.V.
5.- DON BUDI - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
6.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - MIRADOR DE PADIN
7.- ROOMEL DODRO - CUNTIS VETERANOS

RESULTADO: ROOMEL DODRO - CUNTIS VETERANOS

A historia de tódolos sábados, xogamos tan ben ou mellor que o contrario pero perdemos sempre, este sábado non foi unha excepción. Válenos o dito de xogamos coma nunca e perdemos coma sempre.

Non me vou a parar a detallar as ocasións, senón estaría aquí hasta mañan, así que falarei en xeral. Na primeira parte demos un recital de xogo, sen apenas deixar xogar ós locales e sin que crearan ocasións, nos dedicámonos a estragalas, desde tiros o pau a xogadas ben trenzadas que non se conseguían materializar en gol. Unha pena, xa que á media hora, falta discutida xusto no borde da área e gol pola escuadra do Pepe Noya, 1 a 0. Vimoslle as orellas ó lobo e no tempo que quedaba seguimos co mesmo xogo e agora si chegan os goles primeiro Ríos e despois Miguel pasaban do un a cero ó un a dous en pouco tempo. Lástima que acabara a primeira parte porque lles caería algún gol máis.

Na segunda, empezou outro partido. Eles foron máis ó ataque e nos á contra poidemos sentenciar con uns cuantos goles máis. Pero o de sempre, nos perdonamos e a nos non nos perdonan nin unha, asi mediada a segunta parte e tras varios rechaces empatan o partido. A partir daquí chegaron as nosas ocasións máis claras pero que, por unhas cousas ou por outras, non fomos quen de marcar. Xa nos temíamos o de sempre, ó final nunha xogada, márcannos e acabouse o partido. Dito e feito, balón longo, dianteiro en fora de xogo pero que marca o gol e sin tempo para facer nada máis. 3 a 2, resultado final, que non fixo xustiza ó visto no campo pero algún día terá que facerse. Por intentalo que non sexa.

Por certo, o árbitro tiña un certo tufillo caserillo.

O CRACK DO PARTIDO: Voullo dar a Ríos sobre todo porque tirou bastante do equipo na segunda parte, amén do gol

O KILLER: Miguel, que marcou o seu primer gol e esperemos que o primeiro dunha gran racha

O MURO: Monty, que se estrenou de libre ainda que na segunda parte complicou algún balón na área

A CLAVE: A nosa falta de gol

GOLES: RIOS (1-->3), MIGUEL(1)

PASA POR CAIXA: DIEGUEZ (6-->12), JAIME (3)

A Canción Da Semana

Hoxe poño duas cancións, para que nos relaxemos e estar como novos o sábado. A primeira "Relax" e púxena para os que prefieren algo movido e porque ca siguiente algún vaiseme dormir.


Esta poñoa porque e das mellores para desconectar, a min e dos poucos temas que me "resetea". Salía nos oitenta no programa "A aventuras das plantas". Impresionante.

1

Co ánimo de xustificar os erros do porteiro propóñovos unhas imaxes que nos veñen a demostrar que non hai mala fe nin outras preocupacións, Josi évos así...



" Case a pillo ... mecachis!"

"Se o fago mal de porteiro, non teño problema para xogar de lateral, toma nota Otero,..."


Xa que a motivación nin os rollos pre-partido serven de moito haberá que pinchar no persoal, deste xeito a algúns viralles o xenio, digo eu.





Quiniela

Co ánimo baixo despois do resultado do sábado, imos xa coa quiniela desta semana para ir centrándonos no proximo partido

TI: 20/41------->48,78%
Nando: 19/41---->46,34%+3
Alberto: 19/41-->46,34%
Rios: 19/41----->46,34%
MMC: 15/34------>44,12%
Correa: 17/41--->41,46%
Sueiro: 16/41--->39,02%+3
Otero: 15/41---->36,59%
Xose: 15/41----->36,59%
Ramón: 5/14----->35,71%

Todo sigue casi igual xa que casi todos tuveron o mismo número de acertos

1.- RESTAURANTE RIBADAVIA - NEGREIRA VETERANOS
2.- BERTAMIRANS - VAL DO DUBRA VETERANOS
3.- ROSALIA F.V. - MADERAS RAMOS
4.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - AUTOMI REC. BARBANZA
5.- MIRADOR DEPADIN - DON BUDI
6.- ROOMEL DODRO - HERMANOS COUTO BOQUEIXON
7.- PEPE NOYA - CUNTIS VETERANOS

R.- PEPE NOYA - CUNTIS VETERANOS

Normalmente, para puntuar en partidos igualados e contra equipos superiores, necesítase algo de sorte, esa misma que o ano pasado nos votou algunha man e que este nos ten abandonados. Este sábado non foi unha excepción.

Afrontamos o partido con un esquema de xogo, un pouco máis defensivo que outros días, polo respeto a un equipo que fai goles con facilidade. Acertamos neste punto xa que lle costou bastante crear ocasións, é máis, na primeira parte solo cabe destacar unha ocasión, un disparo que rechaza no porteiro e vaise ó longueiro. Si, tiñan o control do xogo, pero non xogaban con facilidad, xa que sempre había algún dos nosos mediocampistas que desfacía o ataque rival. Tamén é verdade que nos pouco incordiamos a portería dos locales. Polo tanto, 0 a 0 o descanso, coa satisfacción de estar facendo ben o traballo.

Como se di nestes casos, que non nos marquen pronto. Esa era a consigna para a segunda parte. E fixemos máis que eso, túvemelos á raia e o partido sigueu polo mismo camiño que a primeira parte, dominio deles sen ocasións e nos defendendo ben. Pero como a can fraco todo son pulgas, mediado este periodo saque do porteiro de fondo que se queda corto, recolleo o dianteiro, regatea ó porteiro e tras pegar o balón en Puga entra na portería, 1 a 0. A verdade e que se poñía complicado xa que nos apenas tuvéramos ocasións claras e agora tocábanos marcar. Pronto se nos presentou a ocasión para marcar (e a máis clara) nun balón rechazado que lle cae nos pés a Ríos, que solo ante o porteiro dispara ó longueiro. Despois chegou outra ocasión na que o balón pega no pau nunha xogada embarullada na que se termina por pitar falta ó porteiro. O tempo acabábase pero xa no desconto márcannos o 2 a 0 co que terminou o partido xa que nada máis sacar de centro o árbitro pitou o final.

Supoño que non nos durará sempre a mala suerte, e a boa hai que buscala. O sábado temos a ocasión de resarcirnos pero solo xogando o noso mellor nivel podemos ganar os partidos.

O CRACK DO PARTIDO: Volvemos a deixalo desierto esta semana, como estímulo para que a xente se pique por salir aquí

O KILLER: O primer partido que quedamos sen marcar

O MURO: O traballo dfensivo de todo o equipo tuvo mérito. Non se fixo mal partido a pesar do que parezca o marcador

A CLAVE: O gol no erro no saque de portería. Non creo que marcaran sen esa axuda

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O mesmo que a semana pasada, é un equipo bastante completo no que non sobresaleu nadie

PASA POR CAIXA: MONTY (3)

A Canción Da Semana

Escribía, o outro día, o noso compañeiro Xosé no blog do Rosalía un alegato (no que estou dacordo) a favor dos equipos de veteranos que somos algo máis que equipos e que o partido non acaba cando o árbitro pita o final senón bastante máis tarde. ¿A que ven esto? Pois que este ano preséntase moi complicado para salvar a categoría e que eses post partidos farán que o equipo non se desmembre coas derrotas. Elexín esta canción porque a estas alturas a salvación é un soño pero cando se desexan moito, os soños cúmplense (se é que cando me poñe nostálxico...)

Quiniela

Cambio de lider, TI festexa o cambio de nome. Polo demáis poucos acertos

TI: 16/34------->47,06%
Nando: 15/34---->44,12%+3
Alberto: 15/34-->44,12%
MMC: 15/34------>44,12%
Rios: 15/34----->44,12%
Sueiro: 13/34--->38,24%+3
Correa: 13/34--->38,24%
Otero: 11/34---->32,35%
Ramón: 5/14----->35,71%
Otero: 11/34---->32,35%
Xose: 11/34----->32,35%

A ver si afinamos a puntería esta semana

1.- PEPE NOYA - RESTAURANTE RIBADAVIA
2.- NEGREIRA VETERANOS - BERTAMIRANS
3.- VAL DO DUBRA VETERANOS - ROSALIA F.V.
4.- MADERAS RAMOS - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
5.- AUTOMI REC. BARBANZA - MIRADOR DE PADIN
6.- DON BUDI - ROOMEL DODRO
7.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - CUNTIS VETERANOS

RESULTADO: HERMANOS COUTO BOQUEIXON - CUNTIS VETERANOS

Pouco que contar deste partido, no que non estuvemos ben e solo a incertidumbre do resultado puxo a pouca emoción que tivo o encontro. Encontrámonos con un equipo que pouco tiña que ver co que era o Casa Barqueiro, xente fuerte, alta, ben colocada no campo e rocosa á hora de intentarse ir deles.

Na primeira parte e coas premisas arriba descritas, foi, para min, na que mellor estuvemos, xogamos de ti a ti, vendo as armas deles pero sen deixar que nos dominasen e dándolle algún susto que os facían pensar que non as tiñan todas consigo. De todas maneiras, o balón era deles e nos empezamos a perdelo máis rápido a medida que pasaban os minutos e así a dez minutos para o descanso balón despejado que lle cae a un dos delanteros que estaba solo e co balón botando manda un zapatazo que pega no pau da escuadra e entra, tamén é certo que como entrou por ahí pudo ir a calquer outro lugar dos arredores do campo. Este foi o punto de inflexión do partido xa que as dúbidas que lles estábamos a xenerar, despexáronas despois deste tanto e xogaron máis tranquilos.

Na segunda parte, si, tuvemos algunha ocasión na que non había nadie para empuxala, incluso os tiros de Jorge pero o problema foi que fixemos un xogo moi embarullado, sin ningún tipo de control, lentos, dous pases seguidos xa eran bastantes, etc Pero o corto do resultado creaba incertidumbre, Pero nun despiste defendendo unha falta, cóstanos o segundo gol que xa parecía definitivo. Máis con corazón que cabeza intentámolo timidamente, e xa nos últimos minutos do partido, Ríos, marca nun balón que recibe de cara de Nacho. Este gol, o 2 a 1, dounos algunha esperanza ainda que faltaban poucos minutos, e queríamos darlle polo menos un susto nas últimas xogadas, pero non puido ser, e eles na xogada final do partido marcan o 3 a 1 co que terminou o partido.

O CRACK DO PARTIDO: Queda desierto nesta xornada

O KILLER: Ríos, polo gol

O MURO: Por unanimidade, Manolo Dieguez

A CLAVE: As dificultades que tuvemos para crear.

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Un equipo bastante completo en todalas suas líneas

GOLES: RIOS(1-->2)

PASA POR CAIXA: RIOS (3)

;;