Búsqueda personalizada

A Canción Da Semana

Esta semana necesitamos gañar, necesitamos coller aire e respirar

Sorteo de Copa

Aquí tendes o resultado do sorteo de copa, no que cabe resaltar que libramos da ronda previa e que xogare,os en Cuntis co Talleres Ventosa ou co River Silleda. A verdade é que a nosa parte do cuadro non é tan complicada como a da primeira parte que xa vedes que equipos hai, tamén decir que nos na copa facemos amigos en tódolos lados e non pasamos unha ronda nin de coña, a ver si este ano é a excepción.

O dito, o cuadro final

Sorteo de Copa

Quiniela

Esta semana solo hay 6 signos xa que un partido non se xogou. Prodúcese un quintuple empate en cabeza, sigue Nando primeiro xa que acertou o resultado nunha xornada

Nando: 13/27---->48,15%+3
Alberto: 13/27-->48,15%
Eu: 13/27------->48,15%
MMC: 13/27------>48,15%
Rios: 13/27----->48,15%
Sueiro: 11/27--->40,74%+3
Correa: 11/27--->40,74%
Otero: 10/27---->37,04%
Ramón: 5/14----->35,71%
Xose: 9/27----->33,33%

A ver que nos depara a próxima xornada.

1.- BERTAMIRANS - RESTAURANTE RIBADAVIA
2.- ROSALIA F.V. - NEGREIRA VETERANOS
3.- UNIVERSIDADE SANTIAGO - VAL DO DUBRA VETERANOS
4.- MIRADOR DE PADIN - MADERAS RAMOS
5.- ROOMEL DODRO - AUTOMI REC. BARBANZA
6.- DON BUDI - CUNTIS VETERANOS
7.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - PEPE NOYA

R: DON BUDI - CUNTIS VETERANOS

P.D. Para o que firma como EU. Se podes cambia de nombre para que non pensen que son eu. Se o fas, indicame que nome escolles cando cubras a quiniela

Partido que nos deixou un mal sabor de boca visto o que sucedeu durante os noventa minutos, nos que no cómputo xeral do partido fomos superiores.

A primeira parte foi un monólogo noso, puxemos o xogo e sobre todo as ocasións e os locales apenas se acercaron a nosa portería. Neste período pudemos haber sentenciado o partido de non perdoar algunha das ocasións claras que tuvemos, destacando por encima de calquera a que errou Miguel tras recoller un rechace no borde da área pequena, e a porta baleira envia o balón por encima do longueiro, increible. Tamén disfrutaron de ocasións Nacho e Ríos. Este último marcaría a falta de cinco minutos para o descanso, nun balón que lle pon Miguel a huevo, para de volea, no segundo pau, marcar a placer. Sin pasar apuros, co dominio do xogo e con cero a un chegamos ó descanso.

O típico que se di nestes casos, atentos no comenzo da segunda parte, atentos nos primeiros compases nos que supoñiamos intentarían apurarnos. Neste caso estuvemos moi atentos e seguimos na dinámica da primeira parte, control de balón e ocasións, así tras unha boa xogada e con balón entre líneas que lle pon de novo Miguel a Nacho, este regatea ó porteiro e marca o cero a dous. Nese momento, creo que o que máis ou que menos pensou que o partido era noso. Pero nos non podemos ter un erro por que o pagamos caro e así foi como chegou o primer gol dos locales, nunha xogada que xa sale mal de principio e termina nun corner no que nos marcan o un a dous, pouco despois do noso gol. Démoslle vida a un equipo que lle quedaban minutos de vida, o partido nivelouse en canto a perigo nas áreas e nesa loita perdemos xa que cinco minutos despois do primer gol caenos o segundo, nunha boa xogada do seu interior izquierdo que chega hasta a cociña e marca polo pau corto. Sabiamos que era o único xogador que podía crearnos problemas e ainda tuvo outra ocasión similar. Polo noso lado tamén tuvemos algunha máis na que destaca a de Monty o recoller un balon que lle cae ó porteiro pero que estrella nun defensa. O final dous a dous que nos deixou tocados, nun partido que nunca debeu de escaparnos ante un equipo inferior.

O CRACK DO PARTIDO: Complicado destacar a un solo xogador xa que estúvose nun nivel parecido, pero voullo dar a Ríos, tamén influe que marcou un gol.

O KILLER: Nacho que xa leva tres.

O MURO: Os do medio do campo axudaron bastante á defensa excepto no tramo final do partido.

A CLAVE: Non cerrar antes o partido

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Creo que estamos todos de acuerdo, e con moita diferencia foi o interior izquierdo, o número 17.

GOLES: RIOS(1), NACHO(1-->3)

A Canción Da Semana

Ventos de cambio no noso banco.

A crónica pasouma un anónimo , coa condición de que non cambie nada do que escribeu, a ver se adivinades quen foi.

O partido durou para nos vinte minutos que foi o que tardaron en abrir o tarro, por certo con unha pequena axudiña arbitral ainda que non creo que lle fixera moita falta. Cando marcaron o cero a un e o cero a dous parecía que nos ían arrollar pero nunha boa xogada persoal, Jorge, marca o un a dous e levantounos un pouco a moral, digo un pouco porque a renglón seguido eles marcan de novo e a partir de ahí fan de nos un pandeiro hasta que Ramón marca o 2 a 7 nun balón que rouba Nando.

Este equipo está claro que non é da nosa liga, pero ainda así se o porteiro titular, ou digo, o único porteiro que temos se deixara de construir cortellos e viñera a xogar igual non nos facían semellante roto (ou si)

De todos modos esto xa parece un equipo de verdad, antes iamos catro a tomar os pinchos agora imos case todos, antes berrábamos dous no campo agora berramos cinco ou seis, si señor, xa empezamos a traballar en equipo. Por certo, Domin presentou a sua dimisión que non lla aceptou nin o público presente nas gradas,nin os xogadores. Agora que se vai a pasalo tan mal como di, non é cuestión de que siga sufrindo co bo rapaz que é.

Agardemos que nos poñamolas pilas para a vindeira xornada e fagamos un partido serio que é o que precisamos para non pasar apuros ó final.

P.D. Don Jaime, non bebas a auga dos demais, sobre todo a de Monty

Bueno, esto foi todo o escrito polo noso cronista desta semana. Como vedes na encuesta gañou que volva a historia do Crack, Muro e demáis pero o non poder asistir empezamos con eso para a semana. Por certo, para os que non saben o que é a ver si nos siguen máis a menudo.

GOLES: JORGE (1), RAMON (1)
PASA POR CAIXA: DIEGUEZ (3-->6)

Quiniela

Á espera de que alguén me envíe unha crónica ó correo, xa vou adelantando a quiniela.

Nando: 10/21---->47,62%+3
Eu: 10/21------->47,62%
Alberto: 9/21-->42,86%
MMC: 9/21------>42,86%
Rios: 9/21----->42,86%
Sueiro: 8/21--->38,10%+3
Ramón: 5/14----->35,71%
Correa: 7/21--->33,33%
Otero: 6/21---->28,57%
Xose: 6/21----->28,57%

Esta semana houbo bastantes acertos, tamén cambio de lider e o campeon semanal foi Rios que acertou todos los resultados menos... o noso

1.- PEPE NOYA - BERTAMIRANS
2.- RESTAURANTE RIBADAVIA - ROSALIA F.V.
3.- VETERANOS NEGREIRA - UNIERSIDADE
4.- VAL DO DUBRA VETERANOS - MIRADOR DE PADIN
5.- MADERAS RAMOS - ROOMEL DODRO
6.- AUTOMI REC. BARBANZA - CUNTIS VETERANOS
7.- DON BUDI - HERMANOS COUTO BOQUEIXON

RESULTADO: AUTOMI REC. BARBANZA - CUNTIS VETERANOS

A Canción Da Semana

Hoxe dedicámoslle a canción, a nosa sede, o bar O TRASPASO. Creo que o ten ben merecido por como nos tratan.

QUINIELA

Este ano temos unha disculpa por non facer ningún pleno e non é outra que os resultados que se están dando, raros, raros, raros,...

Alberto: 6/14-->42,86%
Nando: 5/14---->35,71%+3
Eu: 5/14------->35,71%
MMC: 5/14------>35,71%
Sueiro: 4/14--->28,57%+3
Ramón: 2/7----->28,57%
Correa: 3/14--->21,43%
Otero: 3/14---->21,43%
Rios: 3/14----->21,43%
Xose: 3/14----->21,43%

Decirlle a antonimo que a quiniela que votou era a da semana pasada polo que ten que volver a cubrir esta.

1.- ROSALIA F.V. - BERTAMIRANS
2.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - RESTAURANTE RIBADAVIA
3.- MIRADOR DE PADIN - NEGREIRA VETERANOS
4.- VAL DO DUBRA - ROOMEL DODRO
5.- CUNTIS VETERANOS - MADERAS RAMOS
6.- HERMANOS COUTO BOQUEIXON - AUTOMI REC. BARBANZA
7.- DON BUDI - PEPE NOYA

RESULTADO: CUNTIS VETERANOS - MADERAS RAMOS

Partido da nosa liga e creo que os dous equipos estaremos en posicións similares ó final do campeonato.

Na primeira parte nos puxemos as ocasións e eles o control do balón e a practicidade xa que con poucas ocasións chegoulle para ir ó descanso ganando cero a un. Foi nun balón á espalda da defensa que tiña que haber salido o noso porteiro (mea culpa)pero que duda e non sale, o dianteiro acepta o regalo e marca. Unha lástima xa que pouco antes Miguel tirara ó longueiro. Intentámolo pero eles movían bastante o balón e facíannos correr ainda así a medida que pasaban os minutos fomos impoñéndonos no xogo, ainda que cargamos moito o xogo pola banda dereita, que no fixo mal, pero desperdiciamos a Jorge no lado izquierdo moito máis desequilibrante.

O segundo tempo cambiou bastante, sobre todo porque eles saliron bastante atrás, supoño que para pillarnos á contra e nos seguimos empeñados na banda dereita como se lle tuvéramos manía ó lado contrario. Tamén hai que decir que Nando nesta metade estuvo mellor, doblou ben a banda e creou bastante peligro. Creamos ocasións pero o gol chegou na máis rara, despois de rematar duas veces ó longueiro o balón chega a Nando que remata de cabeza facendo un empate que sería definitivo pero que nos deixou un mal sabor de boca e que no vestuario tomámolo como unha derrota xa que de estar un pouco mellor, era un partido ganable.

GOLES: NANDO (1)
CARTONS AMARELOS: DIEGUEZ (2), NANDO (1)

A Canción Da Semana

Esta semana non tiña moi claro que canción poñer xa que para o "we are the campions" é moi cedo, por eso decidinme por esta, xa que o sábado pasado non choveron homes(IT'S RAINING MEN) como di a canción pero pouco lle faltou. Espero que vos guste que xa vexo que hai moito exquisito no equipo

Quiniela

Como falei a semana pasada, este ano vai haber cambios na quiniela. Outro deles é que a puntuación vai a ser en porcentaxes xa que así a xente que non a bote algunha vez non perde a oportunidade de ganar, eso si, débese participar como mínimo 18 xornadas.

Sin máis voltas, resultados desta xornada e primeira clasificación

Alberto: 4/7-->57,14%
Nando: 3/7---->42,85%+3
Sueiro: 3/7--->42,85%+3
Correa: 3/7--->42,85%
Eu: 3/7------->42,85%
MMC: 3/7------>42,85%
Otero: 2/7---->28,57%
Rios: 2/7----->28,57%
Xose: 2/7----->28,57%

Esto empeza como terminou o ano pasado con Alberto de primeiro pero ollo os puntos positivos que poden desnivelar a balanza cando se sumen. A cousa estuvo bastante igualada sobretodo porque houbo bastantes sorpresas na xornada, a ver que pasa na siguiente.

1.- AUTOMI REC BARBANZA - DON BUDI
2.- MADERAS RAMOS - HERMANOS COUTO BOQUEIXON
3.- CUNTIS VETERANOS - VAL DO DUBRA VETERANOS
4.- VETERANOS NEGREIRA - ROOMEL DODRO
5.- RESTAURANTE RIBADAVIA - MIRADOR DE PADIN
6.- BERTAMIRANS F.C. - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
7.- PEPE NOYA - ROSALIA F.V.

R: CUNTIS VETERANOS - VAL DO DUBRA VETERANOS

Partido moi completo pola nosa parte en tódalas líneas, ó que só lle faltou sentencialo na primeira parte cas ocasións que tuvemos ante un rival ó que lle faltaba algunha xente.

Cando eu cheguei (xa empezado o partido) xa se vía que o equipo estaba bastante metido no partido e poñía bastante intensidade. Todo o contrario que no partido anterior, nadie diría que éramos o mesmo equipo. A clave do partido descubreuse pronto e non era outra que presionar a salida do balón na defensa do equipo local e que tuveran dificultade para facela chegar ó medio do campo e á dianteira. Esto fixéronno case á perfección Zález, Monty, Ríos e Nacho, polo que os balóns que salían desa presión a nosa defensa tiña menos problemas para sacalos e escasamente chegaban á nosa portería. Neste período poidemos sentenciar o partido sobre todo cas ocasións de Ríos que poideron poñer un resultado máis claro ó noso favor. Pero como o fútbol ten estas cousas, un balón que parecía fácil para o porteiro Nacho anticípase e marca. O resultado facía xusticia o que pasaba no campo, 0 a 1 co que chegou ó descanso.

No segundo tempo o Negreira presionounos máis e xogou un pouco mellor que na primeira parte ainda que non conseguía ter ocasións claras, nos xogábamos á contra e xerábamos ocasións, non tan claras como as da primeira parte, destacando un tiro de Ríos e un de Zález. O partido cambiou cando nos quedamos con dez a falta de 25 minutos, o seguintes dez minutos foi cando peor o pasamos, cando nos crearon os maiores problemas e marcaron o seu gol. Un empate a un que non reflexaba para nada o que pasaba no campo pero que nese momento tiña visos de que a cousa podía ir a peor para nos. Cando empezábamos a desperezarnos un pouco da sua presión chegou o penalti ó noso favor nunha patada que resonou en todo o campo. O penalti encárgase de transformalo Zález. Esto xa nos dou máis confianza e sabendo que se querían ganar terían que arriesgar bastante para marcar dous goles e intentaríamos pillalos á contra. Pero cando todo semellaba baixo control, o árbitro pita penalti nunha xogada na que o xogador local está buscando que llo fagan. O Negreira non consigue marcar o penalti e baixou un pouco os brazos na recta final do partido que entre o que chovía e a hora que era apenas se vía nada(polo menos na miña área).

Puntos moi importantes para nos xa que a derrota da semana anterior deixáranos bastante tocados, e que levanta a moral de cara ó primer partido na casa.

GOLES: NACHO (1-->2), ZALEZ (1)
CARTONS AMARELOS: JAIME (2), MONTY (1), RIOS (1), DIEGUEZ (1)
CARTONS BERMELLOS: JAIME (1)
PASA POR CAIXA: DIEGUEZ (3)

A CANCION DA SEMANA

Visto o éxito do SI na encuesta, vamos ca desta semana.

Despois desta semana tan dura logo da derrota do sábado e polo mal sabor de boca polos comentarios e formas durante e post partido , vamos a empezar de cero e como di a canción desta semana, é duro pedir disculpas, ou que o sentimos (HARD TO SAY I'M SORRY) pero se fai falta debese facer

Espero que vos guste



P.D. Otero casi se me queda a dormir ca canción da semana pasada, con esta dórmeseme fijo.

;;