Búsqueda personalizada

QUINIELA

Volve a quiniela e ven con novedades. O que se facía hasta agora seguirá igual, é decir, cada un por 1X2 a cada partido pero este ano haberá que poner o resultado dun dos partidos da xornada, polo xeral, será o do noso e o que o acerte sumará tres puntos. Recordar que pode participar calquera ainda que non perteza ó noso clube e que non vale repetir a quiniela de outro participante pero si se pode repetir o resultado.

1.- AUTOMI REC. BARBANZA - PEPE NOYA
2.- DON BUDI - MADERAS RAMOS
3.- HERMANOS COUTO - VAL DO DUBRA VETERANOS
4.- VETERANOS NEGREIRA - CUNTIS VETERANOS
5.- ROOMEL DODRO - RESTAURANTE RIBADAVIA
6.- MIRADOR DE PADIN - BERTAMIRANS F.C.
7.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - ROSALIA F.V.

R.- VETERANOS NEGREIRA - CUNTIS VETERANOS

XORNADA 2

Segundo veñen de comunicar desde o Negreira temos CAMBIO DE HORA para a seguinte xornada.

Xornada 2: NEGREIRA - CUNTIS
Día : Sábado 3 de outubro
Hora: 18:30
CAmpo : CEPELO - NEGREIRA

Hora de saída: 5 da tarde desde o lugar de costume.

Serio correctivo o recibido este sábado en Chaián, a parte de polo resultado, pola desconfianza que creou no equipo despois dunha pretemporada que prometía algo máis que o mostrado no partido.

Desastre colectivo, sobre todo no primeiro tempo no que ós cinco minutos xa perdíamos dous a cero e ó descanso catro a cero.O equipo local foi moi superior a nos con moita movilidade e desbordounos as veces que quixo. Certo é que tuvemos algunha ocasión clara pero solo serviría para maquillar o resultado. Decir que o noso nivel de berros entre nos vai en relación ó mal que o estamos a facer. Quedou demostrado.

Na segunda, a consigna era non salir cunha goleada de escándalo. Salimos mellor posicionados e melloramos bastante ainda que eles seguiron tendo o control pero polo menos controlamos mellor os seus ataques. Ainda así recibimos o quinto e pouco despois Nacho marcou o tanto do honor e abreu o noso casilleiro esta temporada. Partido para olvidar pero tamén para aprender.

Sempre se poden quitar cousas positivas destes partidos como... bueno agora non me acordan pero seguro que ten que haber algunha.

GOLES: NACHO (1)
CARTONS AMARELOS: RAMON (1)
PASAN POR CAIXA: RAMON (3)

Música no blog

Como podedes ver, tendes unha encuesta, na que debedes de participar, sobre se poñemos unha canción os venres que un día bastante morto para o blog. A idea e que teña que ver co que pasou co equipo no partido anterior, algo relacionado con algún xogador e como non admitiranse peticións (que as poña xa é outra cousa).

Quedaría como vedes a continuación e tendes que darlle ó PLAY



Neste caso puxen unha das cancións da banda sonora de "VOLVER A EMPEZAR" que me gusta bastante ainda que se admiten críticas.

P.D. Como o calendario foi así un pouco a última hora a quiniela empezámola para a semana

XORNADA 1

XORNADA 1

SÁBADO 26 SETEMBRO
RESTAURANTE RIBADAVIA - CUNTIS
Campo: CHAIAN
Hora: 4:00

Puxen a hora de saída ás 14:30, pasados cinco minutos arrancamos. Prégase puntualidade. Os cambios de dorsais, traer camiseta en perfectas condicións.

Deixovos o calendario para que lle votedes unha visual. Algún partido pode variar si vai ser na casa ou fora, é o caso do deste fin de semana. Así que estade atentos xa que se é na casa empezaría as cinco e media pero se é fora o comenzo sería as catro.

Ó que íbamos, o calendario

Para que non teñades que andar a buscar o calendario, aquí o deixo. Pulsade no enlace e listo.

Calendario da Temporada




Un adianto do noso calendario para a temporada 2009 / 2010.



Falta engadir os terreos de xogo e horarios especiais



Na xornada 2 e 14 temos problemas co campo.
XM Correa








Último partido da pretemporada e primeira derrota ainda que o resultado foi o de menos en tódolos partidos de preparación. Creo que temos claro o tipo de fútbol que queremos facer e que nos ven ben cos xogadores que temos.

Do partido, decir que a primeira parte estuvemos algo peor, xa que nos crearon bastante perigo nas bandas ainda que sen crear ocasións claras. Pola contra nos tuvemos menos posesión pero máis ocasións claras. Na segunda salimos mellos colocados e tivemos máis o control do xogo e das ocasións. Marcamos o noso único gol pero que non nos chegou para ganar xa que nos remontaron en duas xogadas que se poideron evitar.

En definitiva, partido moi parexo, no que pudo ganar calquera, entre dous equipos que estarán en posicións parecidas na liga.

P.D. Atención á quiniela, en canto sepa os emparellamentos poñereina.

P.D. Supoño que o presidente fará un resumen da asamblea celebrada este sábado, antes do partido, para dar a conocer as novedades para a nova temporada.

amistoso 5

SABADO 19 SETEMBRO

16:30 Asamblea Ordinaria Cuntis Veteranos
Cafetería A Praza.
Prégase puntualidade.



18:30 Amistoso 5:
ROOMEL -CUNTIS
Campo de Laiño-Dodro
Saída desde o local onde se celebra a reunión .

Antes de nada, darlle as gracias ó equipo local por xogar no campo de herba. Todo un detalle.

En canto ó partido, decir que se notou que nos estábamos máis rodados, sobre todo na segunda parte donde hubo bastante diferencia entre os dous equipos. Non así na primeira na que chegamos ó descanso perdendo por 2 a 1, a pesar de que non xogamos mal pero dous erros en duas contras déronlle a volta ó gol que marcáramos previamente. Despois na segunda parte, os nosos tres goles nos primeiros cinco minutos racharon o partido e fixemos un xogo bastante bonito, intentando tocar o balón e xogando polas bandas.
O positivo, o xogo de Jorge que desborda pola banda, Andrés mellorou bastante con respecto ós outros partidos, as fichaxes melloran o equipo. Pola parte negativa está a cantidad de goles que nos están metendo (e non sempre é culpa do porteiro, que xa vos via vir eu).

AMISTOSO 4

SÁBADO 12 SETEMBRO
PEÑA NAVEGANTE - CUNTIS
Hora: comeza o partido ás 6:00 ( ollo ao cambio de hora)
Campo : Conxo - Santiago

Saímos ás CINCO en punto do lugar de costume.
Non se me esquezan das fotos e dos __ €.
Os que non viñeron o sábado pasado confirmen asistencia vía sms. Comezan as sancións económicas.

Partido cunha chea de goles, creo que o resultado foi 8 a 4 para nos. Os dous equipos tuvemos poucos efectivos, en nos xa ven sendo habitual nesta pretemporada. Pola nosa parte, fixemos un partido bastante decente, a pesar de que cando nos meteron o primeiro bastante pronto pensamos que nos caería unha boa goleada. Pero o partido tomou outro camiño e enlazamos bastante ben as xogadas e pronto nos puxemos cun tres a un que lles pesou moito. Na segunda parte, máis dominio e máis goles no noso casilleiro, hasta un 8 a 2 para logo eles maquillar o resultado co 8 a 4 definitivo. Pouco máis que decir, a ver si no proximo partido podemos facer un equipo parecido ó que xogará na liga

FORMALIZACIÓN FICHA

DADA A AUSENCIA DE BASTANTES SOCIOS PARA O AMIGABLE COS XUVENÍS POSPONSE A ASAMBLEA ORDINARIA PARA O VINDEIRO SÁBADO 12 SETEMBRO. NESTA INFORMARASE DOS RECOLLIDO NA ASAMBLEA DE SANTIAGO (MERCORES 2 / 9 ).
DE TODOS OS XEITOS CADA XOGADOR QUE QUEIRA FORMALIZAR A FICHA DEBERÁ TRAER TRES FOTOS, ASINAR E APORTACIÓN ECONÓMICA DE COSTUME O ANTES POSIBLE.
A LIGA COMEZA O VINDEIRO 26 DE SETEMBRO.

;;