Búsqueda personalizada

Partido como os de sempre contra o Cambados, con moitas ocasións en ámbalas duas porterías. Xustos de efectivos, tuvemos as incorporacións de Alberto e Ríos que subiron o nivel do equipo.

Metéronnos tres goles en xogadas moi fáciles para eles para ser dentro da nosa área, temos que ser máis contundentes e estar atentos neste tipo de xogadas. Ademáis metéronnos dous goles no comenzo de cada un dos periodos, cousa que nun partido de liga nos condicionaría o partido. Tamén é certo que nos recompuxemos e pasamos a ter o control do partido para igualar o partido por duas veces e despois poñernos por diante e disfrutar de ocasións claras para sentenciar.

Pouco máis que comentar do partido, decir que fomos os de sempre e con moitas baixas, así que creo que deberíamos pensar en fichar xente para que o de sábado non pase na liga (é a miña opinión).



P.D. Agora virá Otero e dirá que tirou a meter.
P.D. Na sección de fotos podedes ver as fotos do torneo de Caldas

AMISTOSO 3

SÁBADO 5 SETEMBRO

CUNTIS VET. -- ATL CUNTIS XUV
CAMPO A RAN
HORA 6:00

Concentración 5:30
Posteriormente farase unha xuntanza para ir ultimando as fichaxes temp 2009 2010


Ei vai unha foto recordatorio da participación no Torneo de Caldas.


Obsérvese a colocación do trío dinámico que tan mal se levan pero sempre xuntos (dorsais 5 - 10 -22 ).

AMISTOSO CAMBADOS

Am2: SÁBADO 29 AGOSTO
CAMBADOS - CUNTIS
Campo herba sint. Cambados
HORA: 6:45
Saída : 5:30

O compromiso de moitos xogadores segue na liña de fin de temporada pasada tendo dificultades para a configuración dunha plantilla estable. Haberá que cubrir ocos con novas incorporacións e logo a protestarlle ao "maestro armero".

Estos son todos os resultados do torneo no que participamos o sábado pasado en Caldas de Reis

POLA MAÑÁN

Cuntis veteranos 1 - Moraña Veteranos 1 (pasa o Moraña nos penaltys)
Caldas Veteranos 2 - Portas Veteranos 0

TRIANGULAR POLA TARDE

Moraña Veteranos 1 - Villalonga 3
Caldas Veteranos 4 - Villalonga 3
Caldas Veteranos 0- Moraña Veteranos 2

Por golaverage ganou o VILLALONGA que quedara exento á mañán

TORNEO DE CALDAS

Con esta entrada volve a actividade no blog despois dos meses sabáticos que colleu o seu administrador.

En canto o torneo de Caldas comentar que se fixo un partido bastante bo, e completo para ser o primeiro, contra o Moraña o que dominamos toda a primeira parte, que terminou con 1 a 0 (gol de Nacho) pero na que poidemos sentenciar o partido se aproveitáramos as ocasións sobre todo a de Vilariño (posible nova incorporación). A segunda parte foi máis parella, máis que nada porque nos marcamos un gol en propia meta nun balón sen perigo ningún e eso creounos desconfianza, e ademáis o calor apretaba e a inactividade empezou a notarse. Os penalties foron a nosa tumba e quedamos eliminados, para a miña opinión, sen merecelo, xa que fomos superiores no cómputo xeral do partido.

O próximo amistoso será este sábado en Cambados co salida de Cuntis as 5 e media.

O vindeiro sábado 22 celebrarase o Torneo Veteranos organizado polo Concello de Caldas. Participan seis equipos nunha primeira fase eliminatoria que se desenvolerá en horario matutino.
O Cuntis veteranos xoga o primeiro partido da mañá contra o Moraña.
Hora de encontro: 10:00
Hora de saída do lugar de costume 9:15
Campo de futbol As Corticeiras - Caldas.


No caso de gañar o partido a fase final a tres disputarase pola tarde.
XM Correa.

;;