Búsqueda personalizada

FIN TEMPORADA

O vindeiro VENRES 12 DE XUÑO teremos unha xuntanza á que están convocados todos os socios con arreglo á seguinte orde do día:

- 20:30 Encontro mini-futbol Veteranos A - Veteranos B.

- 22:15 Asemblea xeral fin de temporada.

- 23:00 Cea despedida temporada en Rest. A Vila - A Estrada.

A Asemblea desenvolverase no mesmo local.
Confirmar asistencia.

Pouco sei deste partido, pero imáxinome que sería igual que este último e o antepenúltimo, pouca xente e sen a tensión necesaria de cando tes que puntuar. Polo oido, decir que houbo moitas ocasións polos dous lados, e que ó descanso chegouse co empate a 1 (gol de novo de Nacho). Logo chegou a lesión de Victor, que se puxo na portería pola falta de efectivos, e eles aproveitaron as suas oportunidades e leváronse o partido.

xornada 18 aprazada

Segundo vén de comunicarme o delegado do Negreira ás 21:51 o partido aprazado no seu día e reaprazado por imperativo legal sen posibilidade de recurso nin contencioso seguirá a seguinte orde do día:

Xorn 18 : NEGREIRA - CUNTIS
Campo: Cepelo - Negreira (Herba sintética)
Hora partido: 19:00
Hora saída: 17:30

Comunícaselle ao personal que a Cea das Mulleres ou mozas ou "mozos" (véxase que me acordo de todos) será concertada para as 11 da noite (non se pode retrasar máis) en Casa Sindo - Bamio.
Proponse coma hora tope de saída do lugar de costume:

Saída Bar Chelsea: ás dez e cuarto. Prégase puntualidade.

Video

Este video é para que o teñamos en conta para o ano que ven. Algunha hai que intentala

Cronica

A ver si alguén me envía unha crónica do partido.

Ultima Quiniela

Bueno, pois chegamos ó fin da temporada e tamén ó da quiniela. A ver si para o ano a facemos máis "profesional" con algún que outro premio. Acéptanse propuestas.

Alberto: 4 (78)
Sueiro: 4 (70)
Otero: 3 (68)
Nando: 3 (52)
Correa: 2 (45)
Zalez: 0 (40)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
O Noso Anónimo: 4 (16)
Extracomunitario: 0 (7)

1.- ASADOR ALAMBIQUE - MADERAS RAMOS
2.- PEPE NOYA - MUEBLES GUADALUPE
3.- CASA BARQUEIRO O COTON ONS - VETERANOS NEGREIRA
4.- CUNTIS VETERANOS - AUTOMI REC BARBANZA
5.- ROOMEL DODRO - TERRA DE XALLAS VETERANOS
6.- PEÑA NAVEGANTE - VETERANOS LAIN 2001
7.- C.D. UNIVERSIDADE SANTIAGO - ROSALIA F.V.

Partido entre dous equipos que xa tiñan os deberes feitos, polo que non houbo a tensión de cando hai algo en xogo, e menos mal por que facía moito calor. Fixemos un once contra once xa que os dous equipos estábamos sen cambios. Moitas ocasións en cada portería e moito traballo para os porteiros no que pudo ser un resultado moito máis abultado

Na primeira parte, o domino foi total do equipo local e estuvemos bastante mal, marcáronnos mediada a primeira parte e despois no último minuto co que se chegou ó descanso con un dous a cero que decía quen fora o mellor neste periodo. Ainda así poidemos meternos no partido con un tiro de Zalez o pau e con un man a man que tuvo Miguel que fallou.

O segundo tempo o partido sigueu sendo un correcalles pero no que nos tamén chegábamos con bastante perigo ainda así chegou o terceiro gol do Roomel que fixo decaer as ansias de sacar algo positivo de Dodro, e sobretodo despois do penalti fallado por Miguel e que Victor se retirou lesionado e quedamos con dez e esto xa nos aplanou de todo. Cando todo parecía decir que non marcaríamos o mesmo Miguel bate ó porteiro noutro man a man e pouco despois Monty marca e ponlle moita emoción ó partido con un tres a dous e moito partido por diante. Sigueu habendo moitos ocasión nas dúas porterías e viase que estaba máis cerca o empate que o gol local pero xa sabemos que cando non se marca márcanche, gol a pouco do final que puxo no marcador o definitivo 4 a 2.

Xa abandonamos a idea do terceiro posto, agora xa nos vale o décimo que é o último que non descende. Por certo, para a semana o partido e as sete

Video

Potencia e colocación, se o chega a meter Cristiano Ronaldo taríamos aburridos de velo, ou non?



Dedícolle este post a Ramón, Correa, Dieguez e compañía que, despois do do sábado, están a pasar un momentos duros.

Quiniela

Esta semana aplazouse un partido polo que o máximo de acertos posibles eran 6, que, como non, acertou o menda

Alberto: 5 (74)
Sueiro: 6 (66)
Otero: 4 (65)
Nando: 3 (49)
Correa: 5 (43)
Zalez: 0 (40)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
O Noso Anónimo: 4 (16)
Extracomunitario: 0 (7)

Aqui vos queda a penúltima quiniela.

1.- MADERAS RAMOS - PEPE NOYA
2.- MUEBLES GUADALUPE CASA BARQUEIRO O COTON ONS
3.- AUTOMI REC. BARBANZA - VETERANOS NEGREIRA
4.- ROOMEL DODRO - CUNTIS VETERANOS
5.- VETERANOS LALIN 2001 - TERRA DE XALLAS VETERANOS
6.- PEÑA NAVEGANTE - C.D. UNIVERSIDADE SANTIAGO
7.- ROSALIA F.V. - ASADOR ALAMBIQUE

Victoria que certifica que xogaremos un ano máis en división de honor. Cada ano salvámonos con máis xorandas de antelación, un ano destes igual damos a sorpresa e asaltamos o liderato. Tembla Maderas Ramos...

O partido foi dos complicados de xogar, ou máis que xogar de afrontar xa que o rival estaba con oito xogadores (colgados do largueiro), nos ca idea de non facer sangre, non máis que a necesaria. Pero sorpresa, ós cinco minutos de partido aparecen 4 xogadores, e agora xa eran 11 colgados do largueiro e con recambio no banquillo. O resto do partido foi eso, acoso e derribo a un equipo que apenas saleu da sua área en todo o primeiro tempo, e nos tuvemos varias ocasións, incluso algún gol anulado pero cun ataque pouco fluido, atacamos máis pola nosa superioridade física que polo ben que xogábamos. 0 a 0 no descanso, e xa nos empezábamos a poñer nerviosos ó ver que o cascarón era máis duro do que pensábamos e non quería romper.

Na segunda parte, salimos coa idea de marcar o antes posible para que non nos poidese a ansiedade, pero non foi suficiente xa que eles seguirón incrustados na sua portería. A medida que pasaban os minutos eles vían que nos non marcábamos foron abrindo as suas líneas pero sen apenas crear peligro excepto en algunha xogada aislada a balón parado. O tan ansiado gol chegou a falta de dez minutos, nun balón que lle chega a Miguel, que recorta na área, centra ó segundo pau e Nacho marca. 0 a 1 e solo nos quedaba aguantar o resultado hasta o final e a ver si nalgunha contra se sentenciaba. Conseguimos o primeiro e así rematou o partido que nos da tres puntos que nos poñen con opcións de facer unha boa clasificación.

O CRACK DO PARTIDO




Entrou mediada a segunda metade, e foi o único que tuvo criterio á hora de xogar o balón no medio do campo. Sorprendeu.

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO














O KILLER: Por enésima vez este ano, eso si, esta vez solo tuvo que empuxar o pase de Miguel

O MURO: Pouco traballo defensivo, e ademáis tuvemos algúns erros no despexe que outro equipo os houbera aproveitado mellor

A CLAVE: Meter o gol, non houbo outra

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Xa bastante tuveron con xuntar xente para xogar

P.D. Xa podedes visitar o blog de outro equipo da Agrupación de Santiago, e o Bergantiños, co que xa nos temos enfrentado unhas cuantas veces. Podedes ver o link na zona dos enlaces. Benvidos!!!

;;