Búsqueda personalizada

xornada 24

XORNADA 24 : LALÍN - CUNTIS
Campo: Manuel Anxo Cortizo (Lalín
Hora do encontro: 7 da tarde ( confirmada con Delegado do Lalín)
Hora saída : 5:15 desde o lugar de costume.

VIDEO SEMANAL

Flipante, creo que a mellor palabra para este video. A primeira vez que o vin pensei que era de coña.

Quiniela

Xa faltan poucas xornadas, e como pudo comprobar o anónimo esta semana e moi complicado acertar un pleno, Otero anduvolle cerca.

Alberto: 5 (69)
Otero: 6 (61)
Sueiro: 4 (60)
Nando: 0 (46)
Zalez: 0 (40)
Correa: 0 (38)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
O Noso Anónimo: 5 (12)
Extracomunitario: 0 (7)

A desta semana:

1.- PEPE NOYA - ASADOR ALAMBIQUE
2.- CASA BARQUEIRO O COTON ONS - MADERAS RAMOS
3.- AUTOMI REC BARBANZA - MUEBLES GUADALUPE
4.- ROOMEL DODRO - VETERANOS NEGREIRA
5.- VETERANOS LALIN 2001 - CUNTIS VETERANOS
6.- C.D. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - TERRA DE XALLAS VETERANOS
7.- ROSALIA F.V. - PEÑA NAVEGANTE

Partido que nos deixa practicamente un ano máis en división de honor a falta, para nos, de catro partidos e que fai que o partido da próxima semana contra o Lalín, non teña a transcendencia que tiña nun principio xa que era o partido que tíñamos marcado en vermello no calendario.

Do partido, duas partes moi diferenciadas e marcadas sobre todo polo aire, que non era excesivo pero si que molestaba a salida do balón da defensa. Nos túvemolo en contra na primeira parte e así nos foi, non tiramos un tiro a portería e solo a diosa fortuna quixo que non fóramos ó descanso con uns cuantos goles en contra xa que tuveron ocasión de todos colores, sin porteiro, con porteiro, o pau, intentos de vaselina, etc. Tamén e verdade que foi unha primeira mitade chea de incidencias en canto a lesións incluso un xogador visitante necesitou varios puntos de sutura nunha ceja. A parte positiva e que coas interrupcións por estas incidencias xogouse algo menos. Ó descanso, 0 a 0 e gracias.

A segunda parte, todo cambiou, ademáis de polo vento, porque Nacho no primer minuto marca o 1 a 0. Todo empezou polo que falábomos do aire, saque de portería que se queda corto, recolle o balón Miguel que de primeiras dallo a Nacho que recibe de espaldas e de volea á media volta marca dende o borde da área. Acusou o Universidade o gol e nos disfrutamos dos nosos mellores minutos do partido e eso levounos a dispoñer de ocasións bastante claras sobre todo en xogadas levadas por Nacho que por dar o último pase mal e outras por non saber definir nos man a man non consigueu que subiran ó marcador. O non sentenciar o partido creábanos a incertidumbre de todos los partidos e que sempre nos pasa, erro que teñamos gol e a sufrir. E así foi erro de entendemento da defensa e o porteiro, dianteiro que mete o pe e marca, 1 a 1. Cinco minutos para o final, márcannos o empate e o galiñeiro revuelto. Pero cousas do futbol e parecido ó da semana pasada en menos dun minuto, Andrés recolle un balón en tres cuartos de campo e engancha unha volea que entra axustada ó pau. Definitivo 2 a 1 que calmou os alporizados ánimos da banda. Hasta o final algún corner en contra pero sen perigo.

O CRACK DO PARTIDO






Traballou moito durante todo o tempo que estuvo no campo

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO












O KILLER: A importancia do seu gol faino merecedor deste premio. Xogou tres partidos este ano e marcou dous goles, boa media

O MURO: Na sua línea

A CLAVE: Que non nos golearan na primeira parte

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O 4 do Rosalía

O Video Da Semana

Falaba a semana pasada o noso Anónimo de puntuar os árbitros dos nosos partidos. Vendo este video casi mellor deixámolo como está.

Quiniela

Xa entramos nas últimas 5 xornadas de liga que decidirán o campeón da nosa quiniela

Alberto: 4 (64)
Sueiro: 3 (56)
Otero: 3 (55)
Nando:3 (46)
Zalez: 0 (40)
Correa: 4 (38)
MMC: 0 (38)
Monty: 0 (30)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (7)

Curiosa a quiniela, todo douses menos o último que foi un 1.

1.- PEPE NOYA - CASA BARQUEIRO O COTON ONS
2.- MADERAS RAMOS - AUTOMI REC. BARBANZA
3.- MUEBLES GUADALUPE - ROOMEL DODRO
4.- VETERANOS NEGREIRA - VETERANOS LALIN 2001
5.- CUNTIS VETERANOS - C.D. UNIVERSIDADE SANTIAGO
6.- TERRA DE XALLAS VETERANOS - ROSALIA F.V.
7.- ASADOR ALAMBIQUE - PEÑA NAVEGANTE

Marchando Un Video

Algunhas das xogadas xas tendes visto noutros videos que puxen pero outras non. Aquí solo faltan as de Nacho o día do Automi e a de Alberto o sábado pasado

Victoria das que dan moral e que nos deixan casi os dous pes en división de honor ainda que hai que certificalo con outra victoria máis polo menos.

O comenzo do partido non presaxiaba nada bo xa que eles apretaronnos bastante e ademáis estuvemos demasiado metidos atrás polo que tiñan moito campo hasta que nos lle empezábamos a dificultar un pouco a salida do balón. Dispuxeron de varios corners pero non crearon ocasións de gol, salvo un tiro dende a frontal que envía o porteiro a corner. A medida que pasaron os minutos, sacamos o cu da portería e o partido xa cambiou de color, primeiro con salidas á contra que supoñían ocasións na portería local e co pasar dos minutos facíanse máis claras, sobre todo duas, a primeira nun balón que centra Nacho na línea de fondo e Puga en posición un pouco forzada non é capaz de metela na portería, e a segunda Monty que con campo para avanzar e a Miguel ó seu lado decide lanzar dende o borde da área e vaiselle lonxe. Viase que se podía marcar e nunha xogada similar á da ocasión de Puga e cos mismos participantes, esta vez remata co balón nas redes despois do cabezazo de Puga que nada pode facer o porteiro do Rosalía, 0 a 1 e pouco menos de 10 minutos para o descanso o que se chegou sin nada que saliantar.

A segunda parte tuvémola bastante controlada, moi ben en defensa e eles que solo creaban perigo en faltas laterales e corners, pero os que nos repondíamos con rápidas contras que creaban dudas no equipo local. Estaba máis cerca o 0 a 2 que o empate e máis cando Alberto falla a ocasión máis clara do partido nun pase que lle chega á área pequena co porteiro batido, toca mal o balón e vaiselle por encima do longueiro, dificil de creer. O partido de estar casi sentenciado volveuse en contra ós 10 minutos do final, como non, nunha falta lateral (das moitas que concedemos) remata un xogador local as redes. A cousa, a verdade, e que a vimos complicada xa que eles foron rápido a polo balón para ir a polo partido e nos xa casi dábamos o empate por bo, ainda que fóramos merecedores do partido. A falta de catro minutos, balón en profundidad de Nacho, que Miguel, ca sua velocidad, anticipase á salida do porteiro e con algo de suspense pola parsimonia, marca o que foi definitivo 1 a 2. Dispuxeron eles dunha ocasión antes de rematalo partido, nun saque de portería que se queda corto, que termina cun remate de cabeza do seu dianteiro e que saca a corner o porteiro.

Este partido ganado, quítanos moita presión de encima para os próximos partidos pero estamos algo gafados cos resultados e non nos distanciamos máis de 3 puntos do descenso polo que hai que ganar un partido pronto para deixar o traballo feito. Próximo partido bastante complicado para puntuar pero intentarase.

O CRACK DO PARTIDO





Un baluarte en defensa este tío

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO











O KILLER: Como no partido contra o Rosalía da primeira volta aparece aquí Miguel, pero esta vez o seu gol valeu para dar os tres puntos, cando daquela foi o do honor

O MURO: Como o crack xa que se supón que é un muro poño a este que fixo bastantes roubos de balón e liberaron ó equipo en defensa

A CLAVE: A maioría do equipo estuvo moi metido no partido, sabendo o que nos xogábamos

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Eu son facilmente sobornable, así que o 4 que é un crack (xa che darei despois o meu número de cuenta)

RECTIFICASE HORA DE SAÍDA PROPOSTA POLO RESPONSABLE DE COMUNICACIÓN. POSTO QUE XOGAMOS ÁS CINCO DA TARDE EN EXTRAMUNDI (ROIS) COIDO QUE CHEGA CON SAÍR ÁS 4 DA TARDE, SEMPRE QUE SEXAMOS PUNTUAIS ( EN PADRÓN ESTAMOS EN MEDIA HORA) anque será mellor non dicirlle nada ao porteiro para ver se chega á hora.

;;