Búsqueda personalizada

Goleadores

Aproveitando que estas duas semanas non xogamos vou facer o resumen dos goles que metemos hasta o de agora

NACHO:9
MONTY:8
MIGUEL:7
JORGE:4
ZALEZ:2
CORREA:1
TONO:1
ANDRES:1
PUGA:1
PROPIA PORTA:1 CREO QUE LLOO DERON A NACHO

QUINIELA

Como di a canción, todo sigue igual.

Alberto: 4 (46)
Otero: 3 (41)
Sueiro: 4 (41)
Zalez: 3 (40)
Monty: 0 (30)
Nando:4 (30)
MMC: 4 (27)
Correa: 4 (24)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (7)

Esta semana tamén hai quiniela ainda que nos non xogamos

1.- ROOMEL DODRO - ASADOR ALAMBIQUE
2.- VETERANOS LALIN 2001 - AUTOMI REC. BARBANZA
3.- C.D. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - CASA BARQUEIRO O COTON ONS
4.- ROSALIA - PEPE NOYA
5.- PEÑA NAVEGANTE - MADERAS RAMOS
6.- TERRA DE XALLAS - MUEBLES GUADALUPE
7.- NON SE XOGA

Victoria importante e necesaria para as aspiracións de manterse na categoría e que nos deixa nunha boa situación para afrontar o que queda de temporada.

O partido como os de casi sempre contra eles no seu campo, moitas ocasións, moitos goles e sempre gañamos nos, eso si, sempre pasando apuros nalgúns tramos do partido. Os primeiros minutos foron de tanteo e nos que eles, sin crear excesivo perigo, sorprendéronnos polas bandas, pero unha vez nos situamos ben no campo o dominio empezou a ser noso e as ocasións de perigo xa aprecían con un tiro dende o borde da área que sale moi cerca da escuadra. A nosa presión facialles dano á hora de sacar o balón e recuperábamos rápido o balón co noso medio do campo superando ó local na anticipación. Así chega o primer gol, xogada de Nacho que da un balón ó segundo pau para que Puga marque de cabeza a placer o 0 a 1. Parecía que o partido empezaba a encarrilarse pero na seguinte xogada, unha falta lateral que nadie toca, bótalle diante o noso porteiro que non agarra o balón e o rechace convírteno no 1 a 1. Volta a empezar, pero ca salvedad de que tíñamos o xogo bastante controlado. Daquí hasta o descanso desperdiciamos duas boas ocasións nas que Nacho, primeiro, no man a man, adianta moito o balón e o porteiro salelle ós pes e na segunda nun balón que lle queda botando vaiselle por encima do longueiro. Descanso, 1 a 1.

No segundo tempo salimos a finiquitar o partido o antes posible e, xa no primer minuto, Miguel falla un man a man co porteiro. Era o presaxio do que iba pasar xa que ós dez minutos da reanudación xa gañabamos 1 a 3. Primeiro Zalez dende o borde da area golpea violentamente o balon (por non decir, mételle un punteirolo) e marca o 1 a 2. Pouco despois balón a Miguel que recibe no borde da área e desde ahí sin saber moi ben como marca gol, a verdade e que quedamos sorprendidos. O partido parecía que xa non se nos escaparía xa que seguíamos a ter ocasións pero eso foi o que nos botou a perder xa que todo o mundo quería meter gol, e o equipo parteuse entre os que atacaban e os que defendían. Eles empezan a apretar e comenzan a ter ocasións que a defensa e o porteiro van sacando pero nunha delas na que o equipo non vaixa a defender a pesar de que achucaban, marcan o 2 a 3. Volta a sufrir e eles máis no partido que nos. O equipo tuvo que volver a colocarse ben no campo xa que eles estaban apretando a defensa. Teñen outra ocasíon parecida do 2 a 3 pero esta vez saca o noso porteiro, e pouco despois Nacho marca o 2 a 4, que despois foi definitivo, nun balón que lle pon en largo Monty e tras regatear ó porteiro, marca e acaba cos ánimos dos locales de empatar polo menos o partido. Agora as nosas chegadas eran máis perigosas xa que con balóns en largo e con xente rápida facíamoslle dano á defensa adiantada que eles tiñan no medio do campo. Daquí o final pouco máis, amago de tangana e ocasión deles de falta ó borde da área que para Sueiro.

Agora tres partidos máis fora, Negreira (aplazado), Alambique e Xallas. Temos tres puntos máis que na primeira volta pero o problema está en que quitamos os 9 puntos nos 3 partidos que veñen. Daquí hasta o final de liga que ganar 3 partidos para asegurar a permanencia e canto antes os fagamos mellor

Esta semana pásabos o testigo de dar os premios, e vos decidiredes quen foron e o viernes colgarei a foto deles. Xa sabedes CRACK, KILLER e MURO

QUINIELA

Seguimos sin ningún pleno, Alberto apreta e Monty ríndese.

Alberto: 5 (42)
Otero: 3 (38)
Sueiro: 4 (37)
Zalez: 3 (37)
Monty: 0 (30)
Nando:3 (26)
MMC: 3 (23)
Correa: 3 (20)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (7)

XORNADA 17

1.- ROOMEL DODRO - VETERANOS LALIN 2001
2.- AUTOMI REC. BARBANZA - C.D. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
3.- CASA BARQUEIRO O COTON ONS - ROSALIA F.V.
4.- PEPE NOYA - PEÑA NAVEGANTE
5.- MADERAS RAMOS - TERRA DE XALLAS VETERANOS
6.- MUEBLES GUADALUPE - CUNTIS VETERANOS
7.- VETERANOS NEGREIRA - ASADOR ALAMBIQUE

Partido máis igualado do que di o marcador, sobre todo mentras nos aguantaron as forzas xa que éramos trece e eles bastantes máis.

O partido empezou de maneira sorprendente xa que ó minuto unha boa xogada individual de Monty acaba co gol de Nacho que solo ten que empuxala, 1 a 0. Agora a idea era que 89 minutos solo perder como moito por 1 a 0. Sabíamos que era complicado e que nos costaría moito aguantar a suas embestidas, por algo van primeiros. Apretáronnos toda a primeira parte na que tuveron varias ocasións, pero nos en algunha contra case os conseguimos sorprender, principalmente nunha ocasión que finaliza con centro-chut de Nacho que a piques estuvo de ser o 2 a 0. A pesar de todo chegamos ó descanso co 1 a 0 que nos motivaba para seguir intentando a machada.

Na segunda parte, o que pasa sempre, basta que digas algo no descanso para que pase o contrario, e así foi, falamos de que non nos marcaran pronto e defender fuerte, e no primer minuto logo de varios erros en cadena, penalty inocente a favor dos visitantes. Eles non desperdician a ocasión e empatan o partido con toda a segunda parte por diante, 1 a 1. Puxémonos bastante nerviosos a partir desa xogada e pouco despois tense que retirar por problemas físicos Victor de la Torre que estaba a ser un xogador moi importante defensivamente. Esto xuntouse con que os poucos minutos nos marcan o segundo nunha boa combinación do Maderas Ramos que nadie e capaz de frenar, 1 a 2. Posiblemente aquí se acabara o partido a pesar de que faltaban 25 minutos por xogar xa que nos estábamos cansados polo pouco banquillo que tíñamos e o gran esforzo que fixemos na primeira parte, ainda así intentamos polo memos o empate. Solo foi unha ilusión xa que a media hora nun máis que posible fora de xogo marcannos o 1 a 3. Cansancio, desquicie polo tercer gol e un último esforzo que non sirveu para nada a pesar da boa ocasión de Tono que dentro da área con defensas baixo paus manda o balón as nubes.

O resultado non quita méritos á boa primeira parte dun partido que non é da nosa liga pero que gusta xogar. Agora solo vale a victoria diante do Muebles Guadalupe, xa que todo o que non sea puntuar métenos nunha situación complicada para a recta final da liga.

O CRACK DO PARTIDO




Xa o decidín no descanso do partido, polo gran traballo que fixo en defensa e polo que liberou á portería de ocasións máis perigosas.

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO













O KILLER: Repite Nacho, ainda que tamén e certo, como dixen antes, foi un regalo de Monty

O MURO: Hoxe poño ó porteiro porque dame que o anónimo esta semana non vai ler esto e é o único que protesta

A CLAVE: Estaremos todos dacordo que foi o penalty

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Schuster estuvo moi activo durante todo o partido

QUINIELA

O partido que non se xogou, queda anulado

Alberto: 3 (37)
Otero: 4 (35)
Zalez: 3 (34)
Sueiro: 3 (33)
Monty: 3 (30)
Nando:3 (23)
MMC: 3 (20)
Correa: 0 (17)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (7)

XORNADA 16

1.- Veteranos Lalín 2001 - Asador Alambique
2.- C.D. Universidade de Santiago - Roomel Dodro
3.- Rosalía - Automi Rec Barbanza
4.- Peña Navegante - Casa Barqueiro
5.- Terra de Xallas Veteranos - Pepe Noya
6.- Cuntis Veteranos - Maderas Ramos
7.- Veteranos Negreira - Muebles Guadalupe

Esta semana poñoa antes a ver si lle da tempo a Monty de facela.

Antes de nada quero lle dar as gracias aos xogadores do meu equipo por "deixarse" eliminar da copa e así darme un semana de vacacións. Dito esto, vamos co partido. Melloramos un pouco con respecto ó último partido pero tampouco pasará á historia do noso equipo, eso si, os tres puntos valen o seu peso en ouro.

A primeira parte foi bastante parella, sin grandes ocasións, por ningún dos dous lados, destacar unha ocasión nosa nun remate de Puga que saca un defensa debaixo dos paus. Pola parte visitante, a súa única ocasión foi a do 0 a 1, falta colgada á área que rematan de cabeza, saca con apuros o noso porteiro (saludos a Jaime) e o rechace recolleo un dos visitantes, que ten tempo para prepararse, e marca. O a 1 chegamos ó descanso co partido costa arriba e sin ter as cousas claras.

Na segunda parte, todo sigueu igual, poucas ocasións e as quen houbo a favor nosa. Conseguimos empatar gracias a " Celtic Stores Conection". Saca a falta Ramón e remata de cabeza Nacho e fai o 1 a 1. Volvía a marcar Nacho despois de moito tempo, falta nos fan os seus goles. A verdad e que o partido non tiña ritmo nin ocasións e non se vía que se poidera marcar outro gol por parte de ningún dos dous equipos. Nunha xogada en que o balón vai larga á área visitante , Miguel loita polo balón e un defensa derrubao. O árbitro pita penalty, e Monty encárgase de tiralo e marca de casualidad xa que o fixo con máis suspense que o da semana pasada. O caso e que o marcou e conseguiu o 2 a 1 (este foi da "convento conection"). De aquí hasta o final pouco máis, o mellor o resultado.

O CRACK DO PARTIDO




Estuvo moi ben defensivamente e facendo o traballo sucio do equipo, ese que non se ve pero sin o que non se ganan os partidos

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO













O KILLER: Nacho, que marcou o seu octavo gol

O MURO: Polo mismo motivo que o puxen de crack, moito traballo para o equipo

A CLAVE: Puxemos máis ganas que eles por ganar

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O seu medio do campo que nos dou moito traballo na primeira parte

;;