Búsqueda personalizada

Quiniela

Parece que Alberto se quere escapar. A ver se vou ter que facer outra quiniela sorpresa un viernes a noite. Estou seguro que ó único que pillo despistado é a Monty

Alberto: 4 (34)
Otero: 5 (31)
Zalez: 3 (31)
Sueiro: 4 (30)
Monty: 3 (27)
Nando:4 (20)
Correa: 0 (17)
MMC: 3 (17)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 1 (7)

Xornada 15

1.- Veteranos Lalin 2001 - C.D. Universidade de Santiago
2.- Roomel Dodro - Rosalía FV
3.- Automi Rec. Barbanza - Peña Navegante
4.- Casa Barqueiro - Terra de Xallas Veteranos
5.- Cuntis Veteranos - Pepe Noya
6.- Maderas Ramos - Veteranos Negreira
7.- Asador Alambique - Muebles Guadalupe

Nos como o Dr. Jekill e Mr. Hide dunha semana a outra. Como mal foi o menor xa que unha victoria visitante poñeríanos nunha situación moi comprometido de cara ó descenso, así, polo menos, mantemos a ventaza de 6 puntis e gol average a favor.

Do partido casi mellor non falar, a cada cal peor incluido o equipo contrario. Competimos no mal que xogamos e por eso empatamos. A primeira parte non se veu nada de futbol e houbo poucas ocasións de gol. Terminou con empate a 0 como non podía ser doutra maneira.

Na segunda empezamos presionando un pouco máis e achuchámolos durante un cuarto de hora pero a medida que pasaban os minutos fóronse sacando o dominio de encima e o partido equilibrouse outra vez. Houbo algunha ocasión máis pero o noso xogo deixou moito que desear. Pero nun arreón de Monty, consigue sacar un penalty, que el mesmo se encarga de transformar, ainda que con moito suspense. 1 a 0 a falta de un cuarto de hora, a cousa poñíase ben. As cousas cando se fan mal salen mal, e nos en defensa non estivemos moi ben e a falta de 2 minutos marcannos o empate tras levarse o balon con rechaces e plantarse na area pequena. 1 a 1 e xa non dou tempo a máis. Polo mal que o fixemos merecemos perder os dous equipos pero como non se pode, empatamos.


O CRACK DO PARTIDO



O crack do partido foi a xente que o veu, que ten moito mérito

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO










O KILLER: Por non poñer todo desierto.

O MURO: A pesar de que non nos meteron moitos goles non fixemos un bo partido

A CLAVE: O noso medio do campo non estivo o seu nivel e o equipo notouno

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Tan desierto coma o noso

Quiniela

Hai que estar mási atentos ó blog que xente que non a fixo por non botarlle un vistazo a finales da semana.

Alberto: 5 (30)
Zalez: 3 (28)
Otero: 3 (26)
Sueiro: 3 (26)
Monty: 0 (24)
Correa: 0 (17)
Nando:2 (16)
MMC: 0 (14)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (6)

XORNADA 14

1.- MUEBLES GUADALUPE - MADERAS RAMOS
2.- VETERANOS NEGREIRA - PEPE NOYA
3.- CUNTIS VETERANOS - CASA BARQUEIRO O COTON
4.- TERRA DE XALLAS - AUTOMI REC. BARBANZA
5.- ROOMEL DODRO - PEÑA NAVEGANTE
6.- ROSALIA - VETERANOS LALIN 2001
7.- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - ASADOR ALAMBIQUE

Derrota dura e inxusta polo bo partido feito e pola superioridad sobre o equipo local, pero o futbol ten estas cousas, meteron tres goles e nos un, o demáis non sirve para nada.

Afrontamos o partido con algunha reserva e eso foi o que nos dou a confianza, a medida que pasaban os minutos, para pensar na victoria xa que non nos creaban ocasións de perigo e fómonos crecendo. Nesta primeira parte, Zalez, Domin, Victor e Nacho deron un recital de fútbol, xogaron o que quixeron e máis, e ademáis o resto do equipo non desentonou. O problema estuvo na cantidad de ocasións falladas, e cando digo ocasións non me refiro a tiros dende o borde da área senón a ocasións dentro da área pequena co porteiro tirado no suelo. Non as vou a enumerar por que non me collerían aquí pero como decía o que as desperdiciou "hoxe non quere entrar". Despois foi a entrar un tiro lonxano de Zález que sorprende o porteiro local,0 a 1, un golazo, pero xa podíamos ter un resultado de escándalo. Eles non encontraban o seu ritmo e acercarónse en ocasións aisladas pero sen perigo hasta que a pouco para o descanso, nunha xogada con varios erros nosos meten o empate a 1. Difícil de creer.

A segunda parte, preveíase distinta, e con máis presencia do Automi pero o certo e que empezou igual que a primeira parte, ocasión tras ocasión fallada, tiros o largueiro, balóns cruzados que se van por pouco, bueno, un vindeo ver. Nunha contra, os vinte minutos, marcan o 2 a 1 nun erro de marcaxe. Este gol doeunos sobre todo por como aproveitaba un equipo e o outro as suas ocasions. Seguímolo intentando pero creo que a fe de ganar o partido xa non foi a mesma. A falta de dez minutos e noutro erro noso marcan o 3 a 1 que finiquitou o partido a pesar do tempo que faltaba.

O próximo partido co Casa Barqueiro, e un dos partidos que marcará a nosa liga xa que son os que marcan o descenso, un victoria alonxaríanos 9 puntos deles pero unha derrota... non quero pensar o que sería unha derrota.

O CRACK DO PARTIDO

Xa o ben merecendo dende fai unhas semanas así que Zález ten máis que gañado o do crack, ademáis fixo un gran partido.

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO













O KILLER: Tamén para Zalez, ainda que con un mínimo de acerto sería para Nacho con 4 goles polo menos.

O MURO: De La Torre, anticipándose sempre, perfecto.

A CLAVE: Está claro, as ocasións falladas

XORNADA 13

XORNADA 13: AUTOMI REC. BARBANZA - CUNTIS
SÁBADO 10 XANEIRO
HORA: 6 DA TARDE

HORA DE SAÍDA: 4:15

O Rec Barbanza xoga no Campo de Vista Alegre -Boiro. A superficie é de herba artificial con boa iluminación, segundo referencias. A ubicación xa é coñecida pero houbo algún cambio coa modificación da vía rápida. Convén ir xuntos.

QUINIELA

Esta semana facémola ás apuradas, así que á orden de xa a facela. Primeiro os resultados.

Alberto: 3 (25)
Zalez: 4 (25)
Monty: 5 (24)
Otero: 4 (23)
Sueiro: 4 (23)
Correa: 4 (17)
MMC: 5 (14)
Nando:5 (14)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (6)

Xornada 13

1.- Maderas Ramos - Asador Alambique
2.- Muebles Guadalupe - Pepe Noya
3.- Veteranos Negreira - Casa Barqueiro O Coton Ons
4.- Automi Rec. Barbanza - Cuntis Veteranos
5.- Terra De Xallas Veteranos - Roomel Dodro
6.- Veteranos Lalín 2001 - Peña Navegante
7.- Rosalía F.V. - C.D. Universidade De Santiago

Partido que se perdeu pola desidia da plantilla xa que empezamos con 10 xogadores o partido. Moita xente solo pensa en si mesma.

Por outra parte, o partido foi moi malo e rivalizamos en erros xa que os visitantes tamén traían un equipo moi limitado e asequible. Solo se pode destacar a Domin que dou un recital de xestos técnicos, regates, etc. A sua primeira parte foi moi boa, incluso marcou no primer minuto un gol dende 30 metros. Tamén estivo ben Zález pero tampouco sen facer nada do outro mundo.

O Universidade vendo o que había creceuse, empatou pronto, mediada a segunda metade adiantouse e no desconto sentenciou. Tamén é certo que tuvemos ocasións o comenzo da segunda parte para adiantarnos pero estuvemos negados de cara o gol.

A todos nos gusta a copa pero como di a canción "... e chega outro ano e pasa tamén..." A pensar na liga que, vendo o que hai, vainos a facer boa falta. Sábado salida moi complicada a Boiro.

;;