Búsqueda personalizada

A estas alturas da semana xa me pitan os oidos, deben de ser o da joyería ou o "vitrinario" que me tan poñendo a parir por non poñer a crónica antes.

Bueno ó que íbamos. Resultado excesivo, dende o punto de vista, a tenor dos méritos dos dous equipos no campo. A diferencia estivo en que eles teñen dous bos dianteiros e nos non temos nin dianteiros. O sábado xogou Nacho nese posto ante a lesión dos que suelen xogar.

A primeira parte empezou cos dous equipos tanteándose pero a medida que os minutos foron pasando fómos creando máis xogo de ataque, xa que quixemos ter ben fixada a marca do seu dianteiro estrella. Unha vez visto que o sábado non era o día de Richard o equipo tivo a súa primeira ocasión clara, nun balón que lle chega a Nacho (que non tivo o seu día en ataque) e solo diante do porteiro golpea mal o balón e botao fora. Podemos adiantarnos, pero eles na sua primeira chegada, un tanto conflictiva, xa que Nacho estaba tirado no chan por un golpe, marcan tras o rechace do pau nunha xogada na que dous dianteiros se plantan solos na nosa area dende o medio do campo, 0 a 1. Seguimos ó noso e nun corner, falla o porteiro visitante na salida e un defensa quita o balón debaixo da portería, non era o noso día. No último minuto da primeira parte, xogada moi parecida a do primer gol, dous visitantes plántanse solos diante do noso porteiro pero nesta ocasión o porteiro consegue despexar o balón.

Comenzaba a segunda parte e víamonos con opcións de remontar xa que non foran superiores a nos. Cometemos o erro (no que me incluo) de elexir o campo ó revés e na segunda parte non se vía nada xa que pegaba o sol casi na nosa horizontal. Intentámolo por tódolos medios, en xogadas a balón parado creamos moito perigo, pero, o dito, non era o noso día. Eles nunha contra, Richard regatea o noso porteiro escórase un pouco e cando volve a regatear para tirar a portería, xa perdía o balón, Nando faille un penalty inocente. O propio Richard transfórmao, 0 a 2. Pouco despois tivemos o premio que tiña que haber chegado antes, Monty plántase diante do porteiro que sale fora da área e tírase ó chan parando o balón ca man ante a pasividade do árbitro que non pita nada pero Monty loita o rechace e marca o 1 a 2. Durounos pouco a alegría, minutos despois balón dividido entre o noso porteiro e o dianteiro visitante que se leva este o balón e cede a Richard e marca o 1 a 3 que foi definitivo e que non tivo réplica por parte nosa.

O CRACK DO PARTIDO



Papá Noel xa pasou e xa dei bastantes regalos na xornada anterior, así que, desierto

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO










O KILLER: Máis que nada polo gol, xa leva 6. Un oasis no medio do desierto

O MURO: Ben a defensa nos primeiros minutos hasta o primer gol, despois desinflouse

A CLAVE: A ocasión fallada por Nacho co 0 a 0, e o 0 a 1 que lles veu perfecto para xogar á contra

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O número 9 (Dani). Non fixo nada do outro mundo pero está donde teñen que estar os dianterios

PARTIDO COPA 32

SÁBADO 27 DECEMBRO
Hora: 4:15
Campo: A RAN - CUNTIS
Partido copa: CUNTIS - UNIVERSIDADE S.C.
*O partido corresponde aos 1/32 de copa, para nós a primeira eliminatoria. Encontro sistema eliminatoria directa ( un so partido).
Feliz noiteboa a todos e non vos esquezades de vender a lotería para o sábado.

QUINIELA

Houbo uns cuantos que lle anduveron cerca ó pleno. A ver se esta semana o consigue alguén

Alberto: 6 (22)
Zalez: 6 (21)
Monty: 5 (19)
Otero: 6 (19)
Sueiro: 5 (19)
Correa: 3 (13)
MMC: 5 (9)
Nando:5 (9)
Extracomunitario: 0 (7)
O Noso Anónimo: 0 (6)

A quiniela da xornada 12:

1.- PEPE NOYA - MADERAS RAMOS
2.- CASA BARQUEIRO O COTON ONS - MUEBLES GUADALUPE
3.- VETERANOS NEGREIRA - AUTOMI REC. BARBANZA
4.- CUNTIS VETERANOS - ROOMEL DODRO
5.- TERRA DE XALLAS VETERANOS - VETERANOS LALIN 2001
6.- C. D. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO - PEÑA NAVEGANTE
7.- ASADOR ALAMBIQUE - ROSALIA F.V.

Volta ó camiño da victoria, que falta nos facía, despois de duas abultadas derrotas e que nos da moral para os vindeiros encontros.Partido complicado pola clasificación do rival xa que se podía relaxar a xente.

A primeira parte foi a que nos dou a victoria, polo bo traballo feito de todo o equipo que estuvo a un bo nivel. Comenzamos dominando, coa posesión do balón e chegando a portería rival ainda que o primer gol non chegou hasta os vinte minutos da primeira parte nunha boa internada pola bada de Nando que chega hasta a liña de fondo e centra a Tono, que acompañaba a xogada, que solo ten que empuxala, 1 a 0 e claro dominio. Os lalinense crearon poucas ocasións neste período e non excesivamente claras e foron a remolque tamén no xogo. Xa rematando a primeira parte chega o 2 a 0 obra de Monty, tanto que nos dou tranqulidade hasta o descanso.

Na segunda parte a consigna era que non marcaran pronto para que non se meteran no partido e intentar meter o terceiro para sentenciar. A intención era esa pero o certo e que salimos dormidos e achucharonnos durante os dez primeiros minutos e crearonnos dudas en defensa pero nunha rápida contra levada por Monty plántase diante do porteiro e cédella a Nacho que marca a porta vacía, 3 a cero e o partido acabou aquí, xa que pronto chegou o cuarto tamén marcado por Nacho. O problema deste gol foi que a partir daquí todos querían marcar e o equipo deslabazouse, estaban os que atacaban e os que defendían o que convirteu o partido nun carrusel de ocasións nas duas porterías. Nos estuvemos máis acertados de cara a portería e conseguimos o quinto, o sexto e o séptimo por mediación de Miguel, Andrés e Monty outra vez. Puderon ser máis, pero esto xa era un correcalles e non un partido.

A próxima semana outro partido da nosa liga, visítanos o Dodro. Tres puntos moi importantes de cara o final de liga. Ollo cos seus dianteiros.

O CRACK DO PARTIDO




Esta semana poño a Andrés xa que volveu despois da operación de rodilla e de estar máis dun ano sen xogar. Ademáis meteu un gol, eso si, o ritmo de xogo que ten ...

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO















O KILLER: Monty, meteu dous goles e regaloulle outro a Nacho (este sigue ca racha)

O MURO: Para Nando que despois dunhas cuantas semanas bastante baixo, fixo un partido decente. Para que siga así

A CLAVE: Ademáis do dominio da primeira parte, o tercer gol.

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Ningún xogador sobresaleu

Para os que estedes interesados en participar no concurso de preguntas de futbol de DONBALON outra vez, aí vos deixo o enlace para apuntarvos, pero rápido que empeza o martes. Tendes que enviar un correo a sabios@donbalon.org co nombre, correo electronico, nickname ou apodo, e teléfono.



Cada semana dan un lote de productos JOMA e ó campeón final 1.000 euros.

Xa vos irei informando como vai a cousa. Aviso as preguntas non son fáciles

xornada 11

SÁBADO 13 DECEMBRO
XORNADA 11: CUNTIS - LALIN 2001
HORA: 16:15
CAMPO: A RAN

Cea Nadal : sábado 20 decembro Casa Conde
Confirmación de asistencia ata 13 decembro.

Piscinazo

Estos días está de moda este video dun piscinazo, pero o peor e que o árbitro pitouno. E despois din que en España se compran partidos.

Partido amistoso disputado o sábado pasado con un frío que pelaba. Partido sin máis pretensión que olvidarnos dos últimos resultados. Moitas ocasións polos dous lados, se cabe, mais ó noso favor, pero os delanteros non tuveron o seu día. Dámoslle un toque de atención esta semana os que teñen que meter os goles do noso equipo (xa eles saben quen son) que non se poden fallar as ocasións que se fallaron o outro día e que se fora un partido oficial fariamos o mesmo, así que , espabilando.

;;