Búsqueda personalizada

AMISTOSO

SÁBADO 29 NOVEMBRO
CAMPO A RAN
HORA: 4:30
AMISTOSO: CUNTIS - ATL CUNTIS XUVENÍS
No campo ás 16:00.

Confírmase a celebración do partido que non nos ha de vir nada mal despois dos resultados e, sobre todo, do xogo que vimos desenvolvendo nas derradeiras xornadas. Aproveitaremos para darlle ánimos ao novo entrenador dos xuvenís que debuta nesta nova "andaina" no partido do sábado.Trátase do noso compañeiro Marcos Romar. Desde aquí sorte e ánimo.

Quiniela

Esta semana casi todos abonados a catro acertos

Alberto: 4 (16)
Zalez: 4 (15)
Monty: 3 (14)
Sueiro: 4 (14)
Otero: 4 (13)
Correa: 4 (10)
Extracomunitario: 4 (7)
O Noso Anónimo: 0 (6)
MMC: 2 (4)
Nando:4 (4)

Tendes duas semaniñas para pensala, así que a ver si algún fai un pleno.

1.- Asador Alambique - Pepe Noya
2.- Maderas Ramos - Casa Barqueiro O Coton Ons
3.- Muebles Guadalupe - Automi Rec. Barbanza
4.- Veteranos Negreira - Roomel Dodro
5.- Cuntis Veteranos - Veteranos Lalín 2001
6.- Terra De Xallas - C.D. Universidade De Santiago
7.- Peña Navegante - Rosalía

Segunda derrota consecutiva e parece que empeza a racha negativa así que agarrádevos que veñen curvas.

O partido perdémolo sobre todo por errores nosos máis que por acertos do rival a pesar de que o noso xogo non foi bo. Non demos sensación real de perigo.

Empezou o partido sen dominador claro, nun campo de pequenas dimensións onde o balón duraba pouco tempo nos pes. Os locais crearon algo más de perigo con dous tiros dende o borde da área, un frontal e outro lateral, que desvía o noso porteiro (as únicas que parou). Mediado este primer tempo, chegan os 5 minutos tontos e clávannos 2 goles. O primeiro nun corner no que sale mal o porteiro e fan o 1 a 0 e pouco despois outro corner, nunha xogada similar, pero dende o outro lado, remata solo e a placer o xogador do Universidade. 2 a 0 e con un desconcerto nos corners importante. Empezamos a defender un pouco máis arriba e chegamos algo máis pero sen perigo. A única ocasión que cabe destacar e unha de Miguel que cando estaba solo na área envía o balón moi por arriba cando podía controlar o balón. Fin da primeira parte e 2 a 0 no marcador.

Na segunda parte, fomos máis polo partido ainda que coma na primeira, sen ocasións e o que é peor sen tirar a portería xa que queríamos chegar hasta a área pequena para tirar. Destacar a gran ocasión da que dispuxo Constenla que desbaratou o porteiro. A sentencia veu na xogada tonta da temporada nun balón despexado que o porteiro mide mal o bote e pásalle por arriba (tierra trágame, esta é das que doe) e entra. 3 a 0 e fin do intento de remontada o resto foi xogar por xogar hasta o final do partido, eles intentando meternos o cuarto e nos sin querer tirar a portería. 3 a 0 e para a casa.

Como decía a semana pasada o que gañara iría hacia arriba e o outro pasaría apuros para salvarse, e claro está, o descenso a 4 puntos. Agora veñen tres semanas para descansar que nos van a vir bastante ven.

O CRACK DO PARTIDO



Igual que a semana pasada

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO










O KILLER: Partido sen marcar, arena a destajo

O MURO: Como non llo podemos dar ó porteiro, vai a ser para Jaime que estuvo bastante ben desde que entrou mediada a primeira parte, ademáis para que fale co anónimo para que non lle dé moita caña o porteiro

A CLAVE: Os dous errores nos corners que puxeron o partido imposible.

O MELLOR DOS CONTRARIOS: O número 8

Sorteo De Copa

Como nota positiva, libramos da ronda previa, e como notas negativas que non nos tocou un equipo de segunda nin de terceira división, e que nos tocou o Universidade de Santiago o 27 de Diciembre (precisamente o noso rival este sábado) en Cuntis a partido único. Algún ano chegaremos lonxe na copa, a ver se é este, ainda que xa empezamos con rivales moi complicados

Botádelle un vistazo ó sorteo

Sorteo de Copa

QUINIELA

Resultados desta semana, xa sabedes entre paréntesis os acertos sumados.

ALBERTO: 3 (12)
MONTY: 2 (11)
ZALEZ: 3 (11)
SUEIRO: 2 (10)
OTERO: 2 (9)
CORREA: 0 (6)
O NOSO ANONIMO: 0 (6)
EXTRACOMUNITARIO: 3 (3)
MMC: 2 (2)

A desta semana

1.- Veteranos Lalin 2001 - Veteranos Negreira
2.- Casa Barqueiro O Coton - Pepe Noya
3.- Automi Rec. Barbanza - Maderas Ramos
4.- Roomel Dodro - Muebles Guadalupe
5.- C.D. Universidade Santiago - Cuntis Veteranos
6.- Rosalía - Terra de Xallas Veteranos
7.- Peña Navegante - Asador Alambique

Pensastes xa no premio? Quero propuestas

Logo de 5 partidos sin perder chegou a derrota que non deixaría de ser algo normal senon fose pola maneira, xa que se pode perder pero non xogando cada un para si. A ver se nos damos conta de que tecnicamente somos o peor equipo da categoría, eso si tamén e verdade que correndo e traballando en equipo somos o mellor. Así que está claro, deixarse de tonterías e poñémonos a xogar como o fixemos ultimamente.

A primeira parte (e o partido) durou para nos 15 minutos, o tempo que tardaron en meter o primer gol. Hasta aí, non se estuvo mal, tuvemos unha ocasión de Jorge, que nunhas das suas típicas xogadas, o seu tiro é despexado polo porteiro visitante. Pouco máis. Sobre o cuarto de hora chegou o primer gol nunha falta lonxana que se iba fora, Nacho querendo despexar metea na portería (por meter meteas hasta na nosa portería), 0 a 1 e fin do partido para nos. O resto do partido xogaron eles. Quixemos e non pudemos ou non soupemos e cada un quixo facer a guerra á sua maneira. Hasta o descanso solo resaltar o segundo gol do Rosalía, tamén en propia portería, nun remate do seu delantero que se vai ó pau e o rechace tropeza en Sueiro e entra na portería, 0 a 2. Nos deseando que chegara o descanso xa que nos estaban desbordando continuamente. 0 a 2 e gracias, no descanso.

Na segunda metade, intentamos marcar pronto para meternos no partido, tuvemos algunha ocasión clara coma a de Tono que sacou un defensa de debaixo dos paus ou unha falta que saca Monty e cólase polo medio da barrera pero cando parecía que entraba parouna o porteiro. Logo chegou o tercer gol, pillannos nunha contra e de tiro ó borde da área marcan o 0 a 3 que nos fundeu. Costounos sobrepoñernos a este gol pero nunha falta, Miguel, no centro da área solo remata de cabeza e marca, foi o 1 a 3 que nos animou a intentar a heroica pero non foi moito máis alá de 10 minutos, o tempo que tardaron en pillarnos noutra contra e marcar, no man a man co porteiro, o 1 a 4 que foi definitivo.

Como nota positiva (por topar algo) comentar que os do descenso solo nos recortaron un punto. Para a semana xogamos co Universisade, que ten os mismos puntos que nos, así que posiblemente se decida cal dos dous pasará apuros para salvarse e cal estará na zona tranquila.

O CRACK DO PARTIDO



Pois eso, desierto.

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO











O KILLER: Para Miguel, polo gol e ademáis sin xogar tanto como outros anos xa leva 5 goles.

O MURO: Con catro goles en contra que muro pode haber. Máis desierto

A CLAVE: Eles souperon entender mellor que nos o partido. Ademáis xofgamos cada un a nosa bola.

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Todo o equipo visitante estuvo ben.

Quiniela

Menos mal que o noso sueldo non depende da quiniela que senón, vaia semaniña

ALBERTO: 3 (9)
MONTY: 4 (9)
SUEIRO: 2(8)
ZALEZ: 2 (8)
OTERO: 3 (7)
CORREA: 1 (6)
O NOSO ANONIMO: 2(6)

Entre parentesis a suma total de puntos

E estes son os partidos deste fin de semana

1.- Asador Alambique - Casa Barqueiro O Coton
2.- Pepe Noya - Automi Rec. Barbanza
3.- Maderas Ramos - Roomel Dodro
4.- Muebles Guadalupe - Veteranos Lalin 2001
5.- Veteranos Negreira - C.D. Universidade de Santiago
6.- Cuntis Veteranos - Rosalía
7.- Terra de Xallas Veteranos - Peña Navegante

Había que ir pensando nun premio mensual, deixaríanos este mes para que a xente se anime e empezariamos o mes que ven.

Partido que se nos puxo moi costa arriba dende os primeiros minutos e que gracias o gran esforzo que fixo o equipo logrouse empatar.

Campo moi grande, incluso maior que o noso, costounos tomarlle a medida e situarnos uns dez minutos pero foi demasiado tempo xa que ós cinco minutos xa nos marcaron o primeiro logo dun balón que queda suelto despois dun saque de falta. 1 a 0 e tiveron outra nun remate de cabeza que para o porteiro e o rechace despexao Diéguez. Pero a medida que pasaban os minutos as ocasións empezaron a chegar ó noso favor e moi claras. Primeiro Monty en xogada personal plántase diante do porteiro pero o seu tiro vaise fora (había dous dianteiros nosos no segundo pau solos). Despois nunha ocasión moi similar Miguel tamén a envía fora, seguimos con un remate dun corner que desvía o porteiro a saque de esquina. Noutra Miguel non é quen de salvar a salida do porteiro, etc. Ainda que a xogada clave desta primeira parte foi o penalty clarísimo a Otero que o veu todo o mundo menos un que tiña un silbato. Nunha contra dos locales, salida ó fora de xogo mal feito, balón ó que van o porteiro e o dianteiro o rebote colleo outro xogador local que acompañaba a xogada e marca o 2 a 0 que parecía enterrar as nosas opcións no partido. Chegábase así ó descanso que creo que nos veu ben para darnos conta que a pesar do resultado se podía quitar algo positivo.

Salimos a por todas nesta segunda mitade, e no primer minuto, boa xogada pola banda, balón a Nacho que tira e saca o porteiro cunha man no que parecía un gol cantado. Todo parecía estar na nosa contra xa que estábamos a perder cando estábamos a facer todo o posible para ter metido, ó menos, algún gol. Pero se a cousa estába complicada complicouse máis coa expulsión de Jaime por sacar unha falta sin o árbitro pitar despois de pedir pasos. Media hora para acabar o partido 2 a 0 e un home menos, bonito panorama se presentaba. Non cambiou nada para nos xa que de perdidos ó río e seguimos intentando marcar, e que por fin conseguimos nunha xogada na que Monty se vai hacia portería e é trabado na área ainda que o árbitro a quita fora. Monty saca a falta con un cañonazo á escuadra, 2 a 1, o equipo enchufado no partido e o árbitro enchufado a sacarnos tarxetas. Mira que sacou tarxetas nun partido donde non houbo máis que típicas faltas dun partido polos dous bandos. Quedaban 20 minutos para intentar sacar algo positivo ainda que se estaban a asumir riscos en defensa pero que foron compensados co gol de Nacho despois de collerlle a posición á defensa internarse hacia a portería e marcar o empate. 2 a 2 e quedaban algo menos de 10 minutos para intentar algo máis pero o cansancio xa se notaba e a situación invitaba a tranquilizar o partido. Ó final 2 a 2 que nos sabe a pouco polas ocasións falladas e a moito se temos en conta que a falta de media hora perdiamos 2 a 0 e quedamos con dez.

Non quería acabar a crónica sin antes dedicarlle uhnas palabras ó árbitro a título personal, non polos errores que cometeu que creo non influiron no resultado (a pesar do penalty), e que ademáis cometemos todos, xa que se nós metemos as ocasións que tuvemos houbéramos ganado. Senón pola sua actitud hacia nos dende o principio. Coseunos a tarxetas PORQUE SI e con esa frase solucionabao todo. Case consigue desquiciar ó equipo, a parte de recordarnos que unha vez tuvo un problema con un aficionado do Cuntis como se eso o tuvéramos que pagar. Amiguiño fala con Montero, Añón, Ruval e compañía que che expliquen un pouco como se pita en veteranos.

Para a semanas visitanos o Rosalía, un equipo moi similar a nos. A pesar de que queda moita liga creo que o que gañe non pasará moitos apuros para salvarse.

O CRACK DO PARTIDO



Si xa sei que aburre pero que foi o que máis lle puxo para ganar o prtido ainda que nalgunha xogada pecou de individualista.

Nova sección, a ver se os críticos deixan de poñer peros. Haberá, ademáis do CRACK, un KILLER que será aquel que non perdoa diante dun porteiro, un MURO que será aquel xogador que en funcións defensivas esté ben, e logo a CLAVE do partido que se indicará cal foi a condición máis importante do encontro e por último o MELLOR DOS CONTRARIOS no que se indicará que xogador nos creou máis problemas. Empezamos esta semana con estas eleccións

O KILLER <-------------------------------------------------------> O MURO











O KILLER: Doullo esta semana a Nacho por ser a primeira e él é o máximo goleador do equipo, e ademáis está en racha

O MURO: Pois o mesmo, por ser a primeira semana e quero compensar os partidos anteriores nos que foi un muro para os ataques rivales

A CLAVE: As ganas que ten o equipo de ganar os partidos. Por descontado tamén o árbitro pero no sentido negativo

O MELLOR DOS CONTRARIOS: Eu creo que o porteiro xa que consigueu que non marcaramos hasta a última media hora

XORNADA 8 : PEÑA NAVEGANTE - CUNTIS
Día: Sábado, 8 novembro
Hora: 6 da tarde.
Campo: Conxo (terra)
Hora da saída: 4:45 Bar Chelsea

QUINIELA

Despois de non haber pleno ó 7 na semana pasada estos foron os acertos

Alberto: 6
Sueiro: 6
Zalez: 6
Correa 5
Monty: 5
Otero: 4
O noso anónimo: 4

E agora a desta semana, veña non é tan difícil

1.- Automi Rec. Barbanza - Casa Barqueiro O Cotón
2.- Pepe Noya - Roomel Dodro
3.- Veteranos Lalín 2001 - Maderas Ramos
4.- C.D. Universidade de Santiago - Muebles Guadalupe
5.- Veteranos Negreira - Rosalía
6.- Peña Navegante - Cuntis Veteranos
7.- Terra de Xallas - Asador Alambique

Pode participar calquer persona ainda que non pertenezca ó noso equipo, aquí todo o mundo e benvido

Partido moito máis complicado do que di o marcador. Puxéronnos en demasiados apuros sobre todo na primeira parte.

O partido empezou para eles as 4 e cuarto e para nos as 5. Tuvemos suerte da sua falta de contundencia nesta primeira parte porque xa podía estar o partido sentenciado xa que fixeron de nos o que quixeron e non demos unha a dereitas. Cedían case todo o terreo de xogo, a defensa non se movía do sitio e non fomos quen de desbordala. Por contra , eles collían todolos segundos balóns e salían en contras que nos facían dano e generaban desconfianza no noso equipo. Apenas tiramos á portería, e por contra eles cada vez que chegaban eran perigosos pero non foron quen de marcar. 0 a 0 ó descanso e gracias.

Comenzou a segunda parte, e comenzou outro partido sobre todo a partir do minuto dez, no que Jorge nunha xogada individual marca dende fora da área o 1 a 0. Todo foi moito máis fácil dende aí. Tuveron que adelantar líneas e o partido foi noso. Cinco minutos despois do primer gol chegou o segundo, nun penalti claro a Domin cando se dispoñía a tirar a portería solo dentro da área foi derrubado. Transformouno, outra vez, Jorge con suspense. 2 a 0 e nos con máis confianza. Daquí hasta o final, eles intentando acortar distancias sobre todo en balóns aéreos que apenas inquietaron a nosa portería e nos intentando sentenciar en contras, de Jorge, Puga,... Cando xa o resultado parecía definitivo Miguel engancha unha volea dende o borde da área e despois de dar no longueiro bota e entra. Un bonito gol. 3 a 0 que era máis do esperado tal e como se presentou a primeira mitade.

A próxima semana, xogamos en Conxo co Peña Navegante, un equipo que sempre nos da moito traballo e que o ano pasado foron mellores que nos nos dous partidos.

O CRACK DO PARTIDO



Victor De La Torre, ainda que aquí ben podían estar Manolo Diéguez e Jorge que creo que foron do mellor do equipo. Pero poño a Victor porque atrás é un seguro de vida e na primeira parte ten bastante culpa de que non foramos ó descanso perdendo.

;;