Búsqueda personalizada

Xornada 7: CUNTIS - TERRA DE XALLAS
Día: sábado, 1 de novembro
Hora : 16:15
Todiños no vestiario ás 15:45.

A seguir coa boa marcha que levamos.

QUINIELA

Falaba Otero,o sábado pasado no vestuario despois do partido, que rompéramos moitas quinielas co noso resultado. Pois para darlle algo de vidilla ó blog vamos a facer a quiniela da semana que ven. Cada un que faga a súa e non vale repetir as que xa estean feitas. Estes son os partidos.

1.- ASADOR ALAMBIQUE - AUTOMI REC. BARBANZA
2.- CASA BARQUEIRO O COTON - ROOMEL DODRO
3.- PEPE NOYA - VETERANOS LALIN 2001
4.- MADERAS RAMOS - UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
5.- MUEBLES GUADALUPE - ROSALIA
6.- PEÑA NAVEGANTE - VETERANOS NEGREIRA
7.- CUNTIS VETERANOS - TERRA DE XALLAS

Gran victoria a conseguida esta sábado, tan importante como sorprendente xa que nos visitaba o líder cuns números que non invitaban ó optimismo.

Empezaron demostrando que son un bo equipo, tocando bastante o balón e que corréramos detrás del ainda que non creaban ocasións pero chegábamos tarde a tódalas xogadas, presaxio do que pasou ó cuarto de hora. Penalty señalado polo árbitro que marca Gelucho, 0 a 1 e a cousa máis complicada. Estirámonos un pouco máis e nun erro na salida do porteiro, Nacho anticipase a él e marca o empate a 1. Eles creaban moito perigo en xogadas a balón parado cercanas a área xa que tiñan bos lanzadores e así nunha delas e logo de varios rechaces do longueiro e porteiro marcan o 1 a 2 que xa parecía que nos deixaría tocados. Pero cousas do fútbol, o partido dende ahí empezou a coller outro rumbo e empezamos a crear ocasións, incluso sacaron un balon debaixo da portería nun remate de cabeza que foi o preludio do empate a dous. Corner sacado por Jorge o primer pau onde iba Nacho, un defensa peina o balón e clavao na sua portería, 2 a 2 e nos ca moral polo ceo. Descanso.

A segunda parte foi moi intensa pola nosa parte, o equipo dando máis do cen por cen, cos que teñen que tirar do carro no seu papel, sobre todo Monty que correu e loitou co seu par todo o partido, (a ver se se da conta que o equipo lle agradece máis esta labor que cando o quere facer bonito). Nada máis comenzar, xogada hacia Miguel que regatea ó porteiro e o seu remate sacao un defensa de debaixo dos paus. Primer aviso para os visitantes, pouco despois un segundo aviso de Nacho que encara ó porteiro pero o seu remate rechazao o pau e vaille as mans ó porteiro. Era moito avisar, e a terceira foi o gol, balón de Monty a Miguel que diante do porteiro marca o 3 a 2. Intentaron volcarse pero o traballo da nosa defensa e medio do campo impideu que chegaran en ocasións claras, excepto unha en que Gelucho plántase solo na área pero o seu remate vaise por encima da portería. Moita tensión en tódalas xogadas pero sen xogo duro por ningún dos dous equipos. Non houbo cambios no marcador a pesar dos últimos balóns colgados á área. 3 a 2 definitivo sobre un equipo que é mellor técnicamente que o noso pero que nos favoreceu o noso campo (neste caso de terra) no que non bastaba coa calidade, había que poñer algo máis...

Para a semana, máis complicacións, Terra de Xallas, 3 puntos por debaixo nosa, rival directo a final de temporada e todo o que non sea unha victoria con eles desvirtua a deste sábado. Xogando igual non nos ganan seguro.

O CRACK DO PARTIDO



Ten moito de culpa na victoria polo seu traballo e ainda tuvo tempo para ir en ataque. Tardou un pouco en collerlle o punto a sua parella pero cando llo pillou a balanza foi para o noso lado. Todos bastante ben, parece que estamos a facer un EQUIPO.

Tres puntos moi loitados nos noventa minutos, nun partido de equipo, no que foi necesario que todo o mundo estivera a un bo nivel para conseguir a victoria que foi moito máis complicada do que di o marcador final.

O partido comenzou con unha clarísima ocasión de Jorge, nunha bonita combinación con Domin, recorta a un defensa e co porteiro adelantado faille unha vaselina que se vai ó longueiro e a defensa saca o rechace. O partido foi de moito traballo sobre todo no medio do campo que foi onde se decideu o partido, xa que os nosos mediocampistas conseguiron que o equipo visitante non fora quen de crear xogadas. Asi solo se acercaron en xogadas a balón parado pero sen excesivo perigo. Neste período as ocasións máis claras disfrutámolas nos, ademáis da xa resaltada de Jorge, destacar unha falta de Otero ó borde da área que pega no pau, e outra ocasión de Monty que solo na área tira e o porteiro salva cunha boa parada. As ocasións foron nosas pero o partido non tiña un dono claro. 0 a 0

Empezamos a segunda parte sen nada dito e esperando que o Negreira achucahara máis, pero non foi así, incluso nos nos situamos un pouco mellor no campo. A eso tamén axudou que os cinco minutos Otero (ahora resulta que é Beckham) saca perfectamente unha falta a donde doe e Nacho anticipase á defensa e marca o 1 a 0. Esto dounos máis seguridade. Dez minutos despois outra vez Otero saca outra falta (esta vez non tan ben sacada) un defensa erra no despexe e Nacho que aparece por alí regatea ó porteiro e marca o 2 a 0. Foi o que necesitábamos para xogar con tranquilidade salir nas contras, nunha delas Nacho plántase diante do porteiro que para o balón fora da área coa man. Despois das discusións de si era roxa ou non (para min roxa de libro), Monty lanza a falta e marca o 3 a 0. Eles viñeronse a arriba e nos recuamos bastante e comenzaron a ter algunha ocasión clara sobre todo un tiro ó longueiro dende fora da área, e así reduciron diferencias nunha xogada que se pudo sacar o peligro de primeiras, complicámonos a vida e un xogador solo no punto de penalty marca a placer. Foi o 3 a 1. Tiñan pouco tempo para a remontada e adiantaron moito máis as líneas e descoidaron a retaguardia cousa que aproveitou Correa para roubarlle o balón a un defensa en tres cuarto de campo e co porteiro adelantado marcar o gol da tarde. O estadio veuse a baixo. Foi o definitivo 4 a 1 que xa sentenciou aos visitantes e o partido.
Con menos ocasións que o día do Guadalupe metemos 4 goles e os de Boiro escapáronse vivos. Son puntos que non deberían de escaparse. Para a semana ven o Alambique lider e arrasando.

O CRACK DO PARTIDO



Nun partido no que todo o equipo estivo a un bo nivel voullo da a Nacho, máis que nada polos dous goles e ademáis traballou bastante ben no medio do campo. Tamén estiveron moi ben Zalez e Monty sobre todo no traballo oscuro e que non luce pero que é tan importante ou máis que o outro

Dous puntos regalados. Un partido que tiña que acabar con unha victoria holgada, por non decir unha goleada, casi o perdemos.

Dominio absoluto en toda a primeira parte con ocasións para marcar, pero fixemos internacional ó porteiro visitante que foi o mellor deles con diferencia. Tiros de Otero, Jorge, Zalez, Miguel a un metro da portería,... pero nada, non hubo maneira. Eles apenas inquietaron a portería local neste período.

Na segunda parte o guión foi o mismo, atacar e atacar pero o resultado tamén era o mismo ou as paraba o porteiro, ou iban fora por pouco. Cumpleuse o que se falou no descanso que terían unha ocasión, marcaríana e pa casa. Dito e feito, erro en defensa o seu delantero no man a man co noso porteiro, marca o 0 a 1. A tónica foi a mesma, máis atacar, con tres defensas e o resto a intentar metela, algo que consigueu Monty na xogada menos esperada nun balon facil para un defensa que non é quen de sacala e Monty marca a falta de cinco minutos o 1 a 1. Daquí hasta o final, ainda poidemos ganar o partido sobre todo nun a xogada de Jorge que tamén sacou o seu porteiro.

Estes puntos non se nos poden escapar contra rivales directos que despois a final de temporada non nos dan as contas. Por encima, para a semana visitanos o Negreira, que ten un moi bo equipo, ainda que non tivo un bo arranque de liga.

O CRACK DO PARTIDO



Nun partido con un nivel parecido na maioria dos xogadores, quédome con Victor, por como se anticipou ós delanteros e que era imposible quitarlle o balón cando o tiña nos pes (outra cousa e cando o pasaba).

AOS EQUIPOS VISITANTES

Aos equipos que nos visitarán ao longo da temporada 2008/2009:
Uns dos agasallos que viñamos ofrecendo aos equipos que viñan a Cuntis era a celebración do partido no terreo de herba de As Canteiras, cando o clube local, que ven administrando o campo, nolo permitía. Digo agasallo porque na actualidade case é un luxo xogar nun campo de herba natural que ven sendo substituída na maioría dos os sitios pola herba sintética.
Lamentablemente o pasado xoves, 2 de outubro, comezaron dentro do recinto as obras encamiñadas á construción dunhas pistas de atletismo. Estas obras demandadas dende hai anos acométense neste momento pero sen recibir os usuarios do campo ningún aviso previo delas polo que da noite para a mañá nos vemos obrigados tanto veteranos coma aficionados do Atl. Cuntis a retomar as instalacións do vello campo de A Ran (terra). As obras están previstas cunha duración de oito meses. Cabreados os xogadores do equipo afecionados e cabreados e fastidiados os veteranos pois coincidimos en moitas xornadas co equipo xuvenil do Atl. Cuntis. Esta coincidencia débese a que, pese a trasladar calendario de xuvenís á Agrupación, dende Santiago non o tiveron nada en conta e das trece xornadas coma local colócannos coincidindo cos xuvenís en seis, quedando consecuentemente libre o campo outras tantas xornadas.
Parece que este ano todo se volve en contra.
Trataremos de ofrecervos o terreo de xogo nas mellores condicións posibles pois o resto das instalacións están máis que aceptables e nos casos en que non poidamos usar o campo poñerémonos con moita antelación en contacto cos afectados para ver como arranxar o problema.
Agardamos poder disfrutar algo esta tempada do campo de herba pero de momento vinde sempre cara o campo de terra ( a carón da estrada Cuntis-Caldas)
Saúdos.
O delegado de Cuntis.
J.M.Correa

Calquera que nos vira chegar o campo diría que éramos uns valientes xa que presentarse no campo de Calo con 11 xogadores xustos ten o seu mérito máis que nada pola que che pode cair encima, pero nos somos así de chulos.

¿O partido? O esperado, intentar capear o temporal como fose, máis ainda, sabendo que os 10 minutos xa perdíamos por 2 a 0, tamén e certo que nese tempo Nacho tirou un tiro o largueiro e Miguel cruzou o balón demasiado diante do porteiro. Hasta o final da primeira parte domináronnos completamente con moito toque de balón, e así conseguiron o 3 a 0 a falta de poucos minutos para o descanso.

A segunda parte foi totalmente distinta, nos estuvemos moi ben colocados no campo, aguantamos ben as suas acometidas e tuvemos tempo para crear ocasións, nas que destacamos unha de Miguel que lle roubou o balón ó ultimo defensa pero o tiro foiselle alto, e sobre todo a de Alberto que solo e co porteiro no chan tira fora. Pero como eles non perdonan, nuha das súas chegadas marcan o 4 a 0 definitivo.

Agradecer o esforzo da xente que tuvo que aguantar os 90 minutos a pesar de ter problemas físicos

O CRACK DO PARTIDO

Os 11 que fomos:

SUEIRO - TOÑO - CORREA - VICTOR - PARAMA - OTERO - NACHO - ZALEZ - ALBERTO - DOMIN - MIGUEL

P.D. Xa as pagarán á volta

;;