Búsqueda personalizada

Tres puntos que se nos foron por fallos puntuales nos últimos minutos de cada tempo. Nos primeiros minutos as indecisións casi nos costan un gol, pero fómonos metendo pouco a pouco no partido a pesar de que os locais nos apretaron bastante, ainda que sen ocasións. Todo se calmou cando, ós quince minutos, Jorge recolle un balón no medio do campo e despois de irse dos defensas marca un bonito gol que sirveu para darnos un respiro, 0 a 1 . Os ánimos do Pepe Noia calmáronse bastante e xa non acosaban tanto, hasta que a falta de 5 minutos unha falta ó borde da área, bastante discutida, cóstanos o empate a 1. A primeira parte non dou para máis.

Na segunda mitade, xogamos unha primeira media hora moi, moi boa donde dominamos o xogo completamente en tódolas líneas e non deixamos que nos metesen en apuros salvo a balón parado e no que tiveron unha clara ocasión nun remate de cabeza, anticipádose á defensa, que entre Sueiro e o pau consiguen despexar. Co partido dominado unha xogada de toque dende atrás chega hasta Monty que se planta diante do porteiro e cede a Miguel que non ten máis que empuxala, 1 a 2. Xusto premio ó xogo que estábamos a facer. Cando parecía que estaba todo controlado, unha xogada aislada donde un xogador local tira solo dende a frontal e marca (Sueiro pudo facer algo máis no gol) o empate a 2. O peor non foi o segundo gol senón que os metemos no partido. Faltaban 10 minutos e e cousa pintaba mal. A falta de 3 minutos xogada mal defendida e rechace que lle queda franco a dous xogadores locais que non perdonan. 3 a 2 inxusto pero que foi definitivo.

O CRACK DO PARTIDO




Esta semana non hubo grandes méritos, polo que llo vou a dar a Monty, máis que nada pola segunda parte na que destacou pola loita constante coa defensa aliviando así o labor do resto do equipo. Tamén destacar o traballo de Zález.

Primeiros tres puntos da temporada, moi sufridos, sobre todo polas ocasións que tivemos e desperdiciamos. Con algo de acerto o partido estaría sentenciado no descanso ó noso favor, pero cousas do fútbol, mediada a primeira parte metémonos un gol na nosa portería e con cara de parvos para o vestuario.
Na segunda parte, influeu o cansancio polo calor que fixo no "nido de hormigón" nos primeiros corenta e cinco minutos, seguimos tendo ocasións ainda que menos asiduamente, e quizás na que menos parecía metemos un gol (anotáronllo a Miguel pero eu creo que nin a tocou). O empate animounos, ó contrario que o rival que apenas creaba ocasións polo que a dez minutos do final, nunha xogada ven trenzada e logo dun rechace na área Jorge marca o que sería definitivo UN A DOUS.


O CRACK DO PARTIDO



Desbordou, creou ocasións e meteu un gol, o crack da semana é JORGE

Supoño que todos estamos dacordo no a miña decisión pero acéptanse outras opinións

Para que non teñades que andar a buscar o calendario, aquí o deixo. Pulsade no enlace e listo.

Calendario de la Temporada

CAMBIO HORA CAMPO X1

Xornada 1
Día: 20 SETEMBRO 2008
CASA BARQUEIRO - CUNTIS

Cambio de hora: partido ás 6:00
Cambio de campo: Herba artificial BRION (recién estreado).
Ubicación: Ao pasar a rotonda que está baixo a nova estrada a Noia (antes mesmo de chegar a Brión, desvío á dereita e a pouca distancia.
Nova hora de saída: 4:30

Se alguén se lle quere botar unha ollada ao calendario está na páxina da Agrupación. O vindeiro sábado repartirase o calendario 2008/2009.

Último partido de pretemporada antes de que empece o serio. Partido no que se podían sacar máis conclusións que nos outros xa que o Rosalía vai a estar no grupo dos que intentaremos non pasar apuros a final de temporada. Fíxose un partido moi serio en defensa, se hai que poñerlle un pero son as moitas faltas ó borde da área que fixemos que o sábado non tiveron repercusión no resultado pero non sempre será así. Ó que iba, partido serio en defensa, sacando moitos balóns aéreos e que nos fixo ir collendo confianza a medida que íba avanzando o encontro, despois tamén traballo duro no medio do campo, coma sempre, e para rematar un Jorge moi acertado que marcou os tres goles.

Para a semana, empezamos a domicilio co Casa Barqueiro O Cotón en Ons (Negreira), xa todos sabemos o que nos espera alí polas dimensións que ten o campo. Eu non recordo ganar alí ningún ano, así que a ver si este o conseguimos.

CAMBIO TERREO DE XOGO

Amistoso Rosalía - Cuntis.Cambio CAMPO: A ESCRAVITUDE
Por problemas co terreo de xogo onde se ía celebrar o partido Rosalía - Cuntis comunícanos o delegado do Rosalía, Gonzalo, que o encontro pasará a xogarse no campo de ESCRAVITUDE (terra) mantendo o mesmo horario.

O resultado non reflexa o que pasou no campo xa que como moi pouco houbéramos merecido o empate. Eles atacaron a base de forza e forma física que é xusto o que nos falta a nos. Tivemos ocasións, anulousenos un gol e demos voa imaxe. O Atlético Cuntis ten moito que mellorar.

AMISTOSO 4

ROSALÍA - CUNTIS

Data: 13 SETEMBRO
Hora: 6 da tarde
Campo: EXTRAMUNDI
SAída : 5 da tarde

Saímos do lugar de costume ás cinco da tarde, prégase puntualidade.
Recordarlle aos máis novos que o equipo do Rosalía é un dos "históricos" que ven compartindo co Cuntis na Agrupación de Santiago dende os seus comezos. Bravos e loitadores no terreo de xogo pero bos amigos ao remate dos enfrontamentos. Un saúdo para eles e que con este partido se manteña viva a boa amizade. Un saúdo para o seu delegado Gonzalo.

AMISTOSO 3 - ASEMBLEA

AMISTOSO 3
Día: VENRES, 5 Setembro
Encontro: CUNTIS - ATL. CUNTIS
Campo : AS CANTEIRAS
Concentración ás 9, partido ás 9:30

Asemblea: 10:45
Orde do día:
- Información Asemblea Santiago.
- Progamación temporada 08/09:
- Obxectivos.
- Ideario.
- Aliñador/es
- Actividades.
- Baixas xogadores e posibles altas.
- Formalización e pago de Ficha 2008/09

Obrigatoria a asistencia á asemblea para formalizar ficha e aportar ideas.
A liga comeza o 20 de setembro.

Confirmar ok para asistencia.

Segundo Amistoso

Segundo amistoso e segunda goleada, ben é certo que o equipo visitante era de inferior categoría e eso notouse. Pola nosa parte, moitas baixas como no partido anterior, destacar a primeira media hora donde se xogou bastante ben e xa sentenciamos o partido con un catro a cero. A partir daquí desbandada general, cada un xogaba para lucirse él, como se o que nos deixaban facer no lo deixaran facer os equipos da nosa liga. Na segunda parte, máis goles polas duas partes pero o fútbol brillou pola sua ausencia.

A próxima semana non haberá partido xa que cos viaxes, festas e a boda do noso número 6
non hai nin para un partido de futbito. Para a seguinte xa vos informará aquí o presi.

;;