Búsqueda personalizada



O famoso Nacho Pai.






Do partido, nada que destacar, xogou a xente que menos minutos disputou e que trataremos que xogue máis na vindeira temporada. Un gol en cada tempo e para casa.

A noticia do partido foi o tan agardado debut de Nacho Pai nos seus 5 minutos (que polo menos foron 20), que deixou mostras da súa calidade. Había prensa de tódolos lugares de España e parte do extranxeiro, incluso se correu a voz de que faría un posado en Interviu pero eso está por confirmar. O remate na roda de prensa tivo unhas palabras para os medios, "Acabáronse as pachangas". Sona a despedida.

Máis para adiante faremos un balance en números da temporada.

;;